Nasas


un Natal co Apalpador


"Na súa primeira imaxe, publicada en 1863 na revista Harper's, de Nova York, Santa Claus era un gnomo gordiño que entraba por unha cheminea. Naceu da man do debuxante Thomas Nast, vagamente inspirado nas lendas de san Nicolás.

No Nadal de 1930, Coca-Cola contratou a Santa Claus. Até entón, non vestía uniforme, e polo xeral prefería roupas azuis ou verdes. O debuxante Jabdon Sudblom vestiuno coas cores da empresa, vermello vivo con reberetes brancos, e deulle os trazos con que todo o mundo o coñece hoxe. O amigo das crianzas leva barba branca, ri sen parar, viaxa en zorra e é tan rechoncho que non se sabe como fai para entrar polas chemineas do mundo, cargadiño de agasallos e cunha Coca-Cola na man.

Tampouco se sabe que ten que ver con Xesús."

De Espejos de Galeano (a tradución é nosa)




Eu confío en que este ano sexa un Nadal alegre para a Iria, o Javito, o Jonathan, a Mónica, o Irene, a Xela, o Manuel, o Francisco, o Lois, o Xián, a Esther... e tamén para aquelas persoas pequeniñas e grandes que agardan a chegada do que como para min era unha noite máxica. Iso si, encargareime de meterlle o engucio do Apalpador mentres non chegue aquel produto sostíbel que socialice este noso amiguiño.

E desde logo, parabéns á xente da Gentalha do Pichel por achegarnos esta figura de noso e ao Leandro Lamas, o seu creador.

Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 22-12-2008 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
curturgal (co permiso de Xurxo Souto)!



un cita imprescindíbel para a xente do país...

Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 03-12-2008 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal