Nasas


feliz ano
(Imaxe collida de http://www.imagendodia.com.br)Amizade, familia,
doces, desexos pendentes de cumprir,
alegría...
que no próximo ano
consigamos isto
e moito máis.
Muáááács!
Boa noite e con sentidiño!!!!!!
Lanses (9) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 31-12-2006 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Maruxa vai ter unha irmanciña
Para a nai de Imagalia e o pai de Maruxa
por ensinarme a soñar en tempos difíciles.


Un "beibe ceibe" máis!!!

Vino en Vierios mais emocioneime cando me enterei pola Costureira.
Estou contenta que Maruxa vaia ter unha irmanciña. E sei que o Manuel, a Xela, o Mario, a Mónica, o Jonathan, o Antón, o Lois e o Xián, a Iria e mais a Irene... mesmo a Costureira, a do Picho, a Iolanda e o Séchu, todas e todos van xogar tamén con ela.

Mágoa que os pais de Nines non sexan do país mais con isto da interculturalidade mesmo nos dá unha lección. Parabéns a eles, que o parto sexa pronto e a hora curtiña. Unha mostra máis de que outro mundo é posíbel.

Eu non me atrevín a chamalos mais xa lle mandei un correo dicíndolle as que vou mercar. Quen máis se anima?.

Nota: Séchu lembra o que dixeches de ser pai ;-)))).
Lanses (1) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 13-12-2006 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
pelo crecho
Escoiteille dicir un día a un colega algo así como que o cabelo era a representación do estado de ánimo dunha persoa. Eu ando estes días co cabelo crecho, peitéoo mais volve ao mesmo.
Lanses (1) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 08-12-2006 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal