Nasas


voluntariado lingüístico
Son e foron sempre moitas e moi interesantes as propostas que "aduana" a xente que anda a traballar pola lingua. E foron, e son, e serán moi interesantes nos diferentes formatos que adquiriron, adquiren e adquirirán

Desta vai o "Voluntariado de Activación Lingüística" un programa deseñado para fomentar a participación social e práctica da lingua galega e favorecer o intercambio cultural. O vindeiro xoves 30 de novembro ás 13:30 no Hotel NH Obradoiro (fronte ao Auditorio de Galiza) poderemos asistir á súa presentación.

Un proxecto ilusionante, con letras moi grandes, ao que lle desexamos moito éxito e que sexa quen de activar aos diferentes axentes sociais que existen no país.

Horas despois e cambiando de cidade poderemos seguir nestas cousiñas. Para navegantes, o mércores comeza o I Curso de Formación en Voluntariado Lingüístico na Universidade da Coruña.

Lanses (2) - Categoría: mareas - Publicado o 28-11-2006 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
cada vez póñennolo máis difícil
... aínda que eu son das que digo que hai que insistir
Lanses (4) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 23-11-2006 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas de Lingua, Ensino e Mocidade no Porriño
Prometen:



O Porriño
21 e 28 de novembro
Centro Cultural Municipal


DIA 21


18:15 Presentación das xornadas
18:30 Mesa de debate: A lingua galega no ensino: situación actual e perspectivas
Rubén Cela (director xeral de Xuventude e Solidariedade)
Xoan Costa Casas (presidente da Asociación Sociopedagóxica Galega)
Carlos Callón (presidente da Mesa pola Normalización)

19:30 Descanso
19:35 Relatorio: Amores e desamores entre a mocidade e o galego
Ana Iglesias Álvarez. Profesora da Universidade de Vigo. Autora de Falar galego: “no veo por qué”


DIA 28

18:30 Mesa de debate: O Porriño a exame
Paz Pereiro
(profesora do IES Ribeira do Louro)
Rita Fernández (alumna do instituto IES Pino Manso)
Dorinda Castro (profesora de ensino secundario)
Xoán Carlos Ferreira (profesor do colexio Santo Tomás)

19:30 Descanso
19:35 Mesa redonda: Diferentes camiños para a normalización: experiencias educativas en galego
Pepe Carreiro (deseñador e ilustrador dos Bolechas)
Mónica Cachaldora (mestra do colexio Fernández López)
Flora Veloso (profesora de música. Participou no proxecto Meniños cantores)
Séchu Sende (mestre de galego e dinamizador de tempo libre)
Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 22-11-2006 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Para traballar en lingua
O Concello de Santiago de Compostela anunciou (domingo, 19 de novembro) a convocatoria pública, co obxecto da provisión con carácter laboral, dunha praza de técnico/a de normalización lingüística.

REQUISITOS:

Nivel académico: estar en posesión do título de Licenciada/o.

Probas: unha proba consistente en tres exercicios con carácter eliminatorio cada un deles, valorándose coa suma total de 0 a 10 puntos.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio (19 de novembro). A documentación que se achegue debe estar debidamente compulsada (titulación/s, servizos prestados, tarxeta do INEM etc.)

Os impresos de solicitude e a convocatoria, están ao dispor das persoas interesadas na Oficina Municipal de Información e Atención á Cidadanía.

NON ESQUEZADES TAMÉN
que a Universidade de Santiago de Compostela convocou unha praza de técnico superior de normalización lingüística.
Lanses (0) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 20-11-2006 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
De prexuízos

Onte, un día máis, asistín a unha das Xornadas do Seminario de dinamización lingüística para o profesorado. A cousa ía de "combater os prexuízos". Modesto Rodríguez Neira falounos dos prexuízos, comportamentos e actitudes da nosa mocidade; apuntou solucións: a necesidade dunha educación multicultural e de someter aos individuos a unha historia de vida. Moi interesante.
Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 17-11-2006 07:25
# Ligazón permanente a este artigo
Máis citas para formarnos (II)
...en lingua e/ou dinamización lingüística.

Dúas actividades máis para os próximos días:

VII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL “TÍRALLE DA LINGUA".
Proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coas Concellarías de Política Lingüística e Educación do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O Tíralle vai dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país mais tamén pode ser de interese para persoas que traballan en dinamización sociocultural e lingüística: animadores/as socioculturais, técnicos/as en normalización lingüística, mediadores/as (inter)culturais etc.

Atoparemos:
-Un novo discurso para a superación de prexuízos lingüísticos da mocidade en clave narrativa e humorística de Séchu Sende,
-A didáctica e pedagoxía social con propostas de Federico Martín, Iolanda R. Aldrei e Heidi Künhn
-O último espectáculo de Mofa e Befa, Sempre ao lonxe, ou a decadencia étnica.
-Presentación da organización do concurso de relato oral.

Un sábado (18 de novembro no Centro Socio-Cultural de Vite de Santiago de Compostela) para mollar a lingua.

SEMINARIO DE FORMACIÓN DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA (para o profesorado que imparte os cursos de formación do funcionariado).
Convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e poden asistir:
-Licenciados/as de Filoloxía Galega en situación de desemprego (mérito xeral: a nosa situación é triste mais o sistema aínda ten recursos para facela moito máis -inclúe bolseiros/as-);
-Ter impartido algún curso de iniciación ou perfeccionamento (segundo o gabinete ;-) a que un/unha pertenza terá máis ou menos méritos);
-Figurar nas listaxes non públicas existentes nos gabinetes de normalización da SXPL;
-Orde de antigüidade computada polo nomeamento de profesor/a colaborador/a (mérito supoño que subordinado ao segundo punto).

Malia isto non podemos deixar de recoñecer o interesante dos obxectivos e contidos que se pretenden traballar.

O prazo de preinscrición para esta actividade remata o 20 de novembro.

(2) Agardemos algún día a administración comece a usar formatos universais (.pdf, .rtf etc.) ou use ferramentas do "software libre".
1(1) A cursiva é nosa
Lanses (4) - Categoría: mareas - Publicado o 13-11-2006 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
parabéns
Parabéns a Xan Guindán polo seu aniversario e maioría de idade e parabéns tamén ao seu papitus.

Lanses (0) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 10-11-2006 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Catro anos despois, para que outro Prestige non sexa posíbel
mani
Plataforma Nunca Máis
Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 09-11-2006 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
máis citas para formarnos...
... en dinamización lingüística.
Daba voa conta Depósito de que esta temporada podiamos andar coa lingua de fóra.
Aquí vai unha proposta máis de formación para estes días que estamos a falar de voluntariado lingüístico -proposta que xa se leva tecendo desde hai unha boa temporada para diferentes ámbitos e sectores-:
I Curso de formación en voluntariado lingüístico:
A Universidade da Coruña convoca o I Curso de Formación en Voluntariado Lingüístico, de 6 horas de duración. A persoa responsábel da súa impartición será Albert Servitje i Riera, técnico da Universitat Pompeu Fabra, con quen xa tivemos oportunidade de compartir experiencia no II Curso de verán sobre dinamización lingüística.
Agardo sexa do voso interese.
Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 06-11-2006 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal