Nasas


... di a Secretaria Xeral de Política Lingüística

[con data do 14 de xaneiro o xornal GalizaNación publica esta entrevista, eu acabo de lela e non podo saír do meu asombro]

- Recentemente deuse un caso dun cidadán que denunciou que un médico do Sergas non se dirixiu a el en galego, pese a serlle solicitado. Está obrigado un médico da sanidade pública a dirixirse en galego a un paciente si este o require?

Eu creo que legalmente hoxe en día non está obrigado, creo. O que ocorre é que hai algo que se chama obriga profesional, obriga ética e obriga moral. Pero sobre todo profesional. Se realmente un médico debe cumprir profesionalmente o mellor posible, obviamente cando ten a un paciente que se dirixe a el en galego, para lograr esa proximidade e esa complicidade, para ter esa confianza, debe usar o galego. Maioritariamente, os médicos que temos en Galicia son galegos, e polo tanto non deberían ter maiores dificultades. A consellería todo o material que utiliza está todo en galego. Ás veces é máis cuestión de vontade. Pero tamén digo que eses casos, que son denunciables e a Consellería debe indicarlle cales son os dereitos lingüísticos do paciente. Pero creo que nos debemos fixar na cantidade de médicos que si atenden aos pacientes en galego, aínda que despois o seu informe en moitos casos o fagan en castelán. Pero a comunicación maioritariamente si que a fan en galego.

Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 22-01-2009 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal