Nasas


ghughel
Chegoume onte vía correo electrónico (grazas Xosé) aínda que xa levaba tempo pola rede.

Nun primeiro momento fíxome moita graza
despois busquei o "Ghughel"
e finalmente decátome que eu tamén perdín a aspiración que aínda conserva a xente do meu lughar.

E o peor do conto
e que eu agora xa...
canto prexuízo me queda por eliminar.
Lanses (1) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 25-01-2008 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
galiza non se vende

Contra a destrución do territorio.
Manifestación en Compostela o 17 de febreiro.
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 21-01-2008 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
parabéns ao gañador
despois de reunirse a notaria e a organización do "lanzamento de tortas" e non poder eliminar o concurso polas innumerábeis trampas realizadas por parte das persoas participantes

procedemos a dicir que o "heroico" gañador da sobremesa é "camacato" que agocha a persoa de...


parabéns!!!


E moitas grazas por participar a todas aquelas persoas que sabemos pasaron por aquí: Marta, Rinchonciña, Costureira, Depósito, Gardador de Xanelas, Píntega, Castinheiras, Doris Dei e outras.

Vémonos pois.
Lanses (4) - Categoría: arrastres - Publicado o 17-01-2008 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
pequenas verdades...
de vellos e grandes mestres


Decembro de 2007, I Seminario de Planificación Lingüística
: Agustín Fernández Paz contábanos que despois de tantos anos xa non nos podían dicir que en cousas de normalización lingüística debiamos ir "amodo, amodiño".




Xaneiro de 2007, Premios Voces de liberdade do PEN Clube: Isaac Díaz Pardo di que Marisol López "traballa para que o galego morra dignamente". Ela di "estou aquí para que viva".


Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 13-01-2008 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
para desestresar
Que non tiveches sorte na lotaría de nadal, nin na de reis aínda que andiveches preto; que a primitiva segue resistíndoseche... é a túa oportunidade de non quedar cun sabor amargo.

Queres xogar? O gañador ou gañadora poderá gozar dunha das mellores sobremesas que probei.

Coñeceremos o/a nome do/a gañador/a o dezaseis.

En caso de empate resolveremos o/a gañador/a a tortas.




Link: PlayMyGame

[Nós xa xogamos antes co Colazo]

Lanses (9) - Categoría: arrastres - Publicado o 10-01-2008 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
resaca traizoeira
Ummmmmmm! Ehhhhhhhh!

Non sei se me traizoa a miña resaca






















ou traizoou a algunha persoa a súa.


Mañá mirareino de novo...
volvo para a cama.


Lanses (2) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 01-01-2008 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal