Nasas


NOVAS XORNADAS DE LINGUA E LIITERATURA...
DA AS-PG E CIG-ENSINO

Xa está na rede o programa das XVII XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA (20 e 21 de abril de 2007, Facultade de Ciencias da Educación -Escola de Maxisterio: avda. Xoán XXII, s/n Santiago de Compostela-)

INSCRICIÓN no 981 576 800 / 981 278 259 ou enviando o formulario de inscrición ao correo formación@cig-ensino.com.

Un programa pensado para a diversidade de profesorado e situación que atopamos nas nosas aulas: novas tecnoloxías, innovación pedagóxica, formación para "opositoras/es" ;-) , dinamización lingüística etc. e algunha que outra actuación estelar:

Algúns dos seminarios:

-Pautas para a elaboración de programación e unidades didácticas de lingua e literatura galegas I e II, por ALFONSO DE LA SANTÍSIMA TRINIDAD, profesor de lingua e literatura.

-Novo currículo de lingua galega e literatura de secundaria. Implicacións e propostas didácticas, por LUCIANO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, profesor de lingua e literatura.

-Material de lingua galega para o alumnado inmigrante, por MERCEDES ESPIÑO, profesora de lingua e literatura.

-Webquest, cazas do tesouro e viaxes virtuais como recurso didáctico, por XOAN COSTA CASAS, profesor de lingua e literatura galegas e presidente da AS-PG.

-O cómic e o debuxo como ferramentas pedagóxicas por PEPE CARREIRO, debuxante.

Tamén MEDOS ROMERO e JAUREGUIZAR falarán da súa obra, SÉCHU SENDE mostrará o Método de autohipnose para falar galego ademais de contarnos outras historias e textos para traballar o conflito lingüístico,

e moitos outros... de moito proveito




Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 02-04-2007 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
vai en serio

seguen as dúbidas
e o proceso avanza.
e o choio -como me recordou a Costureira- e as dúbidas (unha das conclusións do ghabinete de crise interno) acumúlanse.
Lanses (0) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 22-03-2007 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
VENDO PRAZA DE OPOSICIÓN...
especialidade Lingua e literatura galegas, secundaria. Garanto praza para persoas con máis de cinco anos de traballo.


Material:
-Unha programación para a materia de lingua e literatura galegas (secundaria e bacharelato). Formato .sxw ou .pdf
-Unidades didácticas soltas (para a programación). Formato .sxw ou .pdf

Condicións:
-Gratificación económica (negociarase dependendo da situación de partida de cada persoa -existe unha cantidade básica-) con diferentes modalidades de pagamento.
-Anonimato e total confidencialidade.

Para apuntarse na listaxe de preinscrición:
-Nome e apelidos
-Documento de identidade
-Correo electrónico de contacto
-Certificado de anos de servizo
-Breve exposición pola que queres mercar unha praza ou material que elixas.

Entrega de materiais:
-Trinta días despois de pechar o trato.

Podes poñerte en contacto a través do correo electrónico ou do "teu xiz" neste mesmo blogue.

A listaxe definitiva elaborarase unha vez publicada a convocatoria de oposición no Diario Oficial de Galicia. A orde na listaxe tomará como referencia a orde na listaxe de preinscrición, o baremo establecido pola Consellaría de Educación para o acceso ás probas e calquera información obxectiva que poidan achegar as persoas solicitantes.

Nota
: as persoas que tiveron algo que ver coa xestación deste negocio levarán o 10% de beneficios ao final do exercicio.

Lanses (6) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 19-03-2007 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
PARABÉNS PARA XELIÑA...
que xa leva un aniño polo medio.

Parabéns tamén á nai e ao pai que malia verselle na cara que a cousa é dura ensináronnos ás demais moitas cousas.

Lembro, hai un ano que...

Que os seguintes sexan igual ou máis doces.
Lanses (2) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 16-03-2007 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
GHABINETE DE CRISE
Todo foi moi rápido.

Aínda non pasou un mes desde que xurei que non me poñería nunca máis nerviosa por un proceso deste tipo... Tan pronto me enterei comezou a soar o meu teléfono e o primeiro que fixen foi convocar un GABINETE DE CRISE interno e externo...

En que acabará todo isto?

Salgado xa mo dixo unha vez... "hai que estudiar!!!!!"
Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 15-03-2007 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Roscas... doces e de laranxa
a imaxe non é a do resultado final  porque non me vai a cámaraComa sempre para descansar e desconectar queda a casa, o remate foi moi doce.

A receita é da miña madriña mais o "copirrait" sospeito que debe ser do Arguiñano.

Ingredientes: unha taza de leite, media taza de aceite, a tona dunha laranxa, media taza de azucre, media taza de anís, un ovo batido, dúas tazas de fariña, un sobre de fermento para doces, azucre mesturado con canela ou azucre só.

Para remexer. Poñemos nun cazo a ferver o leite, o anís, o aceite e a tona da laranxa. Despois de ferver esta mestura botamos a media taza de azuce e deixamos todo a mornar (miña madriña di que mellor é deixar que estea algo máis frío).

Nunha lata ou cacharro mesturamos as dúas tazas de fariña co sobre de fermento. Cando teñamos a mestura morna/fría engadímoslla pouco a pouco á fariña xunto co ovo batido. Percibiredes que a cousa xa cheira ben. Hai que amasar até que a masa estea algo dura.

Dámoslle forma a toda esa mole: roscas ou bolas ou bonecos e todo no que vai dexenerando a imaxinación cando chegue o cansazo.
Pouco a pouco e ao mesmo, co aceite non moi quente imos fritindo as creacións.

E que aproveite... eu xa vou co meu mochiliño para toda a semana.
Lanses (6) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 11-03-2007 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
SUMANDO TODAS, SUMAMOS MÁIS
Março 6, 2007
8 de março: dia da luita feminista


20 anos desafiando o patriarcado

Todas as sociedades estam atravessadas por estruturas patriarcais mais ou menos evidentes que, de múltiplas formas, discriminam, excluem ou infringem violência sobre as mulheres. Os movimentos feministas levamos muitos anos desafiando o patriarcado e muitas das nossas vitórias fazem hoje parte do nosso dia a dia. Mas, porem, afirmamos a necessidade de seguir abrindo espaços de luita feminista.

Abrindo espaços antipatriarcais. Porque as nossas luitas puxerom de manifesto o carácter estrutural do patriarcado que se mantém sem ver os seus piares teóricos ameaçados. Estes piares originam e reproduzem a subordinaçom das mulheres, pois baseiam-se na autoridade do varom em todos os ámbitos. O sistema patriarcal, inculcado através dos mecanismos tradicionais de socializaçom, hierarquiza homes e mulheres segundo os roles de género, fundamentando a assimetria no poder e na valoraçom dos sexos.

Abrindo espaços anticapitalistas. Porque afirmamos a relaçom de dependência destes dous sistemas. O patriarcado, como sistema de poder e modelo de dominaçom, apóia-se no capitalismo neoliberal. No esquema capitalista, a vida humana mercantiliza-se e o mercado dirige as decissons sociais, conduze políticas e asigna valor aos seres humanos segundo a sua capacidade de gerar ganâncias econômicas.

Abrindo espaços de liberdade. As estruturas patriarcais utilizam a condiçom imposta de inferioridade das mulheres, convertidas em objectos sexuais ao serviço do prazer masculino, proibindo em case todo o mundo o controlo da nossa sexualidade; controlando o aborto e limitando o acceso aos métodos anticonceptivos; convertendo-nos em mercadoria de compra-venda e em objecto de consumo.

Abrindo espaços contra a violéncia. A violéncia normalizada contra as mulheres permite atentados contra a integridade, a saúde, as liberdades e a vida das mulheres. Em todo o mundo, em gradaçons diferenciadas, a violéncia segue e tem continuidade com velhos conteúdos e novas formas.

Abrindo espaços de independência. Rejeitamos a instrumentalizaçom das nossas luitas para legitimar as estruturas patriarcais. Falar no nosso nome é desposuir-nos da nossa trajectória. É sabotar as nossas luitas quotidianas. Fronte a isto defendemos a autonomia pessoal e intelectual dos movimentos de mulheres. Quando umha mulher, mais outra, mais outra, luitam por ser mais livres e por romper o entramado da opressom masculina, esta-se construindo um movimento feminista que atenta contra o sistema de dominaçom patriarcal. Este é o cerne do feminismo: juntas numha luita comum gerando resistências e criando novas formas de rebeliom.

O feminismo que defende MNG compom-se destes espaços de luita que já abriram fendas na estrutura patriarcal. Nom para pequenas transformaçons que nom mudam o sistema, a nossa história de reivindicaçons é mais do que isso. Trabalhamos por que a sociedade nom continue a reproduzir esta ordem estabelecida há miles de anos, num processo que se alimenta da nossa vida diária, com avanços, retrocessos, certezas e ilussom cara a umha sociedade nova baseada em novas e superadoras relaçons de género.
Em MNG, desde Galiza, desde a rebeldia, desde há vinte anos e mais para diante, as mulheres seguimos
DESAFIANDO O PATRIARCADO
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 08-03-2007 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
VI certame literario Concello de Ames
unha plataforma de lanzamento para grandes e pequenos valores.

Narrativa e poesía

Xa está aberto o prazo para participar no IV Certame Literario Concello de Ames. Este certame, convocado pola Concellaría de Cultura de Ames, ten dúas modalidades (narrativa e poesía), tres categorías por cada modalidade (menos de 14 anos, de 14 a 18 anos e máis de 18 anos) e tres premios por cada categoría. Ademais, os traballos gañadores publícanse todas as edicións nun libro colectivo (se queres podes solicitar un).

O prazo para remitir os traballos remata o 13 de abril de 2007 . A decisión do xurado farase pública o 11 de maio de 2007 e os premios entregaranse o 17 de maio nun acto público.

As bases completas do premio pódense consultar na páxina web do Concello de Ames e para máis información podedes dirixirvos ao enderezo electrónico <normalizacion@concellodeames.org> ou chamar por teléfono aos números 981 883002 ou 981884991.

Parabéns á Concellaría de Cultura e Lingua do Concello de Ames que despois de tres anos xa consolidou unha chea de proxectos estábeis. CENlitrosmetrocadrado
Lanses (1) - Categoría: mareas - Publicado o 28-02-2007 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
SEMINÁRIOS DE FORMAÇÃO DE PROFESSORES DE ELE
Souben da existencia desta actividade nun curso organizado pola Universidade de Santiago a través de Cursos internacionais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística (do que tristemente seguro que aínda quedan cousas por dicir).

A historia ben ser que o Instituto Cervantes e a Secção de Estudos Espanhóis e Hispano-Americanos do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho que dirixe un galego de Rois organizan SEMINÁRIOS DE FORMAÇÃO DE PROFESSORES DE ELE (español como lingua estranxeira) para os días 22 e 23 de febreiro.

Os seminários prometen:

"Docere et Delectare: Las actividades lúdicas en el desarrollo de la competencia comunicativa" con Isabel Iglesias Casal.

"Análisis de actividades interculturales" con Amelia Blas Nieves.

"Taller de recursos multimedia y Ele" con Alfonso Hernández Torres.

Agás o Seminário de Isabel Iglesias que custa 30 euros (este Cervantes) os outros son de balde. E diredes vós, que qué vai facer esta pobre nasa alí. Xa vos contarei cando chegue.

O mellor está por contar: non sei se para quitar a espiña que nos quedou do anterior curso ou porque somos de natureza "randa" (como dicía a miña avoa) xa existe unha comisión de festas para estes seminarios. Despois de dúas xornadas de intenso traballo existe a posibilidade de continuar a fin de semana en Porto e arredores.

Animádesvos?

Lanses (1) - Categoría: mareas - Publicado o 02-02-2007 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Listas de profesorado colaborador para impartir cursos de galego
As cousas van cambiando non como nos gustaría á maioría pero van cambiando.
Onte apareceu publicada no DOG a Resolución pola que se convoncan listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Por primeira vez sabemos duns requisitos claros:
-Ser licenciado/a en filoloxía galega, ou en filoloxía hispáncia, sección galego-portugués.
-Ter feitos e avaliados positivamente os cursos de formación para profesorado de lingua galega, linguaxes especializadas e/ou extensión cultural que realiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
-Ser demandante de emprego.

Para esta pobre nasa estes tres puntos non están exentos de controversias:
-Ser licenciado/a en Filoloxía galega ou galego-portugués non ten dúbida (claro, clarísimo)
-Ter feitos e avaliados positivamente os cursos de formación para o profesorado, moi claro tamén aparentemente, mais...: a estes cursos non puido acceder todo o mundo e sobre a avaliación positiva por parte do alumnado (licenciado/a en Filoloxía galega ou galego-portugués) non teño a menor dúbida, mais avaliaría a Secretaría Xeral de Política Lingüística estes cursos (creo que aínda estamos agardando resposta)?.
-Ser demandante de emprego (claro, clarísimo). Ser demandante de emprego quere dicir ter unha tarxetiña que acredita que non estás dado de alta na Seguridade Social por ningunha empresa ou entidade. Claro, clarísimo que aquelas persoas que teñan un traballo remunerado non deben poder acceder a estes cursos mais que pasan con aquelas outras que forman parte das diferentes redes que hai tecidas polo país adiante e que forman parte "dun carrusel" moitas veces orquestrado con criterios non tan claros e que ao final permite o acceso a outras actividades (puntuables como mérito nesta e noutras convocatorias)? Digo "moitas veces" porque sei que moitas persoas que están aí e chegaron grazas ao seu esforzo e mérito académico mais tamén sei dalgunhas (e non poucas) que chegaron de forma moito máis cuestionable.

Agardemos as cousas comecen a cambiar, contamos con algunhas garantías mais tamén contamos con inercias que son moi difíciles de cambiar. Sorte.

O prazo de presentación das solicitudes é de 20 días naturais a partir do 17 de xaneiro.

Lanses (4) - Categoría: mareas - Publicado o 18-01-2007 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal