Nasas


hoxe no barrio
























[A páxina do BNG de Compostela_ http://bng-compostela.org/]


[Un futuro para Galiza_ programa do BNG]
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 05-03-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
dúas lecturas...
...para rematar o día hoxe.

Unha a entrevista a un "mestre" ;-) e a outra aínda na rematei.

Entre outras cousas tiro a lección que hai anos aprendín e tan necesaria hoxe, nestes días tan revoltos para a lingua: "usarmos diariamente o idioma de xeito amablemente instransixente".

Abrigada.

Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 25-02-2008 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
empacho de (a)celgas



Andamos ás voltas co último número da revista Textos. Didáctica de la Lengua y de la Literatura (número 47 de xaneiro, febreiro e marzo de 2008) dedicado ao tratamento integrado das linguas(no ensino).

Atopamos alí interesantes e proveitosos traballos para darnos ideas á hora de traballarmos na aula e de abordar todos os plans nos que hoxe andan metidos os nosos centros de ensino.

Detémonos máis polo miúdo, xa que nos toca de preto, na achega de Bieito Silva Valdivia que leva o título de "Gallego, castellano y lenguas extranjeras en el sistema escolar de Galicia".


Sorprendente e interesante análise para estes días de Coresma que aínda andamos co empacho dos CELGAs. Non podemos deixar de reparar, e volver reparar, e reparar unha vez máis sobre un dos comentarios que alí fai:

[Para contextualizar, tirado do resumo inicial do artigo]: No artigo faise unha revisión da situación das linguas no sistema educativo de Galiza cun criterio de análise básica (a integración das aprendizaxes lingüísticas nunha perspectiva plurilingüe) e segundo dous parámetros: a formación do profesorado e a organización do currículo.

Fala (e fala ben para o noso entender) Bieito Silva da organización do currículo nas aprendizaxes lingüísticas (constituídas por dúas linguas oficiais: o galego e o castelán, e unha lingua estranxeira obrigatoria e unha segunda de elección voluntaria para o estudantado e de obrigada oferta para os centros).

Na seguinte epígrafe titulado "A formación do profesorado". Fala da formación do profesorado:
  • Da necesidade de formación en varias áreas (sociolingüística aplicada ao ensino, psicolingüística, planificación curricular etc.) para abordar a realidade plurilingüe na realidade social e tamén no currículo.

  • Da capacitación ofertada a través dos plans de estudo das universidades galegas.

  • Da formación en servizo plasmada no Plan Anual de Formación do Profesorado (...)

    E chega ao que está sendo (segundo el) a formación do profesorado de lingua galega e todo o que xira ao redor do MCERL da incorporación do galego á ALTE e a adaptación da ensinanza de persoas adultas ao MCERL] (...) e agora é cando non podo dar crédito!!!!!

    "Y esto último (refírese ao MCERL aínda que viña de falar do ensino das linguas estranxeiras no currículo) conecta con una de las principales novedades relacionadas con la enseñanza de lenguas en Galicia en los últimos años: la incorporación del gallego a la ALTE (Association of Language Testers in Europe) y la adaptación de su enseñanza para adultos al MCERL, tanto en lo que se refiere a los modelos pedagógicos como a los niveles de competencia y a los criterios de evaluación; una iniciativa que no sólo está permitiendo iniciar una renovación a fondo de la didáctica de esta lengua y someterla a estándares europeos, sino que puede suscitar un debate muy fructífero sobre lo que tiene que haber en común en la enseñanza y evaluación de lenguas, independientemente de que sean lenguas primeras o añadidas, y lo que puede o debe diferenciar cada una de esas situaciones". [a cursiva é nosa]






    Nestes días de Coresma e agora que andan dicindo que o inferno existe: dáme medo falar disto. Mais, de que renovación e debate fructífero falará Bieito?: do suscitado nos cursos de didáctica para a formación do profesorado (para min xa sería interesante comezar por aí sempre que non o calarán como están facendo até o de agora) ou nos de avaliadores (onde todo e top secret); do que se reflicte na calidade dos materiais dos Celga 4 ou na aula de galego...

    Salvando isto, recomendábel artigo e interesantes conclusións as que tira o profesor universitario compostelán.
  • Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 19-02-2008 22:58
    # Ligazón permanente a este artigo
    galiza non se vende

    Hoxe e sempre
    GALIZA NON SE VENDE

    Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 17-02-2008 10:02
    # Ligazón permanente a este artigo
    entón, pois...
    ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
    Lanses (1) - Categoría: arrastres - Publicado o 08-02-2008 14:03
    # Ligazón permanente a este artigo
    365, En galego cabe todo



















    365 días. EN GALEGO CABE TODO
    como no teu mp3,
    como no teu i-pod,
    os 365 días do ano,
    sen límites,
    EN GALEGO CABE TODO
    .



    Baixo o lema "365 en galego cabe todo" chega o manifesto gañador do correlingua deste ano. Desde o grupo D de 3º da ESO do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral "As sete marabillas"...


    365. EN GALEGO CABE TODO

    3 + 1 estacións: primavera, verán, outono, inverno;
    6 x 2 meses dura un ano,
    5 x 3 estrofas (e unha máis) escribimos neste manifesto.

    En galego, todo o tempo.


    315 concellos galegos,
    6 continentes na Terra,
    5 océanos no mundo.
    En galego, por todas partes.


    3 son os Reis Magos,
    6 de Xaneiro, o día que veñen,
    5 regalos que lles pedimos.
    En galego, soñamos tod@s


    3 unllas ten o xabaril,
    6 patas ten unha mosca,
    5 dedos ten un mono.
    En galego, toda a fauna.


    3 MP,
    6 XB,
    5 MB,
    En galego, coas novas tecnoloxías.


    3’14 é pi,
    6´01 € son 1000 ptas,
    5 litros nunha garrafa de auga.
    En galego, contamos tod@s


    3 Audi A
    6 00 (SEAT)
    5 Renault
    En galego, todo marcha.


    3 veces 6 e volves para a casa,
    6 e repites tirada,
    5 podes saír no parchís.
    En galego, xogamos tod@s


    3 pistóns ten unha trompeta,
    6 cordas unha guitarra,
    5 compoñentes un quinteto.
    En galego, toda a música


    3 Playstation
    6 Queixos ten o trivial
    5 Pro Evolution Soccer
    En galego queremos “viciar” tod@s.


    3º da ESO en galego,
    6º de PRIMARIA en galego,
    5 anos Infantil en galego.
    En galego, aprendemos tod@s


    3 medallas: ouro, prata e bronce,
    6 xogadores de Volei,
    5 xogadoras de fútbol sala.
    En galego facemos deporte


    3 xornais en galego,
    6 cadeas de televisión en galego,
    5 emisoras de radio en galego.
    En galego, todos os medios.


    300 páxinas web en galego,
    6000 fotologs en galego,
    50000 vídeos en Youtube en galego.
    En galego navegamos tod@s.


    3 km de Correlingua,
    6 toneladas de libros,
    5 billóns de mensaxes de móbil.
    En galego sumamos tod@s


    3 millóns de galeg@s,
    6 centos mil inmigrantes,
    5 millóns de emigrantes.
    En galego falamos tod@s.


    365. En galego cabe todo: tempo, espazo, soños, fauna, novas tecnoloxías, mates, coches, xogos, música, vicios, ensino, deporte, medios de comunicación, webs, falantes… e as 24 palabras que ti lle engadas para chegarmos a este número máxico:
    365 días en galego.



    E ti, anímaste a crear a túa estrofa...
    Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 07-02-2008 08:54
    # Ligazón permanente a este artigo
    doces, lingua, urbanismo :-)))
    agora que estou no meu descansiño de café (hoxe convertido en chicolate con doce caseiro) acórdome do xantar dunha semana para atrás,
    xa non lembro o nome do lugar...
    unha da Coruña, outra de Viveiro e un que ía perder a liña fixeron do mediodía do venres un xantar bonito e saboroso.

    Vai pois un bocadiño á vosa saúde.

    Tamén ando nestes quince minutiños ás voltas cun tal Fermín Álvarez Errondosoro (sociólogo de profesión), escoiteino onte dicir cousas moi interesantes.



    Fermín falaba dun proxecto urbanístico pero a teoría servía para proxectos lingüísticos ou de ámbito social: imaxinadevos, eu empecei a soñar e falábame da "posta en marcha de estratexias innovadoras de rexeneración mediante un enfoque integrado (e non integral), que contempla aspectos sociais, económicos, culturais e medioambientais que favorezan o desenvolvemento etc. etc. Todo isto (...) un proceso transversal (a proba do nove, dicía el), participativo, coa participación das redes existentes, cunha participación que xere complicidade e un alto nivel de confianza entre os axentes participantes.

    Rematei o chicolate :-((( e na cabeza só me quedaron ideas soltas pero moi clariñas.

    Antes de volver currar desexarlle sorte á Candidatura Urbana Santiago Norte e aos seus promotores que onte souberon emitir notas ben afinadas malia os ruídos que sospeitamos outros puxeron no camiño.

    Lanses (3) - Categoría: arrastres - Publicado o 01-02-2008 12:32
    # Ligazón permanente a este artigo
    ghughel
    Chegoume onte vía correo electrónico (grazas Xosé) aínda que xa levaba tempo pola rede.

    Nun primeiro momento fíxome moita graza
    despois busquei o "Ghughel"
    e finalmente decátome que eu tamén perdín a aspiración que aínda conserva a xente do meu lughar.

    E o peor do conto
    e que eu agora xa...
    canto prexuízo me queda por eliminar.
    Lanses (1) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 25-01-2008 11:19
    # Ligazón permanente a este artigo
    galiza non se vende

    Contra a destrución do territorio.
    Manifestación en Compostela o 17 de febreiro.
    Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 21-01-2008 21:05
    # Ligazón permanente a este artigo
    parabéns ao gañador
    despois de reunirse a notaria e a organización do "lanzamento de tortas" e non poder eliminar o concurso polas innumerábeis trampas realizadas por parte das persoas participantes

    procedemos a dicir que o "heroico" gañador da sobremesa é "camacato" que agocha a persoa de...


    parabéns!!!


    E moitas grazas por participar a todas aquelas persoas que sabemos pasaron por aquí: Marta, Rinchonciña, Costureira, Depósito, Gardador de Xanelas, Píntega, Castinheiras, Doris Dei e outras.

    Vémonos pois.
    Lanses (4) - Categoría: arrastres - Publicado o 17-01-2008 08:36
    # Ligazón permanente a este artigo
    [1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [12]
    galega das Rías Baixas




    así son
    nasadepau[arroba]yahoo.es
     navegación
     outras nasas
     ANTERIORES
     de pesca
     en augas galegas
     ARQUIVO
     FOTOBLOGOTECA

    © by Abertal