Nasas


vento de ilusións

Hoxe unha persoa anda de aniversario
aquí deixo esta postaliña
para ela.

Que as ilusións que cumpriu o "javiota"
con ese meniño se lle cumpran a vostede alá no que ande.

E teña coidado que xa está a medio camiño de ser maior. Que o pase ben.

Este ano cambiamos de canción.

[Non se entende moito pero parece que o pasan ben]


Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 04-07-2008 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
xantares de celebración

Hoxe cando os vin no xantar
acordeime que hai aproximadamente un ano nos atoparamos no mesmo lugar
aínda que en diferentes mesas.

Eu daquela tíñaos a golpe de vista
e sabía que estaban contentos
hoxe estabamos en sitios diferentes
o ángulo da miña vista era mellor
e fun quen de apreciar unha alegría renovada, mesmo me atrevería a dicir
máis complice.
Recoñezo que non me atrevín a felicitalos por todo
mesmo encubrín un convite a "chupitos"
de xeito avergonzado co camareiro.

Que saiban
que eu aquel día fun un pouco máis feliz ao velo(s) contento(s) [daquela eu só sabía da súa face seria]
tamén todo hai que dicilo non tiñamos moita relación.
E hoxe saín un pouco máis alegre ao saber da súa alegría e de que neste medio prazo gañáramos unha falante moi produtiva.

Quedan pois os meus parabéns se é que celebraban algo
e se non o celebraban quedan por celebrarmos o encontro
diante dun bo xantar.
Ah! e outros para as amizades que temos en común.

Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 13-06-2008 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
costureiriña

desta volta vai para ela
que cumpras moitos máis
e igual de xeitosíña
PARABÉNS!!!
Lanses (6) - Categoría: arrastres - Publicado o 31-05-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
ghopita!!!!


Quería "twitear" e non atopo o contrasinal (cousas que non cambian). Lembro que o teño gravado no meu computador persoal.

Agora quero escribir e non saen as palabras...
e non será polo feito de non ter unha chea delas, mesmo con nomes e apelidos.

Ghopita! gz(s).



Lanses (4) - Categoría: arrastres - Publicado o 21-05-2008 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
o 18 de maio
Polo dereito a vivirmos en galego























Este ano non sabemos se andaremos por alí. Aínda así, xa tinximos a nosa lingua de cor.

Lanses (3) - Categoría: arrastres - Publicado o 11-05-2008 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
caeu un máis

Hoxe caeu un máis: 12418.

Desde hai tempo miro os días con lentes novas, aínda que á tardiña sexan cristais escuros os que iluminan os meus olliños.

Soño con días novos, falo de paxaros, ratos, bolboretas, volvo montar en bicicleta, recuperei o gusto por mirar para as estrelas... decátome do pequena e pouco realistas que foron ás veces os meus comportamentos.

Lembro cando era pequena e me dicían "a ver cando vas medrar". Hai cousas que nos converten en maiores dun día para outro. Eu perdín a burbulla de canda pequena mais recuperei o pracer por aproveitar o tempo e querer voar.

Abrighadirma por todos eses parabéns que me fixeron tanta ilusión :D
e xa anoitei na miña libretiña
e fixen contas dos convites que debo
e descontei a aquelas que mos deben a min.



[foto do Paseo dos namorados (Cervo, xaneiro 2008)]
Lanses (6) - Categoría: arrastres - Publicado o 22-04-2008 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
a bola de cristal...

Ummm! cambiarei un cromo
e mañá
o creador de
La bola de cristal.






Categoría: arrastres - Publicado o 26-03-2008 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
día mundial da poesía
Deixo aquí este poemiña de Séchu Sende
véxoo todos os días nun cadriño sinxelo pero fermoso enriba da miña mesa de traballo
e agora co permiso do Séchu aquí vai para todas e todos vós:

A produción social de soños

Cos pés na terra camiña a miña sombra.
Xa sabes,
a realidade supera a fricción.
Din que en Galiza podemos mirar a través da néboa
e que sabemos chamar ao arco íris.
Nós fixemo-lo.
Falo contigo, e contigo
e saúdo a quen pase por este verso.
Na fonoteca do futuro gardo os sons dos soños:
as palabras, as exclamacións e o vento.
Era imposíbel imaxinar o que está sucedendo,
dixemos.
Era imposíbel imaxinar isto,
diremos.
Non sei, din que
talvez se cumpra unha parte proporcional dos nosos soños se os soñamos xuntos.
Necesitamos instruciósn para soñar ao mesmo tempo,
unha convocatoria para soñar xuntos á mesma hora,
un método para a produción social de soños.
Se fabricamos coitelos en cadea
por que non Liberdade?
É o seguinte paso na evolución da espécie.
E conseguiremo-lo
mirando-nos aos ollos.


[SÉCHU SENDE, 2002-2003]
Lanses (3) - Categoría: arrastres - Publicado o 21-03-2008 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
aniversario
creo que hoxe hai alguén de aniversario.
Parabéns!!!!

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more
Lanses (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-03-2008 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
209.042 razóns para dicir grazas Galiza


Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 11-03-2008 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [12]
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal