Nasas


Listas de profesorado colaborador para impartir cursos de galego
As cousas van cambiando non como nos gustaría á maioría pero van cambiando.
Onte apareceu publicada no DOG a Resolución pola que se convoncan listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Por primeira vez sabemos duns requisitos claros:
-Ser licenciado/a en filoloxía galega, ou en filoloxía hispáncia, sección galego-portugués.
-Ter feitos e avaliados positivamente os cursos de formación para profesorado de lingua galega, linguaxes especializadas e/ou extensión cultural que realiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
-Ser demandante de emprego.

Para esta pobre nasa estes tres puntos non están exentos de controversias:
-Ser licenciado/a en Filoloxía galega ou galego-portugués non ten dúbida (claro, clarísimo)
-Ter feitos e avaliados positivamente os cursos de formación para o profesorado, moi claro tamén aparentemente, mais...: a estes cursos non puido acceder todo o mundo e sobre a avaliación positiva por parte do alumnado (licenciado/a en Filoloxía galega ou galego-portugués) non teño a menor dúbida, mais avaliaría a Secretaría Xeral de Política Lingüística estes cursos (creo que aínda estamos agardando resposta)?.
-Ser demandante de emprego (claro, clarísimo). Ser demandante de emprego quere dicir ter unha tarxetiña que acredita que non estás dado de alta na Seguridade Social por ningunha empresa ou entidade. Claro, clarísimo que aquelas persoas que teñan un traballo remunerado non deben poder acceder a estes cursos mais que pasan con aquelas outras que forman parte das diferentes redes que hai tecidas polo país adiante e que forman parte "dun carrusel" moitas veces orquestrado con criterios non tan claros e que ao final permite o acceso a outras actividades (puntuables como mérito nesta e noutras convocatorias)? Digo "moitas veces" porque sei que moitas persoas que están aí e chegaron grazas ao seu esforzo e mérito académico mais tamén sei dalgunhas (e non poucas) que chegaron de forma moito máis cuestionable.

Agardemos as cousas comecen a cambiar, contamos con algunhas garantías mais tamén contamos con inercias que son moi difíciles de cambiar. Sorte.

O prazo de presentación das solicitudes é de 20 días naturais a partir do 17 de xaneiro.

Lanses (4) - Categoría: mareas - Publicado o 18-01-2007 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Lanse(s)
1 Parece que agora, polo menos, vai haber unhas listas públicas que van garantir que todo o mundo poida dar cursos...

Por certo, #blgtk08#fixouse a Costureira en que se refiren ao profesorado a profesores e profesoras... A ver se lle cambian o nome o curso para a próxima edición!
Lanse por A do Picho (18-01-2007 12:12)
2 Leva vostede razón, até vai ser que teñen en conta as avaliacións (igual non s#blgtk08#ó cambian o nome do curso e cambian máis cousas nas próximas edicións)
Lanse por Nasas (19-01-2007 10:56)
3 Importantísmo que sexa destiña#blgtk08#do a xente que está no paro.
Lanse por A vida en Ponteareas (30-01-2007 20:01)
4 Levas razón "de Ponteareas" mais tamén debería comezan comezar a pensar en máis cuestións á hora de pensar neste corpo de profes (formación...), se #blgtk08#tes interese nestas cuestións non deixes de visitar este interesante post no blogue de Depósito http://www.blogoteca.com/deposito/index.php?cod=8008
Lanse por Nasas (31-01-2007 18:37)
Deixa o teu lanse
Nome:
o teu aparello: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Outros lanses:
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal