Nasas


Manuel María sempre...
Manuel María, Versos para un país de minifundios (1969)


I

Os intres que estamos a vivir
son, ¡ouh pobo meu!,
os de verdade. Non cabe
facer trampa, porque estamos
xogando a nosa
supervivencia colectiva.
Agora cobran a súa dimensión
xusta, verbas arrepiantes
como son: "fala materna,
emigración, pobreza, economía,
conciencia, minifundio, compromiso".
Hai que coller o touro
polos cornos, non queda
máis remedio que saltar
á area co peito descuberto.
Quen che fale, ¡ouh pobo meu!,
das glorias do pasado,
de melancolías e saudades,
de folclore e paisaxe,
do teu lirismo requintado;
ese, mínteche. Ese intenta
poñerche unha venda nos ollos
e levarte enganado,
o mesmo que un rebaño
de carneiros, ao suicidio.
Quere conducirte -¡ouh
pobo meu, estás aínda
a tempo de salvarte!-
á morte e maís á nada

Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 08-09-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Lanse(s)
1 Aí están as palabras de Manuel María para nos demostrar que estamos #blgtk08#como entón, que tantos anos despois, seguimos na mesma encrucillada.
Lanse por Acuática (19-09-2009 13:24)
2 a verdade que si Marta
temos que seguir estando...
e dicir que as #blgtk08#cousas podían ser doutro xeito
duros días e duros tempos

Lanse por Nasa (11-10-2009 22:04)
Deixa o teu lanse
Nome:
o teu aparello: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Outros lanses:
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal