|
|
|
Máis citas para formarnos (II) |
|
...en lingua e/ou dinamización lingüística.
Dúas actividades máis para os próximos días:
VII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL “TÍRALLE DA LINGUA".
Proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coas Concellarías de Política Lingüística e Educación do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O Tíralle vai dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país mais tamén pode ser de interese para persoas que traballan en dinamización sociocultural e lingüística: animadores/as socioculturais, técnicos/as en normalización lingüística, mediadores/as (inter)culturais etc.
Atoparemos:
-Un novo discurso para a superación de prexuízos lingüísticos da mocidade en clave narrativa e humorística de Séchu Sende,
-A didáctica e pedagoxía social con propostas de Federico Martín, Iolanda R. Aldrei e Heidi Künhn
-O último espectáculo de Mofa e Befa, Sempre ao lonxe, ou a decadencia étnica.
-Presentación da organización do concurso de relato oral.
Un sábado (18 de novembro no Centro Socio-Cultural de Vite de Santiago de Compostela) para mollar a lingua.
SEMINARIO DE FORMACIÓN DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA (para o profesorado que imparte os cursos de formación do funcionariado).
Convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e poden asistir:
-Licenciados/as de Filoloxía Galega en situación de desemprego (mérito xeral: a nosa situación é triste mais o sistema aínda ten recursos para facela moito máis -inclúe bolseiros/as-);
-Ter impartido algún curso de iniciación ou perfeccionamento (segundo o gabinete ;-) a que un/unha pertenza terá máis ou menos méritos);
-Figurar nas listaxes non públicas existentes nos gabinetes de normalización da SXPL;
-Orde de antigüidade computada polo nomeamento de profesor/a colaborador/a (mérito supoño que subordinado ao segundo punto).
Malia isto non podemos deixar de recoñecer o interesante dos obxectivos e contidos que se pretenden traballar.
O prazo de preinscrición para esta actividade remata o 20 de novembro.
(2) Agardemos algún día a administración comece a usar formatos universais (.pdf, .rtf etc.) ou use ferramentas do "software libre". 1(1) A cursiva é nosa
|
|
|
|
4 Lanse(s) |
|
1 |
Well done!
My h#blgtk08#omepage | Please visit |
|
|
Lanse por Luke (16-01-2007 20:31) |
|
|
2 |
Good design!
http://fhscmkfr.com/ukyt/s#blgtk08#jmd.html | http://bqrtltoo.com/naba/mrhs.html |
|
|
Lanse por Eric (16-01-2007 20:31) |
|
|
3 |
Thank you!
My h#blgtk08#omepage | Please visit |
|
|
Lanse por Elaine (17-01-2007 09:45) |
|
|
4 |
Well done!
http://idugxfxf.com/etvi/of#blgtk08#pw.html | http://gthibfzd.com/ehlw/liar.html |
|
|
Lanse por Chad (17-01-2007 09:45) |
|
|
Deixa o teu lanse |
|
|