Nasas


día mundial da poesía
Deixo aquí este poemiña de Séchu Sende
véxoo todos os días nun cadriño sinxelo pero fermoso enriba da miña mesa de traballo
e agora co permiso do Séchu aquí vai para todas e todos vós:

A produción social de soños

Cos pés na terra camiña a miña sombra.
Xa sabes,
a realidade supera a fricción.
Din que en Galiza podemos mirar a través da néboa
e que sabemos chamar ao arco íris.
Nós fixemo-lo.
Falo contigo, e contigo
e saúdo a quen pase por este verso.
Na fonoteca do futuro gardo os sons dos soños:
as palabras, as exclamacións e o vento.
Era imposíbel imaxinar o que está sucedendo,
dixemos.
Era imposíbel imaxinar isto,
diremos.
Non sei, din que
talvez se cumpra unha parte proporcional dos nosos soños se os soñamos xuntos.
Necesitamos instruciósn para soñar ao mesmo tempo,
unha convocatoria para soñar xuntos á mesma hora,
un método para a produción social de soños.
Se fabricamos coitelos en cadea
por que non Liberdade?
É o seguinte paso na evolución da espécie.
E conseguiremo-lo
mirando-nos aos ollos.


[SÉCHU SENDE, 2002-2003]
Lanses (3) - Categoría: arrastres - Publicado o 21-03-2008 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Lanse(s)
1 Vaia "poemiña"! Cerne poét#blgtk08#ico. Obrigado e abrigado.
Lanse por Xano (28-03-2008 22:13)
2 "Na fonoteca do futuro gardo os sons d#blgtk08#os soños"...fermoso verso, encantoume
Lanse por Dalama (15-04-2008 20:09)
3 coach outlet just a bit of cheaper inside amount in comparison with your Prada series coach online outlet store but coach outlet stores also been high priced automatically reasonably priced these folks for the additional tactics. Therefore, you will still will need to see th#blgtk08#e keep that is going to offer anyone these kind of coach factory outlet stores for a amount that may be reduce as well as lessened.?
Being dressed in the particular Miu Miu females coach leather outlet brings about ones dc skate shoes[/b] whilst your distinctiveness.
Lanse por coach (02-07-2011 07:43)
Deixa o teu lanse
Nome:
o teu aparello: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Outros lanses:
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal