Nasas


VENDO PRAZA DE OPOSICIÓN...
especialidade Lingua e literatura galegas, secundaria. Garanto praza para persoas con máis de cinco anos de traballo.


Material:
-Unha programación para a materia de lingua e literatura galegas (secundaria e bacharelato). Formato .sxw ou .pdf
-Unidades didácticas soltas (para a programación). Formato .sxw ou .pdf

Condicións:
-Gratificación económica (negociarase dependendo da situación de partida de cada persoa -existe unha cantidade básica-) con diferentes modalidades de pagamento.
-Anonimato e total confidencialidade.

Para apuntarse na listaxe de preinscrición:
-Nome e apelidos
-Documento de identidade
-Correo electrónico de contacto
-Certificado de anos de servizo
-Breve exposición pola que queres mercar unha praza ou material que elixas.

Entrega de materiais:
-Trinta días despois de pechar o trato.

Podes poñerte en contacto a través do correo electrónico ou do "teu xiz" neste mesmo blogue.

A listaxe definitiva elaborarase unha vez publicada a convocatoria de oposición no Diario Oficial de Galicia. A orde na listaxe tomará como referencia a orde na listaxe de preinscrición, o baremo establecido pola Consellaría de Educación para o acceso ás probas e calquera información obxectiva que poidan achegar as persoas solicitantes.

Nota
: as persoas que tiveron algo que ver coa xestación deste negocio levarán o 10% de beneficios ao final do exercicio.

Lanses (6) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 19-03-2007 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Lanse(s)
1 Mimá! Se Amancio Ortega atopa este post o teu "asalto á fama" está gara#blgtk08#ntido! Menuda negocianta, Nasa... E iso do 10% haberá que falalo, non?
Lanse por Costureira (19-03-2007 12:35)
2 A Costureira ten razón, se o sabe Amancio Ortega faste de ouro...
#blgtk08#
Tamén estou de acordo con ela en que o do 10% é negociable...
Lanse por A do Picho (19-03-2007 16:39)
3 E para as/os que non somos interinas/os..., non se garante a #blgtk08#praza na oposición?
Eu de maior quero ser interino/a!
Lanse por Depósito (19-03-2007 17:08)
4 Parece que o ghabinete de crise funsionou e, cando menos, deu cunha #blgtk08#vía de finansiamento para, se for presiso, poder mercar vontades.
Lanse por mingos (20-03-2007 10:03)
5 Claro que o do 10% é negociable que para iso somos grandes negociantas. Xa temos algunha solicitude aínda que debo cumprir a segunda das condicións e debo manter o anonimato. En breve chamarei para distribuír o traballo ;-))

Depósito, non podo garantir a praza para as persoas que non son interinas mais si que garando que é de grande axuda. Eu, antes, de maior tamén quería ser interina pero agora quero ser sindicalista (con todos os meus r#blgtk08#espectos eh!??) despois xa me encargarei eu de amañar toda esa historia. Aínda que xa sabes o que din por aí, que cando unha é interina lle cambia a perspectiva ;-))))

Mingos, e logo? tamén queres ti unha porcentaxe. Se sabes dalquén que venda a súa vontade non deixes de avisar ;-)) Ah e que saibas que o ghabinete de crise interno tirou conclusións moi negativas, o externo aínda non fixou data de reunión, estás convidada.

Lanse por Nasa (22-03-2007 14:04)
6 Choose to invest in a processing delight in, take a look at many websites that will unload Rolex replica watc#blgtk08#hes.You choose to showed off anyone authentic designs by wearing simply just Rolex replica watches.
Lanse por Replica watches (22-07-2013 08:19)
Deixa o teu lanse
Nome:
o teu aparello: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Outros lanses:
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal