Nasas


Roscas... doces e de laranxa
a imaxe non é a do resultado final  porque non me vai a cámaraComa sempre para descansar e desconectar queda a casa, o remate foi moi doce.

A receita é da miña madriña mais o "copirrait" sospeito que debe ser do Arguiñano.

Ingredientes: unha taza de leite, media taza de aceite, a tona dunha laranxa, media taza de azucre, media taza de anís, un ovo batido, dúas tazas de fariña, un sobre de fermento para doces, azucre mesturado con canela ou azucre só.

Para remexer. Poñemos nun cazo a ferver o leite, o anís, o aceite e a tona da laranxa. Despois de ferver esta mestura botamos a media taza de azuce e deixamos todo a mornar (miña madriña di que mellor é deixar que estea algo máis frío).

Nunha lata ou cacharro mesturamos as dúas tazas de fariña co sobre de fermento. Cando teñamos a mestura morna/fría engadímoslla pouco a pouco á fariña xunto co ovo batido. Percibiredes que a cousa xa cheira ben. Hai que amasar até que a masa estea algo dura.

Dámoslle forma a toda esa mole: roscas ou bolas ou bonecos e todo no que vai dexenerando a imaxinación cando chegue o cansazo.
Pouco a pouco e ao mesmo, co aceite non moi quente imos fritindo as creacións.

E que aproveite... eu xa vou co meu mochiliño para toda a semana.
Lanses (6) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 11-03-2007 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Lanse(s)
1 Que boa pinta teñen!
A#blgtk08# ver cando convidas a unha...
Lanse por Doris Dei (12-03-2007 10:11)
2 Agardamos pol#blgtk08#o convite...
Lanse por Costureira (12-03-2007 13:00)
3 Pois haberá qu#blgtk08#e probalas...
Lanse por A do Picho (12-03-2007 15:53)
4 Oes, pois xa podías traer #blgtk08#unhas poucas feitas, non?
Lanse por Pintega (13-03-2007 11:40)
5 #blgtk08#
Lanse por Nasa (13-03-2007 18:58)
6 A próxima vez prometo avisar con antelación e convidar a todas (tamén podedes traer algunha amiguiña ou amiguiño que teñades por a#blgtk08#í)
A estas horas xa baleirei todo o mochilo senón a algunha aínda lle podía tocar unha hoxe.
Estaban boas de certo.
Lanse por Nasa (13-03-2007 19:02)
Deixa o teu lanse
Nome:
o teu aparello: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Outros lanses:
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal