Nasas


hoxe quixen pasar por aquí...


Hoxe quixen pasar por aquí e deixar unha ducia de palabras,
hoxe quixen pasar por aquí e escribir o que non me deixa durmir,
hoxe quixen pasar por aquí e dicir: nai, saúde, terra, suíña, dor, escoliña, viaxe, música, amizade, cambios, millo e lingua.

Hoxe sei que mañá será outro día e que todas elas estarán comigo
e mañá será outro día e ti tamén estarás comigo.

Lanses (5) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 03-11-2009 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
todas e todos a Compostela
Sácalles a lingua aos/ás que que queren que o galego desapareza.

Este domingo 18 en Compostela todas e todos a facer historia na mani de Queremos galego,

non podía ser doutro xeito



Lanses (1) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 17-10-2009 08:26
# Ligazón permanente a este artigo
Debuxos



Entrégome ao meu traballo en corpo e alma.
Pero esta lentitude desanímame hoxe.
É o día, que me afecta. Máis escuro
cada vez. Chove e zoa o vento.
Prefiro contemplar que escribir.
Agora, nesta pintura observo
un mozo fermoso deitado xunto a unha fonte,
fatigado talvez de correr.
Que fermoso mozo! Que divino mediodía
se apoderou del para durmilo!
Paso longo tempo contemplándoo.
E así, na arte, descanso da súa fatiga.



[Konstantino Kavafis, Poemas canónicos. Rinoceronte Editora]


Lanses (0) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 05-08-2008 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
ghughel
Chegoume onte vía correo electrónico (grazas Xosé) aínda que xa levaba tempo pola rede.

Nun primeiro momento fíxome moita graza
despois busquei o "Ghughel"
e finalmente decátome que eu tamén perdín a aspiración que aínda conserva a xente do meu lughar.

E o peor do conto
e que eu agora xa...
canto prexuízo me queda por eliminar.
Lanses (1) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 25-01-2008 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
resaca traizoeira
Ummmmmmm! Ehhhhhhhh!

Non sei se me traizoa a miña resaca






















ou traizoou a algunha persoa a súa.


Mañá mirareino de novo...
volvo para a cama.


Lanses (2) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 01-01-2008 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
para Doris Dei














































Teño que dicir que me chegou a noticia completa por correo electrónico mais por falta de habilidade co programa de imaxes só podo subila en cachiños.

Sospeito que a persoa que o fixo debeu empregar este xerador de noticias que eu coñecín hai uns días no blogue "Leitura e escrita na escola" grazas a Ligamabitacora.

Por certo xa comprobei o motivo polo que a nosa blogueira lle gustaría ter como don natural "a paciencia"...
Lanses (4) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 07-08-2007 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
parabéns!!!
eu xa a felicitei
isto é para quitarlle as cores ;-)
se a coñecedes:
aínda estades a tempo de facelo vos tamén
-hoxe (ou calquera outro día)-

PARABÉNS MOZA!!!!

Lanses (5) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 04-07-2007 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
para as que non teñan vacacións
ou queden sen plan
e para que a cousa non sexa só penitencia
unha proposta de luz, solidaria e que alimenta (apta para calquera tipo de vixilia) nesta Semana Santa: cuarta edición da Festa do pan de Carballo e primeira edición da feira solidaria (PANXEA 2007).

Para o corpo e para o espírito: chocolatada, pan, queimada, produtos do comercio xusto, imaxes de Alejandro Zapico, obradoiros cos Picompé e co novo circo Manazas, documentais "Cabo Verde sabi!!" (Manolo Maseda) e "En tierra prestada" (Alejandro Zapico), música dos Veraneantes, Javi Javichi, son solidario: Raigañas, Batuko Tabanka e Fol de veneno; Turres Band e a gala solidaria co pobo saharaui que contará con Malvela, Fía na roca, Kepa Junkera e todas aquelas persoas que até alí se acheguen.
Lanses (1) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 03-04-2007 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
vai en serio

seguen as dúbidas
e o proceso avanza.
e o choio -como me recordou a Costureira- e as dúbidas (unha das conclusións do ghabinete de crise interno) acumúlanse.
Lanses (0) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 22-03-2007 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
VENDO PRAZA DE OPOSICIÓN...
especialidade Lingua e literatura galegas, secundaria. Garanto praza para persoas con máis de cinco anos de traballo.


Material:
-Unha programación para a materia de lingua e literatura galegas (secundaria e bacharelato). Formato .sxw ou .pdf
-Unidades didácticas soltas (para a programación). Formato .sxw ou .pdf

Condicións:
-Gratificación económica (negociarase dependendo da situación de partida de cada persoa -existe unha cantidade básica-) con diferentes modalidades de pagamento.
-Anonimato e total confidencialidade.

Para apuntarse na listaxe de preinscrición:
-Nome e apelidos
-Documento de identidade
-Correo electrónico de contacto
-Certificado de anos de servizo
-Breve exposición pola que queres mercar unha praza ou material que elixas.

Entrega de materiais:
-Trinta días despois de pechar o trato.

Podes poñerte en contacto a través do correo electrónico ou do "teu xiz" neste mesmo blogue.

A listaxe definitiva elaborarase unha vez publicada a convocatoria de oposición no Diario Oficial de Galicia. A orde na listaxe tomará como referencia a orde na listaxe de preinscrición, o baremo establecido pola Consellaría de Educación para o acceso ás probas e calquera información obxectiva que poidan achegar as persoas solicitantes.

Nota
: as persoas que tiveron algo que ver coa xestación deste negocio levarán o 10% de beneficios ao final do exercicio.

Lanses (6) - Categoría: lanses persoais - Publicado o 19-03-2007 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal