Nasas


SEMINÁRIOS DE FORMAÇÃO DE PROFESSORES DE ELE
Souben da existencia desta actividade nun curso organizado pola Universidade de Santiago a través de Cursos internacionais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística (do que tristemente seguro que aínda quedan cousas por dicir).

A historia ben ser que o Instituto Cervantes e a Secção de Estudos Espanhóis e Hispano-Americanos do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho que dirixe un galego de Rois organizan SEMINÁRIOS DE FORMAÇÃO DE PROFESSORES DE ELE (español como lingua estranxeira) para os días 22 e 23 de febreiro.

Os seminários prometen:

"Docere et Delectare: Las actividades lúdicas en el desarrollo de la competencia comunicativa" con Isabel Iglesias Casal.

"Análisis de actividades interculturales" con Amelia Blas Nieves.

"Taller de recursos multimedia y Ele" con Alfonso Hernández Torres.

Agás o Seminário de Isabel Iglesias que custa 30 euros (este Cervantes) os outros son de balde. E diredes vós, que qué vai facer esta pobre nasa alí. Xa vos contarei cando chegue.

O mellor está por contar: non sei se para quitar a espiña que nos quedou do anterior curso ou porque somos de natureza "randa" (como dicía a miña avoa) xa existe unha comisión de festas para estes seminarios. Despois de dúas xornadas de intenso traballo existe a posibilidade de continuar a fin de semana en Porto e arredores.

Animádesvos?

Lanses (1) - Categoría: mareas - Publicado o 02-02-2007 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Listas de profesorado colaborador para impartir cursos de galego
As cousas van cambiando non como nos gustaría á maioría pero van cambiando.
Onte apareceu publicada no DOG a Resolución pola que se convoncan listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Por primeira vez sabemos duns requisitos claros:
-Ser licenciado/a en filoloxía galega, ou en filoloxía hispáncia, sección galego-portugués.
-Ter feitos e avaliados positivamente os cursos de formación para profesorado de lingua galega, linguaxes especializadas e/ou extensión cultural que realiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
-Ser demandante de emprego.

Para esta pobre nasa estes tres puntos non están exentos de controversias:
-Ser licenciado/a en Filoloxía galega ou galego-portugués non ten dúbida (claro, clarísimo)
-Ter feitos e avaliados positivamente os cursos de formación para o profesorado, moi claro tamén aparentemente, mais...: a estes cursos non puido acceder todo o mundo e sobre a avaliación positiva por parte do alumnado (licenciado/a en Filoloxía galega ou galego-portugués) non teño a menor dúbida, mais avaliaría a Secretaría Xeral de Política Lingüística estes cursos (creo que aínda estamos agardando resposta)?.
-Ser demandante de emprego (claro, clarísimo). Ser demandante de emprego quere dicir ter unha tarxetiña que acredita que non estás dado de alta na Seguridade Social por ningunha empresa ou entidade. Claro, clarísimo que aquelas persoas que teñan un traballo remunerado non deben poder acceder a estes cursos mais que pasan con aquelas outras que forman parte das diferentes redes que hai tecidas polo país adiante e que forman parte "dun carrusel" moitas veces orquestrado con criterios non tan claros e que ao final permite o acceso a outras actividades (puntuables como mérito nesta e noutras convocatorias)? Digo "moitas veces" porque sei que moitas persoas que están aí e chegaron grazas ao seu esforzo e mérito académico mais tamén sei dalgunhas (e non poucas) que chegaron de forma moito máis cuestionable.

Agardemos as cousas comecen a cambiar, contamos con algunhas garantías mais tamén contamos con inercias que son moi difíciles de cambiar. Sorte.

O prazo de presentación das solicitudes é de 20 días naturais a partir do 17 de xaneiro.

Lanses (4) - Categoría: mareas - Publicado o 18-01-2007 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
voluntariado lingüístico
Son e foron sempre moitas e moi interesantes as propostas que "aduana" a xente que anda a traballar pola lingua. E foron, e son, e serán moi interesantes nos diferentes formatos que adquiriron, adquiren e adquirirán

Desta vai o "Voluntariado de Activación Lingüística" un programa deseñado para fomentar a participación social e práctica da lingua galega e favorecer o intercambio cultural. O vindeiro xoves 30 de novembro ás 13:30 no Hotel NH Obradoiro (fronte ao Auditorio de Galiza) poderemos asistir á súa presentación.

Un proxecto ilusionante, con letras moi grandes, ao que lle desexamos moito éxito e que sexa quen de activar aos diferentes axentes sociais que existen no país.

Horas despois e cambiando de cidade poderemos seguir nestas cousiñas. Para navegantes, o mércores comeza o I Curso de Formación en Voluntariado Lingüístico na Universidade da Coruña.

Lanses (2) - Categoría: mareas - Publicado o 28-11-2006 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas de Lingua, Ensino e Mocidade no Porriño
Prometen:



O Porriño
21 e 28 de novembro
Centro Cultural Municipal


DIA 21


18:15 Presentación das xornadas
18:30 Mesa de debate: A lingua galega no ensino: situación actual e perspectivas
Rubén Cela (director xeral de Xuventude e Solidariedade)
Xoan Costa Casas (presidente da Asociación Sociopedagóxica Galega)
Carlos Callón (presidente da Mesa pola Normalización)

19:30 Descanso
19:35 Relatorio: Amores e desamores entre a mocidade e o galego
Ana Iglesias Álvarez. Profesora da Universidade de Vigo. Autora de Falar galego: “no veo por qué”


DIA 28

18:30 Mesa de debate: O Porriño a exame
Paz Pereiro
(profesora do IES Ribeira do Louro)
Rita Fernández (alumna do instituto IES Pino Manso)
Dorinda Castro (profesora de ensino secundario)
Xoán Carlos Ferreira (profesor do colexio Santo Tomás)

19:30 Descanso
19:35 Mesa redonda: Diferentes camiños para a normalización: experiencias educativas en galego
Pepe Carreiro (deseñador e ilustrador dos Bolechas)
Mónica Cachaldora (mestra do colexio Fernández López)
Flora Veloso (profesora de música. Participou no proxecto Meniños cantores)
Séchu Sende (mestre de galego e dinamizador de tempo libre)
Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 22-11-2006 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
De prexuízos

Onte, un día máis, asistín a unha das Xornadas do Seminario de dinamización lingüística para o profesorado. A cousa ía de "combater os prexuízos". Modesto Rodríguez Neira falounos dos prexuízos, comportamentos e actitudes da nosa mocidade; apuntou solucións: a necesidade dunha educación multicultural e de someter aos individuos a unha historia de vida. Moi interesante.
Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 17-11-2006 07:25
# Ligazón permanente a este artigo
Máis citas para formarnos (II)
...en lingua e/ou dinamización lingüística.

Dúas actividades máis para os próximos días:

VII XORNADAS DE EXPRESIÓN ORAL “TÍRALLE DA LINGUA".
Proxecto da Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coas Concellarías de Política Lingüística e Educación do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O Tíralle vai dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país mais tamén pode ser de interese para persoas que traballan en dinamización sociocultural e lingüística: animadores/as socioculturais, técnicos/as en normalización lingüística, mediadores/as (inter)culturais etc.

Atoparemos:
-Un novo discurso para a superación de prexuízos lingüísticos da mocidade en clave narrativa e humorística de Séchu Sende,
-A didáctica e pedagoxía social con propostas de Federico Martín, Iolanda R. Aldrei e Heidi Künhn
-O último espectáculo de Mofa e Befa, Sempre ao lonxe, ou a decadencia étnica.
-Presentación da organización do concurso de relato oral.

Un sábado (18 de novembro no Centro Socio-Cultural de Vite de Santiago de Compostela) para mollar a lingua.

SEMINARIO DE FORMACIÓN DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA (para o profesorado que imparte os cursos de formación do funcionariado).
Convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e poden asistir:
-Licenciados/as de Filoloxía Galega en situación de desemprego (mérito xeral: a nosa situación é triste mais o sistema aínda ten recursos para facela moito máis -inclúe bolseiros/as-);
-Ter impartido algún curso de iniciación ou perfeccionamento (segundo o gabinete ;-) a que un/unha pertenza terá máis ou menos méritos);
-Figurar nas listaxes non públicas existentes nos gabinetes de normalización da SXPL;
-Orde de antigüidade computada polo nomeamento de profesor/a colaborador/a (mérito supoño que subordinado ao segundo punto).

Malia isto non podemos deixar de recoñecer o interesante dos obxectivos e contidos que se pretenden traballar.

O prazo de preinscrición para esta actividade remata o 20 de novembro.

(2) Agardemos algún día a administración comece a usar formatos universais (.pdf, .rtf etc.) ou use ferramentas do "software libre".
1(1) A cursiva é nosa
Lanses (4) - Categoría: mareas - Publicado o 13-11-2006 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Catro anos despois, para que outro Prestige non sexa posíbel
mani
Plataforma Nunca Máis
Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 09-11-2006 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
máis citas para formarnos...
... en dinamización lingüística.
Daba voa conta Depósito de que esta temporada podiamos andar coa lingua de fóra.
Aquí vai unha proposta máis de formación para estes días que estamos a falar de voluntariado lingüístico -proposta que xa se leva tecendo desde hai unha boa temporada para diferentes ámbitos e sectores-:
I Curso de formación en voluntariado lingüístico:
A Universidade da Coruña convoca o I Curso de Formación en Voluntariado Lingüístico, de 6 horas de duración. A persoa responsábel da súa impartición será Albert Servitje i Riera, técnico da Universitat Pompeu Fabra, con quen xa tivemos oportunidade de compartir experiencia no II Curso de verán sobre dinamización lingüística.
Agardo sexa do voso interese.
Lanses (0) - Categoría: mareas - Publicado o 06-11-2006 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal