Hoxe quixen pasar por aquí e deixar unha ducia de palabras,
hoxe quixen pasar por aquí e escribir o que non me deixa durmir,
hoxe quixen pasar por aquí e dicir: nai, saúde, terra, suíña, dor, escoliña, viaxe, música, amizade, cambios, millo e lingua.
Hoxe sei que mañá será outro día e que todas elas estarán comigo
e mañá será outro día e ti tamén estarás comigo.
Manuel María, Versos para un país de minifundios (1969)
I
Os intres que estamos a vivir
son, ¡ouh pobo meu!,
os de verdade. Non cabe
facer trampa, porque estamos
xogando a nosa
supervivencia colectiva.
Agora cobran a súa dimensión
xusta, verbas arrepiantes
como son: "fala materna,
emigración, pobreza, economía,
conciencia, minifundio, compromiso".
Hai que coller o touro
polos cornos, non queda
máis remedio que saltar
á area co peito descuberto.
Quen che fale, ¡ouh pobo meu!,
das glorias do pasado,
de melancolías e saudades,
de folclore e paisaxe,
do teu lirismo requintado;
ese, mínteche. Ese intenta
poñerche unha venda nos ollos
e levarte enganado,
o mesmo que un rebaño
de carneiros, ao suicidio.
Quere conducirte -¡ouh
pobo meu, estás aínda
a tempo de salvarte!-
á morte e maís á nada
Capítulo 3: Matreros de medinuite
Pinto e Cobiñas, os dous mariñeiros da Costa da Morte, saen a faenar a Noite de Defuntos
Capítulo 4: A morte ten un prezo (200 euros)
Nesta nova aventura, Pinto e Cobiñas, os dous mariñeiros da Costa da Morte, traballan de enterradores
Capítulo 5: O botellón
O botellón é un mal que afecta a Galicia. Pinto e Cobiñas farán un debate para tentar buscar unha solución a este problema social
Capítulo 6: Por que chove
Neste novo episodio, Cobiñas contraporá a súa visión filosófico-cognitiva dos fenómenos meteorolóxicos, á visión científica exposta por Pinto.
Capítulo 7: Eu tamén quero coñac
Pinto e Cobiñas tómanlle a última no velorio do defunto Chuco da Ponte.
Capítulo 8: Facenda somos case todos
Sorprendentemente aínda existen xenios capaces de defraudar a facenda.
Capítulo 9: Campaña (especial eleccións 09)
Propostas para a mellora no sector pesqueiro e marisqueiro en Galicia de cara as vindeiras eleccións autonómicas 09.
Capítulo 10: Náufrago (promo V festival "Con V de Valadares Valarés")
Derradeiro capÍtulo da 2ª tempada de "Para mariñeiros nós" para promocionar o festival "Con V de Valarés". Dous roubacaramuxas atopan a Pinto inconsciente na praia de Valarés.
Capítulo 11: Baixo coeficiente
Promo pra XVII festa do Percebe do Roncudo, en Corme
Capítulo 12: O sobriño
RIcardito, o sobriño e afillado de Cobiñas, queda uns días a cargo de seu padriño.
Cando busco algo sempre atopo o que non busco,
velaquí un textiño que creamos nun obradoiro de escritura creativa con Antón Cortizas no Pazo da Peregrina de Ames. Que tempos, cando eramos pequenas e pensabamos que tantas cousas eran posíbeis! Por alí tamén andaba a Lucía e o Miluco. Hei preguntarlle polos seus textiños!
Este foi un dos meus, penso que andabamos en época electoral, nas municipais (van alá dous anos aproximadamente):
PROMETO pintar de vermello todos os paxaros
PROMETO encher de porterías os campos de fútbol do Concello
PROMETO que os cans de palleiro van conseguir o estatus social que lles corresponde
PROMETO encher o ceo de estrelas vermellas
PROMETO ás para a mocidade
PROMETO lentes graduadas para a xente
PROMETO xornadas de traballo
PROMETO mercados de troco
PROMETO dobre ración de lingua
(...)
PROMETO que nós PROMETEMOS que isto non son promesas, que isto van ser realidaes.