|
|
|
|
| o 18 de maio |
|
Polo dereito a vivirmos en galego

Este ano non sabemos se andaremos por alí. Aínda así, xa tinximos a nosa lingua de cor.
|
|
|
|
|
| caeu un máis |
|

Hoxe caeu un máis: 12418.
Desde hai tempo miro os días con lentes novas, aínda que á tardiña sexan cristais escuros os que iluminan os meus olliños.
Soño con días novos, falo de paxaros, ratos, bolboretas, volvo montar en bicicleta, recuperei o gusto por mirar para as estrelas... decátome do pequena e pouco realistas que foron ás veces os meus comportamentos.
Lembro cando era pequena e me dicían "a ver cando vas medrar". Hai cousas que nos converten en maiores dun día para outro. Eu perdín a burbulla de canda pequena mais recuperei o pracer por aproveitar o tempo e querer voar.
Abrighadirma por todos eses parabéns que me fixeron tanta ilusión :D
e xa anoitei na miña libretiña
e fixen contas dos convites que debo
e descontei a aquelas que mos deben a min.
[foto do Paseo dos namorados (Cervo, xaneiro 2008)] |
|
|
|
|
| a bola de cristal... |
|
Ummm! cambiarei un cromo
e mañá
o creador de
La bola de cristal.

|
|
|
|
|
| día mundial da poesía |
|
Deixo aquí este poemiña de Séchu Sende
véxoo todos os días nun cadriño sinxelo pero fermoso enriba da miña mesa de traballo
e agora co permiso do Séchu aquí vai para todas e todos vós:
A produción social de soños
Cos pés na terra camiña a miña sombra.
Xa sabes,
a realidade supera a fricción.
Din que en Galiza podemos mirar a través da néboa
e que sabemos chamar ao arco íris.
Nós fixemo-lo.
Falo contigo, e contigo
e saúdo a quen pase por este verso.
Na fonoteca do futuro gardo os sons dos soños:
as palabras, as exclamacións e o vento.
Era imposíbel imaxinar o que está sucedendo,
dixemos.
Era imposíbel imaxinar isto,
diremos.
Non sei, din que
talvez se cumpra unha parte proporcional dos nosos soños se os soñamos xuntos.
Necesitamos instruciósn para soñar ao mesmo tempo,
unha convocatoria para soñar xuntos á mesma hora,
un método para a produción social de soños.
Se fabricamos coitelos en cadea
por que non Liberdade?
É o seguinte paso na evolución da espécie.
E conseguiremo-lo
mirando-nos aos ollos.
[SÉCHU SENDE, 2002-2003] |
|
|
|
|
| aniversario |
|
creo que hoxe hai alguén de aniversario.
Parabéns!!!!
 |
|
|
|
|
| 209.042 razóns para dicir grazas Galiza |
|

|
|
|
|
|
| hoxe no barrio |
|

|
|
|
|
|
| dúas lecturas... |
|
...para rematar o día hoxe.
Unha a entrevista a un "mestre" ;-) e a outra aínda na rematei.
Entre outras cousas tiro a lección que hai anos aprendín e tan necesaria hoxe, nestes días tan revoltos para a lingua: "usarmos diariamente o idioma de xeito amablemente instransixente".
Abrigada.
|
|
|
|
|
| empacho de (a)celgas |
|

Andamos ás voltas co último número da revista Textos. Didáctica de la Lengua y de la Literatura (número 47 de xaneiro, febreiro e marzo de 2008) dedicado ao tratamento integrado das linguas(no ensino).
Atopamos alí interesantes e proveitosos traballos para darnos ideas á hora de traballarmos na aula e de abordar todos os plans nos que hoxe andan metidos os nosos centros de ensino.
Detémonos máis polo miúdo, xa que nos toca de preto, na achega de Bieito Silva Valdivia que leva o título de "Gallego, castellano y lenguas extranjeras en el sistema escolar de Galicia".

Sorprendente e interesante análise para estes días de Coresma que aínda andamos co empacho dos CELGAs. Non podemos deixar de reparar, e volver reparar, e reparar unha vez máis sobre un dos comentarios que alí fai:
[Para contextualizar, tirado do resumo inicial do artigo]: No artigo faise unha revisión da situación das linguas no sistema educativo de Galiza cun criterio de análise básica (a integración das aprendizaxes lingüísticas nunha perspectiva plurilingüe) e segundo dous parámetros: a formación do profesorado e a organización do currículo.
Fala (e fala ben para o noso entender) Bieito Silva da organización do currículo nas aprendizaxes lingüísticas (constituídas por dúas linguas oficiais: o galego e o castelán, e unha lingua estranxeira obrigatoria e unha segunda de elección voluntaria para o estudantado e de obrigada oferta para os centros).
Na seguinte epígrafe titulado "A formación do profesorado". Fala da formación do profesorado:
Da necesidade de formación en varias áreas (sociolingüística aplicada ao ensino, psicolingüística, planificación curricular etc.) para abordar a realidade plurilingüe na realidade social e tamén no currículo.
Da capacitación ofertada a través dos plans de estudo das universidades galegas.
Da formación en servizo plasmada no Plan Anual de Formación do Profesorado (...)
E chega ao que está sendo (segundo el) a formación do profesorado de lingua galega e todo o que xira ao redor do MCERL da incorporación do galego á ALTE e a adaptación da ensinanza de persoas adultas ao MCERL] (...) e agora é cando non podo dar crédito!!!!!
"Y esto último (refírese ao MCERL aínda que viña de falar do ensino das linguas estranxeiras no currículo) conecta con una de las principales novedades relacionadas con la enseñanza de lenguas en Galicia en los últimos años: la incorporación del gallego a la ALTE (Association of Language Testers in Europe) y la adaptación de su enseñanza para adultos al MCERL, tanto en lo que se refiere a los modelos pedagógicos como a los niveles de competencia y a los criterios de evaluación; una iniciativa que no sólo está permitiendo iniciar una renovación a fondo de la didáctica de esta lengua y someterla a estándares europeos, sino que puede suscitar un debate muy fructífero sobre lo que tiene que haber en común en la enseñanza y evaluación de lenguas, independientemente de que sean lenguas primeras o añadidas, y lo que puede o debe diferenciar cada una de esas situaciones". [a cursiva é nosa]
Nestes días de Coresma e agora que andan dicindo que o inferno existe: dáme medo falar disto. Mais, de que renovación e debate fructífero falará Bieito?: do suscitado nos cursos de didáctica para a formación do profesorado (para min xa sería interesante comezar por aí sempre que non o calarán como están facendo até o de agora) ou nos de avaliadores (onde todo e top secret); do que se reflicte na calidade dos materiais dos Celga 4 ou na aula de galego...
Salvando isto, recomendábel artigo e interesantes conclusións as que tira o profesor universitario compostelán.
|
|
|
|
|
| galiza non se vende |
|
|
|
|
|
|
|
|
|