narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

26 de setembro Día europeo das Linguas

Proposta de traballo:
O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO
Comentarios (0) - Categoría: AS LINGUAS DO MUNDO - Publicado o 25-09-2019 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
SENTIMENTO DE LIBERDADE

O "sentimento da liberdade" será o lema deste curso 2019/20. Despois de analizar na aula:
Por que as linguas nos fan humanos?
Por que a lingua nos fai universais?
Por que temos dereito a ser diferentes?

Imos abordar hoxe a relación que ten a lingua coa liberdade:

" O galego culto que hoxe se exprese en galego, por ese só feito demostra levar na alma un nidio sentimento de liberdade; un nobre afán de asolagar a súa intelixencia nas augas vivas do traballo enxebre, co fin de lles dar o tempero preciso para que poidan fecundar mortas terras, cheas de lixos de escravitude, trocándoas en viveiros de vizosa democracia.

...Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. Que cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo? "
Antón Vilar Ponte, Pensamento e sementeira.

1-Que relación ten a liberdade coa nosa lingua? para o autor do texto falar galego representa un compromiso, por que?
2- Explica as metáforas contrapostas da liberdade e da escravitude neste texto.
3- Como podes poñer coas túas palabras “redimirse da servidume do mimetismo”.
4-Por que parece tan importante ser orixinais no universo?
5- Ponlle ti un título a este texto.

Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 23-09-2019 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal