narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sementadores de esperanza

A landra que non se ve en maio,
non se ve en todo o ano
.

Dúas palabras sementar e esperanza, que unidas á lingua que falamos, provocan de inmediato unha mensaxe tremendamente evocadora e positiva, que parte do presente mirando cara ao futuro, capaz de superar un pasado xa esgotado, entendido como un proceso colectivo de progreso e aberto á ilusión dunha nova primavera.



Unha vella canción moi popular en Galicia dicía:

Sementar sementarei,
loguiño de crarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro
que fale na lingua nai
que suba nos pexegueiros
a fruta verde a roubar.
Un vello que dea consellos
un rostro de fume e pan
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.
Un cantar de redención
que troque a desolación
nun limpo e craro alborear.
Logo, deixáime morrer,
entre dous regos, queimado,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.

Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 11-09-2018 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal