narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Contidos 3ª Avaliación
UNIDADE 9:
Os nomes das cousas:
- Os deportes (páx.194)
- A sinonimia(páx.195)

Ortografía:
-Uso do "B"(páx. 197)

Gramática:
- O verbo: Estrutura. (Páxina 198-199)
- Repaso de Pronomes persoais átonos.
Literatura:
- O xénero dramático (páx. 202-203)
- LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS (no blog ou na libreta)

Tradición oral:
- Os Mouros e As Mouras (resumos na libreta)

Lingua e Sociedade:
- Prexuízos lingüísticos I (páx. 196)

Obradoiro de expresión:
- A noticia (páx.193)

UNIDADE 10-11 e 12
Os nomes das cousas:
- Os oficios (páx.214)
- A antonimia(páx.215)
- Polisemia
- Homonimia

Ortografía:
- Uso do "V"(páx. 217)
- Uso do "H"(páx. 237)

Gramática:
- Os verbos irregulares (Páxina 218 e apéndice 276-277 e seguintes)
- Preposición, conxuncións e adverbios (páx. 238-239).

Literatura:
- Subxéneros dramáticos (páx. 222-223)

Lingua e Sociedade:
- Prexuízos lingüísticos II (páx. 216)
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2021 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
AS MOURAS




O PAÍS DA MOURA

A PENA DA MOURA DE REMESAR

A MOURA PETRA DE NEGROS (REDONDELA)
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 27-05-2021 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
XELA ARIAS (Tríptico limiar)




Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.

Hasme oír, hasme oír:
agora busco que coxugues
ben o verbo dos posibles,
e que ti esquezas esa radio de cousas previas
amarrada sempre ós pensamentos,
sempre ós pensamentos.

Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.

Hasme oír, hasme oír: deixa
que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.

E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia
á procura
da froita
madura.

Vencerse é cousa
de se tratar.

DA SÚA VIDA E DA SÚA OBRA



DAS SÚAS CREACIÓNS



"FACENDO CORPO": Curiosear sobre tres facetas de Xela: A súa imaxe, un poema e a súa rebeldía.

- A miña foto preferida de Xela Arias.
- Un poema
- Unha visión da súa vida de rebeldía.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 12-05-2021 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0