narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE
Para visualizar a inmortal obra de Castelao:
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 21-05-2020 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
RICARDO CARVALHO CALERO, LETRAS GALEGAS 2020
1- HOXE venres 15 de maio, a modo de introdución, VISUALIZAMOS ESTE VÍDEO:



2- Visitamos a Exposición: LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO (tardará un pouquiño en descargarse).

3- Lemos a GUÍA DIDÁCTICA DA EXPOSICIÓN e incorporamos ao longo da semana á nosa libreta algunha da actividades que nos propoñen realizar.

4- Estrenamos o Videopoema de 1º ESO A e B do COLEXIO SEI SAN NARCISO: Letras 2020 realizado coa participación voluntario de moitos de vós.(A estrea a partir das 13 horas de hoxe 15 de maio)




A NOSA BIOGRAFÍA
(exercicio feito o mércores pasado)

Ricardo Carvalho Calero un dos grandes polígrafos do século XX. Un polígrafo é unha persoa que escribe sobre diversos temas e/ ou distintos xéneros (poesía, narrativa, teatro, ensaios...

Ricardo Carvalho Calero foi ademais do Partido Galeguista, discípulo de Castelao e da súa xeración de autores que se denominan Xeración Nós porque editaron unha revista coa idea de universalizar Galicia con ese nome. Polas súas ideas será represaliado, é dicir, perseguido e castigado entre outras cousas a non poder exercer de profesor durante o Franquismo.

Ricardo Carvalho Calero é un estudoso da Lingua e como tal é o maior referente do reintegracionismo lingüístico,que defende a aproximación do galego ao seu irmán xemelgo o portugués. Por iso verás que escribía con formas ortográficas coma: lh- Carvalho en lugar de Carballo ou desejo, en vez de desexo.

Por último, Carvalho Calero estableceu o canon de autores literarios, eses escritores e escritoras máis representativos á hora de estudar a Historia da Literatura Galega.




Cuestionario
Despois de ver:Imos elaborar unha pequena biografía sobre autor en base aos seguintes criterios:

- Data de nacemento e de morte.

- Lugares e situacións transcendentais nas distintas etapas da súa vida: Ferrol, Fingoi, Compostela, galeguismo, represión, docencia...

- A súa obra que por forma abarca distintos aspectos: como creador, como lingüista, como crítico literario.

- Debemos procurar ir incluíndo tanto os títulos das súas obras máis relevantes como os logros ou trazos máis destacables da figura homenaxeada.

5- Xogo:NA CASA DE DON RICARDO

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 12-05-2020 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
REPASO GRAMATICAL DE PRONOMES ÁTONOS

Seguro que lembras os pronomes átonos que vimos na 2ª avaliación. Hoxe toca repasar. Primeiro o cadro que tes máis arriba.

CUESTIONARIO:UN PRONOME ÁTONO NUNCA PODE COMEZAR UNHA ORACIÓN

1-Logo as posibles colocacións dun pronome átono cales eran?

Posición natural ou habitual:

As 4 excepcións:

-

-

2- Imos sustituir os Complementos directos e os Complementos indirectos en pronomes átonos. Fixándonos no cadro témolo feito.

Exemplos de modelo: Mercou mazás para eles.


Primeiro identificamos o verbo: Mercou.

Agora se lle preguntamos ao verbo: "que cousa responde o CD ou OD (pódense chamar das dúas formas). Que mercou? mazás (OD)

Logo preguntámoslle: A quen ou para quen? Para eles (OI).

O segundo paso é transformar os OD e OI en pronomes átonos de 1ª, 2ª ou 3ª persoa, a que corresponda. Para iso temos un cadro marabilloso que tamén copiaramos na libreta.

Se te fixas no cadro, nesta oración son todas formas de 3ª persoa plural e serían:
- as para o OD (substitúe a mazás)
- lles (OI) referido a eles.

Agora xa o podemos colocar:

Mercoullelas (xa sabes que con lles + as contraen os pronomes e que no lugar do -s de lles se coloca un -l-).

Probemos con outro exemplo:

Non comprou unha rosa para ela.

Verbo: comprou.
OD unha rosa,
OI para ela.

Logo os pronomes neste caso son:
- a(OD)
- lle (OI)

Como contraen: lle + a= lla.

Só resta colocar no seu sitio os pronomes, e aquí temos un problema é negativa a oración: Hai un non, logo o pronome átono ten que colocarse diante:

Non lla comprou.


A seguir faino ti coas seguintes oracións:

-Levou un coche para o seu sobriño.

- Fixo unhas filloas para seu irmán.

- Non quixo facer filloas para as súas tías.

- Dáme un queixo para min.

- Trouxo un libro para ti?

- O profesor mercou mascarillas para todos.


Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 07-05-2020 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal