narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE de A.D. R. CASTELAO
Imos ler unha das obras de teatro máis lidas da Literatura Galega: Os vellos non deben namorarse de A. D. R. Castelao, non sen antes deternos na figura do seu autor.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é, seguramente despois de Rosalía de Castro, o autor máis coñecido da literatura contemporánea. Imos destacar catro aspectos da súa vida que nos importan, ademais de autor dramático. Saberemos algo da súa creacción como artísta plástico, do seu labor político, de autor de ensaios e de textos narrativos, todas elas revelan a súa xenialidade e un estilo singular.

SOBRE A VIDA E OBRA DE CASTELAO
Investigar sobre Castelao como artista plástico,lévanos a descubrir un retrato moi particular de Galicia de comezos do século XX. As súas viñetas tituladas Cousas da Vida sobre unha gran diversidade de temas que lle preocupaban imos ver un exemplo:



Castelao é un dos autores de textos narrativos máis sinalados do século XX. Escribe unha novela Os dous de sempre, pero sobre todo son coñecidos os seus relatos breves que creaba a partir dun debuxo que el adoitaba chamarlle Cousas. Outra serie de relatos autobiográficos denominounos Retrincos.

Por outra banda, escribiu varias obras que desenvolven estudos ou ideas propias: As cruces de Pedra na Bretaña ou o que lle dedica ao pensamento nacionalista: Sempre en Galiza.

Precisamente no terreo da política destacou como fundador e dirixente do Partido Galeguista ademais de por redactar e lograr a aprobación en referendum do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia no ano 1936.

Para esta obra de teatro que imos ler Castelao tamén realiza un traballo artístico destacable como é o deseño da escenografía (vestiario, decorados) e das máscaras para esta obra.

Panorámica sobre a obra plástica de Castelao:


Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 24-04-2023 06:08
# Ligazón permanente a este artigo
OUTRA DAS NOSAS MARABILLAS: Galicia, o país da Moura
ara os nosos maiores Galicia é o país da Mourindade. Imos descubrir que significa iso. Os mitos teñen unha referencia local concreta. Galicia é ese lugar e os lugares de pegada arqueolóxica son os máis singulares espazos onde pode que se nos apareza a Moura.

Os Mouros e a Moura son personaxes ligados pois ao noso pasado, enfeitizados e polo xeral invisibles, pero que se poden deixar ver, mais para a maioría son invisibles.

Saibamos que é unha moura para comezar:



Actividade: 1- Redacta un texto onde expliques que é unha moura.



Logo de ver o segundo capítulo resume o seu contido.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 19-04-2023 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0