Despois de analizar os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta as preguntas que nos faciamos.
Cal é a razón de que o galego dende a época dos nosos avós a hoxe tivese un descenso considerable no número de falantes?:
Atopamos na aula inicialmente tres respostas posibles a esta cuestión tan complexa:
- A ditadura de Franco. O medo e a represión.
- O ser o castelán o único idioma oficial e das clases acomodadas, logo asociado ao éxito social e o galego ao idioma dos "pobres".
- O non nos falar os nosos pais/ nais en galego a nós a pesar de ter recuperado a Democracia.
- O feito de que haxa un ambiente pouco propicio (amigos/as, compañeiros de clase, etc) que só nos falen en castelán.
Iremos pois analizando estas respostas, unha a unha no resto do trimestre.
As frases son unidades superiores ás palabras, un conxunto de palabras relacionadas e con sentido, pero sen verbo. Imos trabalar con este tipo de unidades para comezar con est aparte da gramática que lle chamamos sintaxe.
Unha vez superado o exercicio de repaso das clases de palabras podes entrar xa e ler no enlace Tipos de frases que son as frases simples, complexas e compostas antes de pasar a facer os exercicios e traballar con exemplos de cadaseu modelo analizándoas e tamén desenvolvendo a súa estrutura en árbore.
ACTIVIDADES SOBRE AS FRASES
1-Escribe no teu caderno un par de frases simples seguindo os modelos de análise da estrutura da mesma en árbore como aparece na ilustración.
2- Analiza as frases seguintes en forma de árbore: