Sabedes por que este mes de novembro se coñece tamén como Mes de Defuntos en Galicia?
Chega o Día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pero atención!, non é americano todo o que parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai máis lugares nos que se está a recuperar esta tradici´n na forma do Samaín.
Hai aproximadamente 2600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume) que representaban tanto forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. En concreto a festa do 1 de novembro era na honra á deidade Samaín (as follas comezaban a caer, facíase de noite antes e a temperatura baixaba).
Igual que outros pobos, os celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra como o cerne dos misterios do ser humano. Crían que aquel que posuise unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma.
Cando chegaban as celebracións do Samaín (ao chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas candeas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruzamentos de camiños, nos arredores e nas murallas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos. Pensaban que tal día como ese as portas entre o mundo dos vivos e dos mortos estaban abertas, era un día en que os mortos e os vivos podían comunicarse.
É curioso que moitos anos despois o Cristianismo escolleu estas datas para celebraren o Día dos Defuntos e de Todos os Santos. Orixinalmente esta festa druídica celta chamábase "a vixilia de samaín", así que de onde vén o nome de Halloween? Vén do intento de cristianizar esta festa pagá. Concretamente cando no ano 830 o papa Gregorio IV dedicou unha capela da igrexa vaticana a Todos os Santos o día 1 de novembro, mudando así a festa que antes se viña celebrando no mes de maio. O novo día foi chamada Día de Todos os Santos (ou All Hallow´s Day en inglés) e cedo chegou o costume de chamar á tardiña antes All Halloweén, que acurtando é Halloween.
Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do Día de Defuntos, atoparemos unha serie de costumes ancestrais propios. Desde deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Portonovo, Quiroga) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar os viandantes.
Comezamos así os relatos deste MES DE DEFUNTOS
CUESTIÓNS:
Falaremos cos nosos familiares do que hoxe coñecemos como Samaín, pero ese non era o nome que lle daban os nosos avós e avoas a este costume de tallar calacús.
Preguntaremos nas casas e aos nosos familiares sobre que se adoita ou adoitaba facer nos días 1 e 2 de novembro tanto nos cemiterios como sobre todo nas casas. Que se vai facer no cemiterio? Antes facíase algo distinto ao que se fai estes día alí? Que se come ou comía tradicionalmente eses días? Por que? Que se facía despois da cea en relación cos defuntos?...
LINGUA E SOCIEDADE
Unidade 0: Galicia, o país das marabillas (I) (blog e libreta)
Comprensión lectora dos textos:
- A diversidade lingüística fainos humanos.
- O dereito a seren diferentes.
- Como seren orixinais no universo?
Galicia, o país das marabillas(e II)(blog e libreta)
- Como nace un idioma?
Cuestións a partir de documentos audiovisuais:
- Ben falado cap. 1 e 2.
Comprensión lectora:
- O idioma é a chave coa que abrimos o mundo.
Unidade 1 do libro.
COMUNICACIÓN E EXPRESIÓN
- A comunicación.páx. 8
LÉXICO
- Os dicionarios: polisemia das palabras (acepcións) páx. 14
ORTOGRAFÍA
- Regras de acentuación páx. 15
GRAMÁTICA
- A palabra. As clases de palabras. Variables e invariables. páx 16
- Os constituíntes da palabras: Os tipos de morfemas.
- Palabras simples, derivadas, compostas e parasintéticas. páx. 17
LITERATURA
- Que é a literatura? a linguaxe literaria. páx. 20
- Características e funcións da literatura.páx.20-21