narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Imos crear un poema para a Paz


Imitando o seguinte poema de Celso Emilio Ferreiro imos crear o noso propio poema no Día da Paz:

Digo Viet Nam e basta
Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.

Digo lombriga e larva
de carne podrecida.

Digo nenos de napalm,
terror de noite e selva,
fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremor de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.

Apenas digo nada.
Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.

Apenas digo nada.
Digo Viet Nam i está xa dito todo
cunha soia palabra.

Para abranguer a vergonza do mundo,
digo Viet Nam e basta.


Viaxe ao país dos ananos 1968
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 29-01-2020 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
O LÉXICO DA CASA


A CASA, O PRIMEIRO UNIVERSO DE PALABRAS A CONQUISTAR
Imos facer un repaso polos nomes da casa por fóra e por dentro. Comezamos logo por un gráfico sinxelo a aprender:

CASA POR DENTRO (Primeira ilustración)
1-soto
2-salón
3-faiado
4-cociña
5-andar
6-cuarto/dormitorio
7-cuarto de baño
8-escaleira
9-cuarto/ dormitorio principal
10-vestíbulo

CASA RURAL POR DENTRO E POR FÓRA

1-cheminea
2-tellado
3-bufarda
4-solaina
5-corte
6-invernadoiro
7-hórreo
8-horta
9-pombal
10-peche
11-cancela
12-adega
13-cataventos
14-canceira
15-eira
16-sebe
17-alpendre/alboio
18-lareira
19-beiril (da cuberta)


Aquí deixamos un enlace por se queres seguir xogando coas palabras.


NO BARRIO DA CIDADE
2-Asocia os seguintes conceptos do espazo urbano aos números da imaxe: BARRIO DA CIDADE

-unha rúa peonil
-un restaurante
-un parque
-contedores de lixo
-caixeiro automático
-teléfono público
-centro comercial
-unha tenda de roupa
-bares
-un aparcadoiro
-unha escola
-unha biblioteca
-un supermercado
-unha parada de autobús

3- Saberías explicar que son:
-un concello
- unha parroquia

Comentarios (0) - Categoría: O NOME DAS COUSAS - Publicado o 27-01-2020 06:06
# Ligazón permanente a este artigo
Cara o 2º avance.

Imos realizar unha proba de avance que nos sirva para repasar gramática:

- Clases de palabras
- Os tempos e modos verbais.

- O verbo regular ou tamén no libro no tomo do terceiro trimestre na páxina 275.

Para os que suspenderon faremos unha proba de recuperación da 1ª avaliación.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2020 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
AS TRECE LÚAS DO NADAL

A primeira referencia que temos do Nadal hoxe chega a través da publicidade na TV:



Todo isto de seren galegxs mola, de estar orgullosos do noso está moi ben, pero imos máis alá mergullemos nas raíces do Nadal en Galicia:

A nosa tradición oral tamén conserva fórmulas propias de Galicia coas que se entra neste ciclo de Nadal ou do Solsticio de Inverno que podemos denominar das trece lúas.

Estamos a poucos días de que dea comezo o ciclo das trece lúas que van do 24 de decembro ata o 6 de xaneiro, trece noites máxicas para rematar o ano e recibir a figuras tan curiosas como o noso Apalpador.

Para achegarmos de verdade ao significado deste ciclo de Trece noites coas trece lúas.

Comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos este vídeo e unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente polo grupo Berroguetto:



Este é o texto dunha panxoliña, é dicir, unha cantiga de nadal tradicional ou vilancico:

Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?


Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador:



O ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro coas danzas de Reis coma estas:



1- Por que se chama a este ciclo Nadal, que significa esta palabra?
2- Investiga e explica coas túas palabras a razón de chamarlle tamén o ciclo das trece lúas.
3- Que personaxes aparecen na panxoliña tradicional? Que intención ou conclusión podemos deducir das palabras finais do vilancico?
4- En que consiste o costume do Apalpador? Como o describirías?

Rematamos cunha mensaxe do Apalpador e logo a súa canción:




Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 08-01-2020 07:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal