narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lendo as MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Para a lectura de Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas imos ir lendo cada capítulo e consultando as palabras ou expresións que non coñezamos e cando rematemos o capítulo realizaremos un breve resumo procurando manter a estrutura do propio relato (un parágrafo ou dous parágrafos) co argumento do mesmo, identificando o tipo de narrador, os personaxes, os espazos e os tempos que aparezan nese capítulo.

1-Vocabulario do capítulo
2-Resumo co argumento do capítulo
3- Narrador e personaxes.
4- Espazos e tempos.


A continuación poremos un exemplo do que hai que facer co primeiro dos capítulos:

EU SON...

1- Vocabulario: "ser un ninguén":ser unha persoa a que non se considera, marxinada ou despreciada.

non hai quen lle tusa: persoa á que se lle ten respecto.
Alancar: dar pasos grandes
Brocha: chatola
restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira/ monllo é un atado de herba ou semellantes.
moxardos: moscas
muíños apeados: parados (por encherse de auga)
espeteiras: táboa con espetos ou garfos para colgar
Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume.
fridas: (feridas)
Gurrucho: grolo
Broa: pan de millo
os trafegos da terra os labores da terra
Cortizo: colmea

Adoezo: estar falto ou desexoso de algo.
Tripando: pisar
baldeirar o corazón: baleirar os sentimentos e preocupacións.

2- Resumo: O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén deescribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.

3-Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.

4-O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe.
Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.
Comentarios (1) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 01-03-2020 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chega o Entroido!
Investiguemos sobre o noso entroido tradicional, u referente internacional por que?

O NOSO ENTROIDO, COMO É?

Unha parada para atender a figura do lobo.

O NOSO ENTERRO DA SARDIÑA


O LÉXICO DO ENTROIDO:





Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 19-02-2020 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
CONTIDOS DA 2ª AVALIACIÓN

UNIDADE 5
Os nomes das cousas: A casa (páx.106)
A parasíntese (páx.107)

A casa rural e un barrio na cidade.

Lingua e sociedade: As variedades da lingua.(páx.108)

Ortografía: Os signos de puntuación I (páx.109)

Gramática: Tipos de pronomes. Demostrativos e posesivos.(páx.110-111)

Literatura: A lírica I.(páx.114-115)

Tradición oral: Os Lobishomes.(Na libreta)

UNIDADE 7:
Gramática: Pronomes persoais tónicos ( páx. 150-151)

UNIDADE 8:
Gramática: Pronomes persoais átonos(páx. 170-171) No blog

A colocación dos pronomes átonos e o seu uso.

Repaso de VERBOS REGULARES.

LECTURA: Comezamos despois da proba escrita: Memorias dun neno labrego.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2020 07:00
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTÁN CONNOSCO OS PRONOMES PERSOAIS!

Pronomes persoais

Contra os pronomicidios.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 04-02-2020 06:20
# Ligazón permanente a este artigo
Imos crear un poema para a Paz


Imitando o seguinte poema de Celso Emilio Ferreiro imos crear o noso propio poema no Día da Paz:

Digo Viet Nam e basta
Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.

Digo lombriga e larva
de carne podrecida.

Digo nenos de napalm,
terror de noite e selva,
fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremor de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.

Apenas digo nada.
Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.

Apenas digo nada.
Digo Viet Nam i está xa dito todo
cunha soia palabra.

Para abranguer a vergonza do mundo,
digo Viet Nam e basta.


Viaxe ao país dos ananos 1968
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 29-01-2020 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
O LÉXICO DA CASA


A CASA, O PRIMEIRO UNIVERSO DE PALABRAS A CONQUISTAR
Imos facer un repaso polos nomes da casa por fóra e por dentro. Comezamos logo por un gráfico sinxelo a aprender:

CASA POR DENTRO (Primeira ilustración)
1-soto
2-salón
3-faiado
4-cociña
5-andar
6-cuarto/dormitorio
7-cuarto de baño
8-escaleira
9-cuarto/ dormitorio principal
10-vestíbulo

CASA RURAL POR DENTRO E POR FÓRA

1-cheminea
2-tellado
3-bufarda
4-solaina
5-corte
6-invernadoiro
7-hórreo
8-horta
9-pombal
10-peche
11-cancela
12-adega
13-cataventos
14-canceira
15-eira
16-sebe
17-alpendre/alboio
18-lareira
19-beiril (da cuberta)


Aquí deixamos un enlace por se queres seguir xogando coas palabras.


NO BARRIO DA CIDADE
2-Asocia os seguintes conceptos do espazo urbano aos números da imaxe: BARRIO DA CIDADE

-unha rúa peonil
-un restaurante
-un parque
-contedores de lixo
-caixeiro automático
-teléfono público
-centro comercial
-unha tenda de roupa
-bares
-un aparcadoiro
-unha escola
-unha biblioteca
-un supermercado
-unha parada de autobús

3- Saberías explicar que son:
-un concello
- unha parroquia

Comentarios (1) - Categoría: O NOME DAS COUSAS - Publicado o 27-01-2020 06:06
# Ligazón permanente a este artigo
Cara o 2º avance.

Imos realizar unha proba de avance que nos sirva para repasar gramática:

- Clases de palabras
- Os tempos e modos verbais.

- O verbo regular ou tamén no libro no tomo do terceiro trimestre na páxina 275.

Para os que suspenderon faremos unha proba de recuperación da 1ª avaliación.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2020 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
AS TRECE LÚAS DO NADAL

A primeira referencia que temos do Nadal hoxe chega a través da publicidade na TV:



Todo isto de seren galegxs mola, de estar orgullosos do noso está moi ben, pero imos máis alá mergullemos nas raíces do Nadal en Galicia:

A nosa tradición oral tamén conserva fórmulas propias de Galicia coas que se entra neste ciclo de Nadal ou do Solsticio de Inverno que podemos denominar das trece lúas.

Estamos a poucos días de que dea comezo o ciclo das trece lúas que van do 24 de decembro ata o 6 de xaneiro, trece noites máxicas para rematar o ano e recibir a figuras tan curiosas como o noso Apalpador.

Para achegarmos de verdade ao significado deste ciclo de Trece noites coas trece lúas.

Comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos este vídeo e unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente polo grupo Berroguetto:



Este é o texto dunha panxoliña, é dicir, unha cantiga de nadal tradicional ou vilancico:

Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?


Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador:



O ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro coas danzas de Reis coma estas:



1- Por que se chama a este ciclo Nadal, que significa esta palabra?
2- Investiga e explica coas túas palabras a razón de chamarlle tamén o ciclo das trece lúas.
3- Que personaxes aparecen na panxoliña tradicional? Que intención ou conclusión podemos deducir das palabras finais do vilancico?
4- En que consiste o costume do Apalpador? Como o describirías?

Rematamos cunha mensaxe do Apalpador e logo a súa canción:




Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 08-01-2020 07:21
# Ligazón permanente a este artigo
Proposta de lectura da 2ª avaliación

Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 17-12-2019 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
O APALPADOR
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 16-12-2019 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0