narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VERBOS REGULARES EN GALEGO

Para traballar co verbo

TÁBOA DOS VERBOS REGULARES
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 27-04-2021 07:16
# Ligazón permanente a este artigo
TIPOS DE TOPÓNIMOS: Recuperando microtopónimos de Marín

TIPOS DE TOPÓNIMOS
Podemos establecer distintos criterios para clasificar os topónimos pola entidade (tamaño do territorio ao que se fai referencia) xa falamos de:
Macrotopónimos: Galicia, Pontevedra(provincia), Marín
Microtopónimos: Chan do Monte, A Suvidá, A Mouta…

Pero as tipoloxías máis usuais responden a:
A) Tipos de topónimos segundo o seu significado
B) Tipos de topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe

POLO SEU SIGNIFICADO
A) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo ao significado, usaremos a seguinte tipoloxía:

Oronimia ou orotopónimos: Referidos a xeografía ou forma do terreo (As Pedreiras, Arealonga, Penizas, Cantodarea, Mogor, Chan do Monte, O Montecelo, Seixo, O Tombo…)

Hidronimia ou hidrotopónimos: relacionados coa auga (Fonfría, A Lagoa, As Regueiras, Sar…)

Fitonimia ou fitotopónimos: relacionados coa vexetación (O Carballal, O Cerqueiro, O Fragueiro, O Loureiro, O Souto, O Toxal, O Xestal…)

Zoonimia ou zootopónimos: relacionados con animais (O Cabalón, O Chirléu, O Formigoso, A Moscosa, Niñada, A Toupeira…)

Antrotopónimos (etnotopónimos): Derivados de nomes de persoas, xentilicios ( Ardán, Novexil, Omil, Pidre, Marín, Mimáns, O Rial…)

Haxiotopónimos: Relacionados coa relixión (San Xián, O Santo, As Cregas, Santomé…)

Outras categorías:
Situación e aspecto: Descrición do espazo (Asperela, Branco, Cabodavila, A Costa, Redondo…)

Agrícolas e servidume: Patrimonio, oficios e usos agrícolas ou poboacionais (Agrela, Batán, A Calzada, O Campo, A Corredoira, Currás, A Pastoriza, A Pesqueira…)

POLA SÚA ORIXE

B) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo á orixe ou etapa de nacemento, imos falar dos seguintes tipos de topónimos sen entrar a máis profundidades nesta tipoloxía realmente complexa e aberta a debates:
Topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe antes ou despois de Roma:
- PREROMANOS: Adoitan ser menos transparente o seu significado: Gagán, Mogor, Sar... son máis abundantes entre os orónimos ou hidrónimos.
- POSROMANOS: Son de significado máis evidente: Marín, Portocelo, O Peirao...


RECUPERANDO OS MICROTOpÖNIMOS DE MARÍN

Trátase dunha actividade para recuperar o maior número posible de microtopónimos de Marín.
1º Teremos que consultar nas nosas casas para que nos indiquen os nomes dos lugares máis próximos a nosa casa ou á residencia dalgún familiar (ou ambas cousas)
2º Localizar nun plano dun dos cadrantes do noso mapa blog sobre Toponimia de Marín os microtopónimos e escribilos con números ben visibles e logo engadir a listaxe colocando xunto a cada número o nome dos lugares recollidos.
3º Comezar a investigar sobre a orixe e significado dos topónimos recollidos.
Comentarios (0) - Categoría: TOPONIMIA - Publicado o 22-04-2021 07:03
# Ligazón permanente a este artigo
PARA UN DÍA DO TEATRO

EN QUE CONSISTE O TEATRO?


OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE
Comentarios (1) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 26-03-2021 07:08
# Ligazón permanente a este artigo
O Lobishome Romasanta


Romasanta, o lobo da xente máis coñecido de todos os tempos.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 25-03-2021 06:16
# Ligazón permanente a este artigo
CONTIDOS PARA 2ª AVALIACIÓN
UNIDADE 5
Os nomes das cousas: A casa (páx.106)
A parasíntese (páx.107)

A casa rural e un barrio na cidade.

Lingua e sociedade: As variedades da lingua.(páx.108)

Ortografía: Os signos de puntuación I (páx.109)

Gramática: Tipos de pronomes. Demostrativos e posesivos.(páx.110-111)

Literatura: A lírica I.(páx.114-115)

ROSALÍA DE CASTRO: Vida e obra.
Compromisos.
Rosalía e o mar.

Tradición oral: Os Lobishomes.(Na libreta)

UNIDADE 7:
Gramática: Pronomes persoais tónicos ( páx. 150-151)

UNIDADE 8:
Gramática: Pronomes persoais átonos(páx. 170-171) No blog

A colocación dos pronomes átonos e o seu uso.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2021 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Unha biografía de Rosalía á que engadirlle algo...



A nosa visita á Exposición: Rosalia e O Carril, seguro que che aportou algún dato máis sobre a nosa autora...


Rosalía, unha roseira sempre viva
Libre é o meu corazón, libre a miña alma

Solo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los grillos de la esclavitud.
Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas, como los árboles en el desierto y el pirata en la mar. Libre es mi corazón, libre mi alma, y libre mi pensamiento...
Lieders, 1857

OS COMPROMISOS DE ROSAlÍA nos seus textos:
Coa terra
Todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme, todo esto me atrevín a cantar pra desir unha vez siquera, ós que sin razón nin conocemento algún nos desprezan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias. Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.
Prólogo Cantares Gallegos

Cos seus
Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe os nosos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente do traballo no noso país. Vin e sentín as súas penas como si fosen miñas.
Prólogo Follas Novas


Coas mulleres

Mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as inumerables coitas das nosas mulleres.
A emigrazón i o Rei arrebátanlles de contino o amante, o irmán, o seu home . Soias o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol e sin axuda pra mal manterse, para manter ós seus fillos parecen condenadas a non atoparen nunca reposo se non na tomba.
Heroínas que viven e morren levando a cabo feitos marabillosos por sempre iñorados, pero cheos de milagres de amor e de abismos de perdón. Historias dinas de ser cantadas por mellores poetas do que eu son, e cuias santas harmonías deberan ser espresadas cunha soia nota e nunha soia corda, na corda do subrime, e na nota da delor. Anque sin forzas pra tanto, tentei algo deso, sobre todo no libro titulado As viudas dos vivos e as viudas dos mortos.
Prólogo Follas Novas

Coa lingua

Crerán algús que porque, como digo, tentei falar das cousas que se poden chamar homildes, é por que me esprico na nosa lengoa. Non é por eso. As multitudes dos nosos campos tardarán en ler estos versos, escritos a causa deles, pero só en certo modo pra eles. O que quixen foi falar unha vez máis das cousas da nosa terra, na nosa lengoa, e pagar en certo modo o aprecio e cariño que os Cantares Gallegos despertaron en algúns entusiastas. Aceptárono i, o que é máis, aceptárono contentos, e eu comprendín que desde ese momento quedaba obrigada a que non fose o primeiro i o último. Non era cousa de chamar as xentes á guerra e desertar da bandeira que eu mesma levantara.
Prólogo Follas Novas

Comentarios (1) - Categoría: VOZ DE MULLER - Publicado o 28-02-2021 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Comecemos por usar ben os pronomes persoais átonos

Utiliza o enlace para ver os cadros dos pronomes persoais e coñecer como se colocan os pronomes átonos en galego.

Poderás facer multitude de exercicios para aprender a usalos ben.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 23-02-2021 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
OS LOBOS E O ENTROIDO

Que relación garda o mes de febreiro cos lobos? Cal é o motivo que no Entroido galego apareza a figura do lobo?

Hoxe descubriremos como as Lupercales que celebraban os romanos ao deus da fertilidade pode coincidir nas súas raíces co tradicional Entroido de Galicia. Os romanos na antigüidade eran un pobo de pastores que temían ao lobo e de feito tiñan un deus denominado Luperco da fertilidade e dos rabaños, ao cal rendían culto no mes de febreiro dun xeito moi semellante ao que se segue a celebrar hoxe en día nalgunhas das zonas onde mellor se conserva o entroido tradicional de Galicia.

Falamos dos Peliqueiros de Laza ou dos Cigarróns de Verín que saen ás rúas cunhas máscaras moi particulares nas que debe haber unha fera pintada (un lobo habitualmente como animal totémico temido). Estas máscaras perseguen aos viandantes e danlles cos látegos mentres fan soar as chocas profusamente.

Este parecido indica que este tipo de ritual estaba estendido por toda Europa entre os pobos pastores. Lembrade que Galicia, unha terra de montes, ten aínda hoxe unha actividae pastoril moi notable.

Apuntamentos:

A palabra ENTROIDO que significa?

Que significa a palabra Carnaval?

O noso entroido un dos dez máis orixinais do mundo
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 10-02-2021 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
TOPONIMIA DE MARÍN (I): ONDE VIVO EU?

ONDE VIVO EU?

Imos traballar coa Toponimia. Os nomes dos lugares, cos que nomeamos o territorio.

Que significa esta palabra que vén do grego?

τόπος (tópos, «lugar») e ὄνομα (ónoma, «nome»)

Pois has de saber que Galicia conserva máis de 2.000000 de topónimos, un patrimonio enorme a conservar.

O obxectivo logo será contribuír ao coñecemento, difusión e conservación deste gran legado, parte do noso patrimonio, un tesouro por descubrir.

Imos comezar por entender que hai dous tipos de topónimos:
- Macrotopónimos:Nomes de concellos, por exemplo.
- Microtopónimos:nomes de fontes, leiras...

Logo Galicia ou o nome das Provincias nas que se divide son macrotopónimos.

Tamén sabemos que as provincias podemos dividilas en concellos.

Pero os concellos podemos dividilos á vez en parroquias:

- Que é unha parroquia? Bótalle un ollo a división por parroquias do concello de Marín.Trátase dunha división do territorio moi antiga entre política e relixiosa, por iso a cada parroquia se adscribe unha advocación dun santo ou da virxe (data do século VI no que Teodomiro un rei suevo da Gallaecia fixo o Parroquiale Sueborum).

A palabra parroquia tamén ten que ver co grego:parochia paroikesis "veciñanza"

de παρά (para: arredor de) e οἶκος (oicos:casa)

ACTIVIDADES A REALIZAR:

1- En que concello vivo eu?
2- En que parroquia está a miña casa?

3- As parroquias tamén se dividen en lugares. Imos ver un exemplo de un lugar. O nose colexio está no concello de Marín, na parroquia de Morgor e no lugar de Chan do Monte.
Averigua como se chama o lugar onde está situada a túa casa, non a rúa, o lugar.

4- Logo procura coñecer ata 10 lugares máis colindantes, que estean arredor do lugar onde ti vives.

(CONTINUARÁ)
Comentarios (0) - Categoría: TOPONIMIA - Publicado o 09-02-2021 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
MEMORIAS DUN NENO LABREGO (LECTURA)

Imos realizar a lectura dun clásico. Comezamos lendo o 1º capítulo na aula para explicar algunha cuestións relativas ao vocabulario deste libro que debemos coidar e traballar como indicamos no seguinte enlace: COMO IMOS LER ESTE LIBRO?

O prazo de lectura será ata o día 25 de febreiro, día no que realizaremos unha proba de lectura na que haberá que presentar os resumos de cada capítulo, feitos a man.
Comentarios (1) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 01-02-2021 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [40]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0