|
|
|
Do Latín o Galego |
|
A transformación do latín o galego produciuse de maneira progresiva e imperceptible. É imposible dar unha data exacta desde a que o latín é galego. No século VIII a lingua da igrexa e da administración era tan distante da falada que hai dous sistemas diferentes: o latín e o galego. Nembargantes non aparecerán textos escritos en galego ata finais do século XII, xa que o latín continuaba a ser a lingua da cultura, dos documentos legais, da liturxia e do ensino, non só na Gallaecia romana, senón en toda a Europa medieval.
O documento literario máis antigo dos coñecidos hoxe é a cantiga satírica Ora faz ost'o senhor de Navarra de Joam Soares de Paiva, escrita cara ao ano 1200. Dos comezos do século XIII datan os primeiros documentos non literarios en galego, Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso III de Portugal (1214). Recentemente foi achado o documento mais antigo escrito na Galiza, o cal data do ano 1228. Trátase do Foro do bõ burgo de Castro Caldelas outorgado por Afonso IX en Abril do dito ano ao municipio de Allariz. O mais antigo documento latino-galego-portugués, encontrado en Portugal, é chamado de Doação à Igreja de Sozello, encóntrase no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, e é datado do ano de 870 d.C.
Galicia constitúe xa desde o século VIII unha unidade política cos reinos de Asturias e León; malia esta situación, chega a acadar unha certa autonomía que lle permitiu conformarse como reino independente en determinados momentos dos séculos X, XI e XII. Neste contexto o galego é a lingua exclusiva no uso oral, cunha competencia minguante do latín na escrita. Ha ser a presión deste monolingüísmo oral o que leve no século XIII a unha situación de cooficialidade entre o galego e o latín nos documentos notariais, bandos, preitos, etc., aínda que o latín segue a posuír o estatus de lingua universal de cultura
Alejandro Morenza Pérez |
|
|
|
O refraneiro |
|
"Ca muller e o diñeiro non xogues compañeiro"
"As bodas con foguetes sempre acaban a cachetes"
"Hasta o 40 de maio non quites o saio"
"Por San Xoan a sardiña molla o pan"
"O comer e o rañar, éche cousa de empezar"
"A auga de correr e a xente de falar, non se pode privar."
"Boa roupa e boa vida fan a vella garrida"
"Brais, lávate e comerás; despois de lavado non comerás bocado."
"Sogra, nora, can e gato non comen ben nun mesmo prato."
"Hai que saber disimular o que non se pode remediar."
"Para dicir mentiras e comer pescado, hai que ter moito coidado."
Miguel Q. P.
|
|
|
|
|
|
A BILLARDA
A billarda ou estornela (tamén chamado tala ou toña; lipilape en Marín) son as denominacións dun dos xogos máis coñecidos e populares dos que se facían (e aínda se fan) e é un deporte típico de Galicia. Que consiste en que cun pau (marro ou palán, darlle a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posibel. As regras deste xogo son zonais, polo que é dificil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras.
CLASIFICACIÓN DA LIGA DE BILLARDA
CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS:
BILLARDEIROS MUSICAIS _______ 139 puntos
REMOURELLE BULLS____________ 133 puntos
CORNERÍA TEAM_______________ 115 puntos
SPORTING_____________________ 101 puntos
EKIPA SAFARI_________________ 92 puntos
OS BÍTERE___________________ 92 puntos
FANECAS BRAVAS_______________ 91 puntos
PIRATAS DA BILLARDA___________ 73 puntos
TRONOS DO MASMA_____________ 68 puntos
FEITO POR: DARÍO E REY
|
|
|
|
Parque Nacional das Illas Atlánticas |
|
 Informe dos espazos naturais galegos
-Parque Nacional das Illas atlánticas:Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
Fauna e flora:
Fauna:
-Gaivota ?arxéntea?
-Cormorán moñudo
-Outros: Alcatraz, Percebe, Boi, Nécora, Polbo, Ameixa
Flora:
-Toxo
-Xaras
-Endrinos
-Outros: Piñeiro marítimo, eucalipto, CAMARIÑA (moi escasa)
LUGARES INTERESANTES DAS ILLAS:
-Ons: Burato do Inferno, A Laxe do Crego e as fermosas praias, etc.
-Cíes: Sistema Dunar Figueiras-Mixueiro, o observatorio de aves e as praias, etc.
-Sálvora: O Faro da illa.
-Cortegada: Bosque de Laurel.
PESQUEIRA RECAMÁN,Alberto |
|
|
|
A historia de María soliña |
|
MARÍA SOLIÑA
Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas (Pontevedra) foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta "bruxería". Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores.
A "caza de bruxas" estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617. A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case exclusivamente por membros deste grupo social, foi un eficaz medio para logra-lo seu propósito.
Escudo de la Inquisición
O obxectivo primordial era arrebatar a certas persoas os seus "dereitos de presentación" en capelas e freguesías. Consistía este dereito en que os sucesores do fundador dunha igrexa podían propoñer ó seu titular cando quedase vacante, e á súa vez participar dos beneficios que aquela xerase.
Para disimular o seu reprobable propósito, mesturaron algunas que si os posuían con outras que eran "pobres de solemnidade". Moitas delas atopábanse totalmente desamparadas, por ter quedado viúvas tralos tristes sucesos de 1617.
Este foi o caso da máis famosa das supostas "meigas" de Cangas, ou polo menos a que máis trascendeu do seu tempo, inmortalizada en cantares como o que di:
?polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía
ai que soliña quedaches
María, María Soliña"
Esta cantiga parece indicarnos que as xentes a lembraron, maís que como maléfica e perniciosa bruxa, como unha pobre e desgraciadísima muller, reflexo de tódolos sufrimentos do pobo.
María Soliña, posuidora de dereitos de presentación en Aldán e Moaña, entrou nos cárceres secretos da Inquisición no 1621. Todo o proceso foi dirixido a demostrar que esta inofensiva muller gozaba de poderes demoníacos, capaces de provocar incontables males, e que entregara a súa alma ó diaño. Pero foron as propias confesións de María Soliña, provocadas polo suplicio, as que chegaron a rozar o paroxismo. Asegurou ser bruxa dende había máis de 20 anos, e ter tido actos nefandos co demo durante longo tempo, o cal se lle aparecía en forma de home.
E mentres isto declaraba, María Soliña suplicaba clemencia ó Tribunal e proclamaba o seu arrepentimento, pois aseguraba que xamais renegara de corazón de Noso Señor, senón só de palabra. Todo isto revela a desesperación anímica desta muller, como consecuencia dunha terrible tortura física e psicolóxica. O 23 de xaneiro de 1622 chegou por fin a sentencia.
Foi condenada cunha confiscación de bens, debendo portar o hábito penitencial durante medio ano. Non sabemos se chegou a cumprir toda a pena, pois probablemente a súa vida non durou moito máis. As secuelas físicas do tormento non podían deixar de notarse nunha muller de 70 anos de idade. A súa acta de defunción non foi atopada aínda. Tal vez algún día descubramos onde repousan os seus castigados restos.
Outras moitas "bruxas" foron xulgadas durante estes anos. Mulleres como Catalina de la Iglesia, que confesou ter matado a cinco criaturas. Ou como Elvira Martínez, Teresa Pérez, María dos Santos, estas pobres infelices merecen o respeto dos heroes anónimos dun pobo que houbo de sufrir, estoicamente, os abusos e a avaricia infame dus poucos. Tal vez próximas investigacións aporten nova luz sobre as súas vidas, pero a memoria colectiva as lembrará non como meigas, senón como o que realmente foron, persoas de carne e óso, con tódalas súas miserias e grandezas.
Adrián Márquez Bernárdez
|
|
|
|
Os avisos que nos dan os animais ( CURIOSIDADES) |
|
 O reino animal parece estar especialmente dotado para coñecer o tempo que se aproxima.
-As formigas establecen rutas cara os seus formigueiros cada vez máis en liña recta conforme empeora o tempo.
-As ras croan de forma insistente cando a chuvia se aproxima e, sen embargo, este son baixa de intensidade coa chegada do bo tempo.
-As anduriñas comúns seguen a isoterma de 9ºC nos seus desprazamentos.
-As gaivotas advirten da presenza de mal tempo no mar cando nos seus vos se adentran cara terra firme.
-O chirrido dun grilo permite coñecer a temperatura reinante; contando o número de chirridos emitidos polo animal nun minuto, dividindo esta cantidade entre cinco e sumándolle seis obtemos a cifra desexada.
-Un antigo refrán arxentino indica
que: "Golfiños que moito saltan, vento traen e calma espantan"
Miguel Q. P. |
|
|
|
|
|
MATEMÁTICAS - MATEMÁTICOS
Ola. Nace esta categoría dentro do blog para facer algo máis que exercicios e problemas. Espero que coloquedes aquí anécdotas, acontecementos, curiosidades... das matemáticas.
Como estamos vendo a PITÁGORAS, emprázovos a que faledes del para coñecelo mellor. |
|
|
|
|
|
|
|