Comezamos este apartado lírico da Unidade 0 cun tema para volver a vista atrás, de Uxió Novoneyra o autor que o curso pasado celebramos no Día das Letras Galegas, imos ver este traballo que circula pola rede:
A defensa da lingua propia non converte as alleas en inimigas porque o respecto que demandamos para a nosa convértenos en respectuosos e solidarios con todas as demais; ao cabo, a palabra é a produción máis especificamente humana, e mal se pode ser respectuoso co home sen selo coa lingua que fala.
Velaí, logo, que a tolerancia debe ser emblema dos loitadores pola dignificación da lingua, e nunca deben facer súas as actitudes de desprezo das que outros fan uso. Tolerantes, que non febles, nesa loita esperanzada pola dignificación da nosa lingua, é dicir, pola nosa dignificación. Orgullos@s e conscientes da nosa diferenza, esa que nos fai orixinais ante o mundo.
IGUAIS en dignidade, DiFeReNTeS en cultura,
FALAMOS GALEGO!
Lectura:
DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nen saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
CELSO EMILIO FERREIRO,
Longa noite de pedra.1963
Audición: (Este poema tamén podes escoitalo en versión recente de García MC)
UXÍO NOVONEYRA: POETA DO COUREL, POETA DE COMPOSTELA, POETA DO MUNDO.
Uxío Novoneyra(1930-1999) é o poeta do Courel, mais tamén de Compostela, é dicir de Galicia. Esta duplicidade faino poeta do rural e da paisaxe, pero tamén poeta social e urbano, cunha tendencia ineludible cara ao universal, pois como o camiño a Compostela, o poeta síntese no camiño do humanidade, poeta social por compromiso coa lingua propia, co home, coa liberdade.
COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home? Os Eidos.
2- Poeta consagrado: Os EIDOS e a poesía da
metapaisaxe.
Novoneyra, é un poeta que se recrea unha e outra vez no seu primeiro libro: Os Eidos (1955). Un poeta que fala da terra, da paisaxe, da natureza e do home fronte a ela. Flora, Fauna, topónimos da serra, os nomes dos cumes e das paraxes, das fontes e das aldeas.
Novoneyra foi un poeta que nos anos 50 será considerado un poeta dos clásicos, e con 25 anos foi consagrado e coñecido en todo os ámbitos culturais, e impulsado pola Editorial Galaxia que dirixía, como modelo de poetas que non viviron a guerra e falan de Galicia da súa terra a través da paisaxe capaz de reflictir os seus sentimentos, que son a confirmación da renovación da literatura galega tras da guerra civil do 36 e en plena ditadura de Franco.
3- Poeta social: Do COUREL a COMPOSTELA.
O compromiso social de Novoneyra co pobo galego é froito da realidade
sociocultural de Galicia que viviu o autor. O poeta, fillo de labregos,
nace en 1930 e, polo tanto, de neno viviu a Guerra Civil e a represión
tras a ditadura. Esta vivencia reflíctese nunha das súas máis grandes
obras, a chamada Letanía de Galicia. Esta obra está escrita para ser recitada
como unha ladaíña ou un rosario pola Galicia oprimida polo franquismo. Unha vez máis, temos unha das
características da poesía de Novoneyra, que é que moitas veces debe
ser representada ou mesmo cantada.
A década dos 50 supón un afianzamento da palabra como arma contra
as inxustizas sociais. Aires de solidariedade cos que sofren percorren
as páxinas poéticas en galego. Porén, a nosa literatura vence
o seu primixenio carácter localista con respecto á poesía de denuncia.
Os autores de mediados do século XX deseñan un discurso
máis universal e, sen deixar de lado os problemas especificamente
galegos, serán voceiros tamén da dor doutros pobos que sofren a
opresión imperialista e capitalista. Novoneyra non queda á marxe
destas preocupacións e préstalles a súa voz aos oprimidos deste
mundo. A súa denuncia recolle a indignación ante o masacre norteamericano
en Vietnam ou a preocupación xeral diante do golpe
de estado en Chile.
Uxío viviu estas experiencias dende unha perspectiva antiimperialista e
creou as composicións ?Pranto polo Ché? e o máis famoso ?Vietnam canto?.
O maior conflito acontecido neste período da Guerra Fría seguramente
sexa a chamada guerra do Vietnam, entre o Vietnam do sur, apoiado por
EEUU, e o Vietnam do norte, comunista e apoiado pola URSS. Os EEUU usaron
unha forza desmesurada para tratar de dobregar o inimigo, pero non
puideron facelo e abandonaron a contenda definitivamente no ano 1975.
Procura o texto do poema: Vietnam canto para despois de lelo indicar que é o que máis te chama a atención deste poema.
4- Poeta da Fala oriental. O compromiso coa Lingua.
Uxío Novoneyra foi un home moi comprometido coa realidade galega,
?verbo verdadeiro que fala o pueblo?, e un personaxe singular que non
deixou indiferente a ninguén.
Dende a Asociación de Escritores en Lingua Galega, promoveu a defensa
do idioma, como signo de identidade e de orgullo, fronte ao rexeitamento
que xeraba o galego durante a ditadura, como lingua de clase baixa:
?Lingua que rexeitaron os meus pais?
A mediados do século XX, se un escritor optaba por expresarse en galego
estaba adquirindo un compromiso tinguido de todo tipo de matices
ideolóxicos.
Un compromiso cunha lingua totalmente relegada de usos públicos,
oficiais e relevantes; unha lingua que soportaba todo tipo de estigmas,
tópicos degradantes e, incluso, desprezos; unha lingua asociada ás clases
populares, obreiras e rurais; e, tamén, unha lingua de oposición manifesta
ao poder establecido.
Por iso, expresarse en galego xa supuña un posicionamento social en si
mesmo, á parte dun sinal de autoafirmación galeguista, así como de reivindicación
da propia identidade como pobo.
A súa linguaxe poética reproduce a fértil variante dialectal courelá, onde
a natureza sobrevive en eclosión estacionaria permanente e desde un compromiso inequívoco coa lingua galega, que define como ?o único
sitio onde seguen vivos os antepasados?
5- Poeta existencial.
Así mesmo, en Os Eidos móstrasenos unha natureza que envolve o home ata convertelo en algo pequeno, insignificante, que é transcendido pola inmensidade da Paisaxe.Ese home é ?o camiñante que pasa?, consciente das súas limitacións e do
seu carácter efémero, mortal, finito do ser humano. Esta característica fai que o home que
retrata Novoneyra exprese as súas dúbidas existenciais por medio de interrogacións
que quedan no aire, sen resposta... ?¡El pra onde vou??.
Ao mesmo tempo, no seu conflito interno entre o SER e o NON SER, o home
aférrase con forza ás súas esperanzas transcendentais: ?Teimo algo que
desminta a seguranza de que todo está perdido?
Novoneyra propón certas actitudes do home diante do seu tráxico destino:
- INCONFORMISMO: ?Non podo non ser nin ser así?.
- INSEGURIDADE: ?Non temos nada que non se perda doadamente?.
- RESIGNACIÓN: ?Nada foxe ao final certo?.
O home, en definitiva, na poesía de Novoneyra é un ser ferido pola constante
presenza da morte; unha morte que se enfoca nalgún caso como a
ausencia dun futuro cara ao cal avanzar, coma un inquietante estado de
estatismo perpetuo: ?Morrer é ficar morto?.
6- Poesía intimista.
No intimismo, a través de formas de expresión líricas subxectiva e persoal, o eu
poético interrógase sobre o amor e a súa
problemática. Son as reflexións dun ser sobre o mundo e incluso a proximidade
á dor e á aflición que nacen da soidade, da morte.
O libro de Muller pro lonxe, dedicado a súa muller Elba, é no que mellor se percibe esta temática.
O intimismo en Novoneyra nace da súa vivencia telúrica no Courel, alí no
medio do monte elabora a súa visión propia da vida, do home e da natureza,
o que lle confire á súa obra unha dimensión, que a fai inseparable en
moitos casos, entre intimismo, poesía da terra e existencialismo.
7- Poeta innovador e outras producións.
Novoneyra soubo incorporar un gran número de recursos
innovadores que floreceran nas diferentes correntes de comezos
do século XX.
Sen deixar a un lado o marcado carácter popular, vivencial
ou comprometido, Novoneyra foi capaz de potenciar a súa mensaxe
e de suscitar diversas emocións xogando co significante, coa forma dos poemas, por medio
das técnicas vangardistas máis eficaces ao respecto:
Novoneyra consegue, polo tanto, un uso moi significativo das maiúsculas,
dos espazos en branco, da separación entre letras ou do emprego de
diferentes tipografías.
O emprego da caligrafía dálle a súa poesía unha beleza visual
que logra, deste xeito, para moitos dos seus poemas.
Incluso atopamos influxos neotrobadorescos, por medio dos cales o poeta retoma recursos coma o paralelismo, o leixaprén e o refrán para lle
outorgar á súa creación poética un marcado ritmo popular ao máis puro
estilo das cantigas de amigo medievais.
A obra literaria de Uxío comprende dende a poesía visual e os caligramas,
ata obras de temática intimista, coma Muller pra lonxe, ou
existencialista, presente en case toda a súa produción. Asemade, na
súa obra están sempre presentes os xogos de palabras e o fonosimbolismo.
8- O camiño do soños do poeta.
Dicía Novoneyra:
? Grande é a soidade e por iso tamén grande é a tentación de pecharse a soñar. Ou de abrirse a soñar. E máis cando toda a segunda infancia, toda a adolescencia, toda a mocidade, ? as sete mocidades?, quedaron inscritas na Ditadura?
Xa está dito que soñar é crear. Máis cómpre reasumilo. Soñar é descubrir posibilidades certas. Case sempre soñamos posibles necesarios. Case nunca soñamos imposibles, aínda que só sexa por esa discreción que nos impón a Historia.
Posibles necesarios e difíciles. Difíciles só porque están en choque con intereses creados e coa simple inercia?
Un poeta pouco máis precisa se o alenta a plenitude interior. Se está ben asistido pola memoria individual, pola memoria colectiva, pola memoria profunda, polo soño do futuro, pola potencia da mocidade.
Os poetas gozamos e sufrimos dunha incurable mocidade. E máis se, por riba de todo iso, un ten un nó, o problema de pertencer a un pobo sen estado de patria-lingua ameazada. Entonces si que xa se xustifica toda a desmesura no soño e na renuncia por transformar o Mundo e salvar o Seu Común, o Noso Común.
Amais de estar posuído polo soño da plenitude humana e da liberdade, polo soño de cambiar o Mundo, un está secuestrado pola patria. E isto si que o pon en forte punto. E máis por tratarse dun poeta que é o ser máis dependente da propia Lingua.?
Un dos máis coñecidos casos que mesmo foi obxecto de recreacións literarias ( novelas) e de películas (como a que protagonizou en 1970 J.L. López Vázquez baixo o título "O bosque do lobo")é o do lobishome Romasanta, podedes ler esta entrada na Galipedia e logo podedes ver este vídeo:
Mesmo este verán pasado atopábanse referencias ao seu caso na prensa galega, por exemplo, na Voz de Galicia o 21 de xuño de 2009 onde podes ler a noticia ou nesta outra información da páxina Ourense dixital onde se pode apreciar a outra cara da nova.
Despois de ver isto e de recollida a información redactar un bo resumo, a modo de crónica, é dicir, na que podedes incluír a vosa opinión, da historia de Manuel Blanco Romasanta.
Para contribuír na redacción " a miña nai , unha muller traballadora" imos deixar aquí un vídeo do poema Xan de Rosalía de Castro lido xa na clase.
Queda tamén aquí o texto de Rosalía enteiro:
Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por auga,
e vaa á misa cos nenos,
e fai o leito io caldo.
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos qu'a cada muller
lle conviña un polo menos,
pero cand'un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.
Pepa, a afertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentres seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátall'as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalle millo ás galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira s'hai ovos no niño,
bota un ollo ós mazanceiros
e lambe a nata do leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, qu'agachado
traillo embaixo do mantelo.
E cando Xan pola noite
chega cansado e famento,
ela x'o espera entr'as mantas,
e ó velo entrar dille quedo:
-Por Dios non barulles moito,
que m'estou mesmo morrendo.
-¿Pois que tes, ña mulleriña?
-¿Que hei de ter? Deita eses nenos,
qu'esta madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do simiterio...
-Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio qu'aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentres os meniños deito.
De bágoas s'enchen os ollos
de Xan ó ver tales feitos;
mas non temás, qu'antre mil
n'hai máis qu'un anxo antr'os demos;
n'hai máis qu'un atormentado
antre mil que dan tormentos.
Por se non o sabíades o noso Entroido está catalogado entre os dez máis orixinais do mundo. É ou non é importante estar a ben coa nosa cultura e aportar así ao patrimonio da humanidade a nosa forma de contemplar o universo? Podedes consultar o léxico do Entroido e un especial Vieiros da escola sobre o Entroido de Ourense.
Un traballo de solidariedade e Paz. GALICIA-SAHARA
1-Investiga sobre o Sahara, cal é a orixe deste pobo, porque é un pobo con problemas, que é o Fronte Polisario, cal é a situación actual dos campos de refuxiados, como é a vida no deserto(25-30 liñas) podes consultar entre outras a entrada Sáhara Occidental na Galiedia: na rede:
Incorpora ao traballo: Unha ilustración (mapa de situación), (mapa conceptual) e un artigo de opinión.
2- Despois de ver a Exposición GALICIA?SAHARA, creada por Pelu Vidal de AGARESO, unha ONG de Reporteiros Solidarios, realiza a descrición dunha parella de fotografías da Exposición: Incorpora os pés de foto como introdución para as túas descricións que deben non ser inferiores ás 10 liñas por cada fotografía. Nestas descricións, ao emparellalas, debes procurar unha detallada descrición das persoas, obxectos e espazos pensando nos contrastes entre elas.
3- Sabías que hai moitos libros de literatura sobre o Sáhara. Por exemplo, o famoso libro O Principiño onde narrador é un aviador que durante un voo ten unha avaría no motor. Para arranxalo párase no deserto do Sáhara. Para el é unha cuestión de vida ou morte. Á mañanciña do seguinte día o aviador é sorprendido por unha pequena voz que lle demandaba ?Por favor... píntame un año!?.
Procura agora ti un texto literario sobre o Sáhara. Podes consultar libros como Smara, unha viaxe marabillosa dun neno ao deserto do Sáhara.
4- A presentación do traballo debe ter o mesmo formato para logo facer unha exposición posteriormente na Biblioteca de Secundaria: unha carpeta que inclúa tres folios ou catro cos contidos do traballo (incluíndo a bibliografía utilizada).
Aquí deixamos o vídeo resumo do traballo de fotografía de Pelu Vidal da Exposición que viches no colexio. No blog da Biblioteca de Secundaria poderás ver outros vídeos, entre eles un sobre a historia do Sáhara.
NADAL DE LUINTRA ( amarelo)
Sae María ?ocupada? chama por Xosé
Acariñan
Andan cara unha pousada
Chaman/ Chaman outra vez.
Xurxo: -Quen chama?
-Xosé e María
Xurxo: -Se traen diñeiro si, se non que se vaian
- Cartos non traemos , Un real de prata.
Xurxo: Poucos cartos marchen?
MARCHAN APéNASE XOSÉ e María o Consolaba dille:
- Que máis queres que o que me acompaña?
MARCHAN POLOS CABALOS?. Camiñan ( de amarelo, laranxa a azul) (2 veces e saen)
*Apagón
ESTA NOITE DE ALEGRÍA ( lento e azul)
Pasa coa estrela co piano o anxo de Élida?
Cando comeza a cantar María sae doída, pero contenta ?ocupada, será esta noite.
Sae Xosé acariñan
Camiñando lento
Portal vello (busca unha cadeira Xosé; María queda doéndose no centro e alegría (senta ela na cadeira e el no chan)
- Deitate Xosé se estás cansado
en chegar á hora heite de avisar.
Xosé vaise deitando e María na parte máis lenta prepara o nacemento
*branco vén a estrela e o neno? coa voz ? Esta noite si que é noite??
- Levanta Xosé que naceu un neno, palla e herba?.
Collen en brazos e logo ela senta con moita lentitude e Xosé logo pasa e se axeonlla diante dela e erguen o neno cara o final volve ao colo de María como adurmiñando ao neno vanse e entra a estrela. De novo apagón.
ANO NOVO (branco)
Entra unha pastora soa, entran de cadanseu lado pastor/a 2 e pastor/a 3
De oriente tres Reises, preguntan ás pastoras?.
Contestan elas?
E de capitana levan unha estrela?. Vai pasando , vai pasando? marchan?
Saen de novo perdidos onde está a estrela? Pola esquerda, pola dereita? saen outra vez por onde entran?
Entran Xosé e María e se colocan? veñen os reis e entregan agasallos, e marchan?.
Entran as pastoras e se axeonllan e dan bicos ao neno?
Érguense e bailan para deixar entrar aos pastores que tamén se axeonllan e pouco a pouco marchan?. Quedan Xosé e María co neno ?