narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ENTREGA DOS NOVOS CARNÉS DA BIBLIOTECA
Paroveita para ao retirar o teu novo carné coller un libro da Biblioteca de Secundaria para estas vacacións:

IMPLICADOS NO DESENVOL.O son das buguinas. Xerais.
CASTRO, Francisco. O ceo dos afogados. Xerais.
JAUREGUÍZAR. Plastilina nos pulmóns. Tambre.

FARIÑA, Anxo. Os megatoxos e a espada esmeralda. Promocións culturais galegas
RIVADULLA CORCÓN, X. H. Os piratas da Illa de esperanza. Xerais
MARTÍN, Paco. Das novas cousas de Ramón Lamote. Galaxia.

Boa lectura!
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 14-04-2011 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA DOS NOSOS AVÓS
Par comezar un tema musical do último traballo de ROI CASAL, que nos lembra que a nosa lingua era a dos nosos avós:



Imos investigar cal era a lingua dos nosos antepasadosmáis próximos, os noso bisavós, os seus fillos que son os noos avós e os nosos pais.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-03-2011 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
DO LOBO ao LOBISHOME



Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 21-02-2011 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
PALABRAS POLA PAZ
Unha iniciativa sinxela e participativa para a Semana da Paz.Propoñemos para os cursos de 1º da ESO.

PALABRAS POLA PAZ

Vexamos un exemplo de como podemos facer neste blog do CEIP RECIMIL.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-01-2011 08:23
# Ligazón permanente a este artigo
O galego na prensa
Estamos a traballar coa prensa diaria, cos xornais e imos aprender do que os propios xornalistas fan a diario.
Deixamos aquí dous enlaces para que poidades acceder a GALICIA HOXE e tamén ao XORNAL DE GALICIA
Debedes saber que nas súas versións dixitais algúns xornais ao contrario no que se produce coa edición na rúa que sóa aparece en castelán, pode consultarse en galego se o seu lector escolle esa versión dende a súa casa, ese é o caso da VOZ DE GALICIA (EN GALEGO).Existen outras publicacións con aspecto de xornais como A COMARCA no Morrazo que non teññen versión dixital, pero que están editadas tamén en galego.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 20-01-2011 07:09
# Ligazón permanente a este artigo
CAMIÑO LONGO:
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-12-2010 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS 2010-2011
Este ano participaremos os alumnos/as de 1ºda ESO no Premio Frei Martín Sarmiento convocado polos EDLG da FEREGA que consiste en ler unha serie de libros e logo puntuar como xurado o que máis nos gustou.

Os títulos son os que seguen:

4ª categoría:alumnos/as de 1º de ESO

CAMPO, MARICA; E Xoel aprendeu a voar; Ed.
Obradoiro.
Xoel é un neno abúlico, que leva unha vida pasiva e sedentaria. Prefire mil veces estar diante do ordenador ca ir xogar cos amigos. Seus pais prevén a posibilidade de mandalo a un ximnasio, mais a Xoel parécelle innecesaria toda actividade que requira un mínimo esforzo. A súa vida cambiará dunha maneira progresiva na obra.

CASTRO FRANCISCO; Chamádeme Simbad; Ed. Galaxia.
O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.

LEMA, RAFAEL; O tesouro da corsaria; Ed. Tambre
?O tesouro da corsaria? é a parte final dunha triloxía de aventuras mariñas protagonizadas polo corsario de Camariñas da época napoleónica Ambrosio Álvarez Pardiñas, persoeiro real dono do bergantín La Constancia de Galicia con base en Veracruz, tras a publicación de Capitán Araña e Crónicas Corsarias. Nesta ocasión, o capitán Pardiñas xúntase cunha muller pirata apátrida, de orixe galego-catalán, Sofía Rivas alias A Catalana, para iren polo tesouro dunha famosa pirata, Anne Bonney, nas costas de Norteamérica. Nesta xeira sufrirán batallas mariñas, asaltos, naufraxios, ciclóns, a traición, e veranse envoltos en escuras tramas políticas e relixiosas nun mundo envolto nas guerras napoleónicas no ano 1805, o ano de Trafalgar e da batalla de Fisterra, e no agromar dos movementos independentistas americanos.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 08-11-2010 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
QUEN VÉN SENDO O AVÓ DO GALEGO?

Comeza o curso 2010-2011, o noso lema "Respecto á diferenza, dereito á identidade" vainos levar durante este curso polo camiño da tolerancia á diferenza, esa que non impida a nosa afirmación orixinal no universo, que reclame o noso dereito a ser diferentes e a non estragar a nosa cultura, a nosa peculiar forma de ver o mundo.

Unhas palabras tiradas do comunicado da Federación Internacional de Tradutores no Día Internacional da Tradución (30 de setembro)vén moi a conto:
" O noso planeta é rico na diversidade lingüística. As aproximadamente seis a sete mil linguas faladas en todo o mundo son o depósito da nosa memoria colectiva e o patrimonio intanxible. Pero a diversidade lingüística e cultural que ofrecen está baixo a ameaza: o 96% destas linguas son faladas por só o 4% da poboación mundial e centos de elas axiña se perderán para sempre.

A UNESCO e as Nacións Unidas pediron aos seus Estados Membros apoiar e protexer a variedade de linguas que se falan polos pobos do mundo. A Declaración Universal da UNESCO sobre a Diversidade Cultural, adoptada en 2001, establece que "a diversidade é tan necesaria para a humanidade como a biodiversidade para a natureza". O seu exdirector, Federico Mayor Zaragoza, dixo: "Se perdemos a diversidade cultural, perdemos a maior riqueza que temos".

Por iso o noso traballo durante este curso cremos que debe encamiñarse na procura de preservar o espazo do galego, ese que debe ocupar Galicia no mundo.

CUESTIÓNS:

1- O AVÓ DO GALEGO, quen vén sendo?
O galego, coma a maioría das linguas de Europa e un bo número das de Asia, deriva do indoeuropeo, podemos dicir que é o seu avó ou avoa.

1.1 Cuestión: Procura unha boa definición do indoeuropeo e representa unha árbore xenealóxica ou esquema de todas das 12 grupos ou familias fillas do antigo indoeuropeo (podes informarte nesta dirección: http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_indoeuropeas) de todos os xeitos a lista de grupos que debe aparecer é : Albanés, Anatolio, Ilirio ( paleo-balcánico), Grego, Celta, Tocario, Báltico-Eslavo, Itálico, Xermánico, Indo-Iraní e Armenio, procura tamén poñer o nome de algunhas das linguas máis importantes de cada unha destas familias. Non esquezas de situar na árbore o galego indicando quen foi a súa lingua nai.

1.2 Cuestión: As cinco grandes familias de linguas no mundo son a indoeuropea, a sino-austrina(Asia oriental e oceanía), as camito-semitas, as africanas e as amerindias. Fai un pequeno esquema no que coloques un par de exemplos de linguas de cada familia, procura que sexan linguas o máis coñecidas posibles por todos os compañeir@S Podes informarte en : http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_do_mundo

1.3 Cuestión: Sitúa as linguas romances, románicas ou latinas nun mapa. Investiga tamén sobre cales son as linguas non indoeuropeas de Europa. Cal é a lingua non indoeuropea da nosa península?.Podes informarte en: http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_rom%C3%A1nicas.
http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%89uscaro


2- CALES PODEN SER AS CAUSA DA DESAPARICIÓN DAS LINGUAS E DA EXPANSIÓN DOUTRAS?

3- QUE SIGNIFICA QUE O GALEGO SEXA UNHA LINGUA ROMANCE?

4- SE NO MUNDO HAI 200 ESTADOS E SE FALAN MÁIS DE 6.000 LINGUAS, QUE PODEMOS DEDUCIR DESTES DATOS?
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 08-10-2010 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
EN OUTONO O MUNDO É DIFERENTE
CANTIGAS PARA UN OUTONO DIFERENTE

Comezamos este apartado lírico da Unidade 0 cun tema para volver a vista atrás, de Uxió Novoneyra o autor que o curso pasado celebramos no Día das Letras Galegas, imos ver este traballo que circula pola rede:

Comentarios (1) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 23-09-2010 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA O CURSO 2010-11: RESPECTO Á DIFERENZA, DEREITO Á IDENTIDADE

Limiar do curso 2010/11

UNIDADE 0

RESPECTO Á DIFERENZA, DEREITO Á IDENTIDADE

A defensa da lingua propia non converte as alleas en inimigas porque o respecto que demandamos para a nosa convértenos en respectuosos e solidarios con todas as demais; ao cabo, a palabra é a produción máis especificamente humana, e mal se pode ser respectuoso co home sen selo coa lingua que fala.

Velaí, logo, que a tolerancia debe ser emblema dos loitadores pola dignificación da lingua, e nunca deben facer súas as actitudes de desprezo das que outros fan uso. Tolerantes, que non febles, nesa loita esperanzada pola dignificación da nosa lingua, é dicir, pola nosa dignificación. Orgullos@s e conscientes da nosa diferenza, esa que nos fai orixinais ante o mundo.

IGUAIS en dignidade, DiFeReNTeS en cultura,
FALAMOS GALEGO!



Lectura:

DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nen saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

CELSO EMILIO FERREIRO,
Longa noite de pedra.1963


Audición: (Este poema tamén podes escoitalo en versión recente de García MC)

Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 20-09-2010 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0