narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS POBOS MÁIS ANTIGOS DE GALICIA, Tribos de SAEFES
Le atentamente este texto en latín e a súa tradución:

Ophiussa... primo Oestrymnis,
locos et arua Oestrymnicis habitantibus;
post multa serpens effugauit incolas,
uacuamque glaebam nominis fecit sui.


"Ofiusa... foi chamada, ao principio, Estrimnis, porque os estrímnicos poboaban as súas paraxes e cabos; despois, unha multitude de serpes fixo fuxir aos seus habitantes e deixou o territorio privado do seu nome."

Cempsi atque Saefes arduos collis habent
Ophiussae in agro. Propter hos pernix Lucis
Draganumque proles sub niuoso maxime
Septentrione conlocauerant laurem.


"Os cempsos e os saefes ocupan os abruptos cumios do territorio de Ofiusa. Cerca deles se estableceron o rápido luso e a prole dos draganos, en dirección cara o septentrión de abundantes neves".
Ora Maritima, Avieno

Avieno neste texto do século IV d.C. conta que os habitantes máis antigos de Galicia chamados Oestrimnios foron atacados o pobo dos Saefes (serpes ou dragóns) que algúns historiadores identifican coas tribos celtas que conforman a Cultura dos Castros. Poucos vestixios deixaron debido a posterior Romanización que trouxo outros costumes, crenzas e formas de vivir e organizarense a sociedade. Pero nas lendas como a do Santo Hadrián atopamos a un dos primeiros santos nestas terras acabando coas serpes das Illas Sisargas.

Non esquezamos que Ofiusa é o nome que recibe este territorio e que significa "pobo de serpes", os ofidios son a especie destes réptis, "ofis" é a palabra grega da que provén este nome.

Tamén os arqueólogos e especialistas na Cultura Castrexa chaman a nosa atención sobre a aparición de serpes esculpidas en pedra en distintos castros como o de Troña (Ponteareas) acompañados de lendas que se conservaron por tradición oral. Na ilustración a famosa Pedra da Serpe de Gondomil (Ponteceso), unha das máis coñecidas representacións de serpes-dragóns de orixe incerta e que posteriormente foi cristianizado como pode apreciarse pola cruz.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-01-2012 06:45
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre a lectura de Dragal
A primeira das lecturas que imos abordar neste curso coa intención de participar dun Encontro co autor e de paso participar na presente edición, na do 2012 do Premios Sarmiento que organizan os Equipos de Dinamización Lingüística das Escolas Católicas de Galicia é o libro de Elena Gallego titulado DRAGAL.

Propoñémonos facer desta lectura ademais unha reflexión práctica sobre os textos narrativos analizando a estrutura da novela e identificando en cadanseu capítulo os elementos da narración que presenta. Tamén seremos creativos e iremos realizando unha ilustración capítulo a capítulo. (A fotomontaxe que vedes aquí é unha proposta para o 1º capítulo)Promete ser unha lectura entretida e instrutiva.

Comezamos polo resumo ou ARGUMENTO desta historia de intriga e aventura, de amizade e fantasía.
Hadrián atópase na clase de matemáticas nos minutos nos que a profesora reparte os exames mentres que sen que ninguén se dea conta na aula, dende a fachada da vella igrexa de San Pedro que se atopa fronte do centro do ensino o Dragal observa a situación. Dona Ermidas, a profesora, entrégalle o exame a Hadrián que curiosamente sacou un 10. O dragón dende a cornixa chíscalle un ollo. E a profesora que estivera preocupada polo rapaz que veu trasladado despois da morte do seu pai dille ao final da clase anímao a que siga así apa atopar o seu camiño. Un camiño misterioso que Hadrián agora sabía que se abrira séculos atrás.

O NARRADOR neste capítulo é unha voz externa ao relato en terceira persoa. É un narrador omnisciente que coñece o pasado o que pensan os personaxes ( Hadrián ou Ermidas).

OS PERSONAXES: Parece haber un protagonista claro neste capítulo que é Hadrián e outro personaxe( se cadra o antagonista) misterioso denominado Dragal, aparecen os nomes de varios compañeiros de clase do rapaz: Mónica que parece coñecer a Hadrían porque ao final agarda por el, Miguel, Teresa, Antón? secundarios e tamén nun papel secundario , un tanto máis relevante que os anteriores neste capítulo, o de Dona Ermidas a profesora de matemáticas.

ESPAZO(s): a Aula que se atopa nun centro de ensino fronte a unha vella igrexa cuxa fachada vese dende a fiestra.

TEMPO(s): (Aquí debemos distinguir entre o tempo relatado (canto tempo se narra) e cómo se relata ese tempo e que chamamos o tempo do discurso. Este pode ser lineal se coincide co anterior ou descontinuo podendo ser mesmo unha retrospección (indo de adiante cara atrás).
O tempo relatado é o que podería durar aproximadamente unha sesión de clase de matemáticas na que se entregan uns exames.
O tempo do discurso que neste capítulo coincide co relatado porque é lineal comeza no principio e remata ao final da clase, aínda que hai referencias ao pasado de Hadrián e ao comezo do curso, non se chega a dar un salto a un tempo pasado, é unha pequena referencia.

MODOS DE DISCURSO (A autora pode escoller entre narración, descrición ou diálogo á hora de contar esta historia. Trátase de comentar en cada capítulo cal dos tres domina e cando se utiliza , se é que se usa calquera dos outros dous).

No 1º capítulo Dragal domina a narración de acontecementos, non hai descrición (unha liña describe o aspecto do exame de Hadrián) e o diálogo aparece cando dona Ermidas aos alumnos os exames e unha pequena conversa entre ela e o protagonista.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 17-12-2011 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURA DE DRAGAL PARA O PREMIO SARMIENTO
A primeira das lecturas que imos abordar neste curso coa intención de participar dun Encontro co autor e de paso participar na presente edición, na do 2012 do Premios Sarmiento que organizan os Equipos de Dinamización Lingüística das Escolas Católicas de Galicia é o libro de Elena Gallego titulado DRAGAL.

Propoñémonos facer desta lectura ademais unha reflexión práctica sobre os textos narrativos analizando a estrutura da novela e identificando en cadanseu capítulo os elementos da narración que presenta. Tamén seremos creativos e iremos realizando unha ilustración capítulo a capítulo.
Promete ser unha lectura entretida e instrutiva.

Aquí deixamos un enlace co blog creado pola autora sobre o seu libro : Dragal, a herdanza do dragón

Tamén é moi recomendable estoutro enlace onde hai información complementaria de gran interese á hora de ler DRAGAL. A herdanza do Dragón.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 03-12-2011 08:21
# Ligazón permanente a este artigo
Será verdade que estamos no país dos mortos?
para dar resposta a esta cuestión debemos mira para atrás para as nosas tradicións. Imos logo comezar polas máis próximas as que celebramos enestes días.

Despois de informarnos sobre o denominado Samaín veremos que ten de tradicional ou de importado ou imposto pola cultura global. sabendo que o interesante é ser orixinais, auténticos e non copias de outras culturas, analicemos o Samaín, descartando de cheo o claramente alleo Halloween.

Para chegar a definir a denominación máis axeitada para estas manifestacións culturais que se realizaban e que se están de novo impulsando nestes primeiros días de novembro. Para preparar o debate aquí deixamos uns enlaces a vieiros da escola, a cultura galega .

Na rede hai abertos debates semellantes, por exemplo, en Bretemas onde hai testemuñas moi interesantes como unha que fala do que se facía tradicionalmente na Illa de Arousa, lugar especialmente interesante no relacionado co culto aos mortos, parece ser que os rapaces ese día van pedir polos defuntiños. Noutro blog, ladrándolle á lúa, dáse esta opinión:

A pesar do que moitos pensan, o Samaín é unha festa que sempre se celebrou en Galicia aínda que non en todas partes con esta denominación. Para moitos será máis coñecida como o día das cabazas ou das caveiras. Parece ser que esta tradición foi espallada polos celtas, que celebraban a chegada do inverno e con el, o nacemento dun novo ano. Samaín vén a significar en gaélico "fin do verán".
Desde sempre, nas vilas e aldeas de Galicia, os rapaces deixaban nas encrucilladas as cabazas ou calacús cunha candea acesa no seu interior para asustar os camiñantes.
Hai outros como Méndez Ferrín que non aceptan esta orixe e sosteñen que se trata dunha manifestación do imperialismo estadounidense que impuxo o Halloween en todo o mundo, fronte aos que aceptan que efectivamente esta manifestación do día 1 de novembro veu dos EE.UU., pero nunha viaxe de volta, pois serían os emigrantes irlandeses os que levaran esa tradición a América durante o século XIX e principios do XX. Sexa como for, cada día se recupera en máis lugares a celebración do Samaín.

Desde o San Narciso pensamos que na procura da verdade debemos ser fieis en primeiro lugar ás denominacións propias como a de Tempo de Santos ou Defuntos. Logo cremos que debería estar tan presente ou máis que a palabra cabaza outra sdenominacións como calacús, sendo esta denominación a referida a unha cabaza de grandes dimensións e máis propia das hortas de Galicia que a laranxa valenciá que compramos no super.

E xa postos a reivindicar produtos da terra botamos de menos a posta en valor da castaña neste tempo de magostos onde a castaña é símbolo do morto. Antigamente botábanse dende os campanarios das igrexas mamucas(castañas cocidas)ou tamén bullós (asadas) para que os rapaces e maiores que as apañaban rezasen un noso pai pola salvación da ánima que representavba aquela castaña. Tamén era habitual realizar un magosto ao pé dos cemiterios onde antes se facía comida( comer cos defuntiños) cando non se deixaba (aínda se deixa) un prato na mesa baleiro e a mesa sen recoller tal día como hoxe para os defuntos da casa, comíase bacallau e de postre, sempre castañas. Logo, estamos ou non estamos no país dos mortos?
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 02-11-2011 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA DOS NOSOS AVÓS 2011

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 20-10-2011 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA DOS NOSOS AVÓS
Unha das primeiras tarefas do curso é descubrir a verdade sobre a nosa lingua na nosa casa. Descubrir que o idioma que se fala na casa vén de vello ou que se non falamos tanto galego como quereríamos na nosa familia e aínda que hoxe se fale castelán, tamén se falaba nas xeracións inmediatamente anteriores á nosa ou á dos nosos pais. Isto é sempre moi importante,pero por que?

Pois porque deste xeito imos indagar os motivos polos que en cuestión de 100 anos, dende o 1900 ata hoxe, hai un descenso moi notable de galego falantes. Iso é o que notamos se facemos unha enquisa na aula como esta que estamos a realizar.

Acto seguido tamén pensamos en que podemos facer para superra esta situación tan inxusta para a lingua que nos dá personalidade e que nos fai orixinais no mundo. Iremos contando a que conclusións chegamos.
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 17-10-2011 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Descubre a verdade... a Galicia que levas dentro
?Cada lingua dálle personalidade cultural ao seu pobo e transmítella a cada un dos seus membros. Cada pobo ten a súa. Cada home ten a do seu pobo. Nós, os galegos, temos a nosa.? RAMÓN PIÑEIRO


Este é o lema co que arrincamos este curso 2011-12: Descubre a verdade...a Galicia que levas dentro.
Xira ao redor da idea da educación da nosa identidade. Se o que nos fai humanos é precisamente a fala, exercer como tales humanos esixe vivir na procura de nós mesmos e manifestarnos como tal, de xeito auténtico ou verdadeiro. ?Coñécete a ti mesmo? é unha fermosa e vella sentencia da antiga Grecia que podemos aplicar á hora de nos dispor a coñecer ese nós colectivo que se chama Galicia e que usa unha lingua que nos dá identidade no mundo, o galego.

Tomamos este texto como primeira lectura do curso e lectura central da Unidade 0. O debuxo que tes a túa dereita acompaña o seguinte texto.



CHEGOU DAS AMÉRICAS
(de ?Cousas? A.D. R. Castelao)

Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo... O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.

Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo fíxose mozo comprido, sen máis chatas que a súa coor... Aínda que era negro como o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas.

Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeou polas escaleiras dun trasatlántico.

Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brilantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.

Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:

?Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!

Panchito retornou á aldea. Chegou probe i endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e mais un traxe branco...
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 19-09-2011 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
PARA RECUPERAR GALEGO EN SETEMBRO
Hai alumnos/as que precisan presentarse en setembro para recuperar ou ben o curso enterio ou ben avaliacións que teñen pendentes: Para facilitar o seu labor imos colgar algunhas indicacións no blog.



PARA ALUMNOS/AS que deben recuperar 1ª, 2ª e 3ª avaliacións:

TEMAS do Libro: Primeira 1,2,3, 4 /segunda 5-6-7-9 ( páxina 123) e terceira 10-11- 12, ademais das LETRAS GALEGAS: Lois Pereiro e o Himno.

O léxico de todos os temas anteriores.

A LINGUA POR DENTRO: Práctica gramatical do: Xénero e numero en substantivos e adxectivos/ frase nominal, substantiva e adxectiva. Determinantes e colocación dos pronomes (páx.123) Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.

Escribir ben (H/- no tema 8) V/B no tema 10. Repaso dos verbos ver anexo do libro.

Recomendamos ler o libro: Cando petan na porta pola noite, de X.P. Docampo (Xerais)


PARA ALUMNOS/AS que deben recuperar 2ª e 3ª avaliacións:

TEMAS do Libro: Segunda 4-5-6-7-9 (páxina 123) e terceira 10-11- 12 e LETRAS GALEGAS: Lois Pereiro e o Himno.

O léxico de todos os temas anteriores.

Prácticas coa lingua: Xénero e numero en substantivos e adxectivos/ frase nominal, substantiva e adxectiva. Determinantes e colocación dos pronomes (páx.123) Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.

Escribir ben (H/- no tema 8) V/B no tema 10. Repaso dos verbos ver anexo do libro.


Lectura recomendada: Cando petan na porta pola noite, de X.P. Docampo (Xerais).



PARA ALUMNOS/AS que deben recuperar só a 3ª avaliación:

TEMAS do Libro: Unid. 10-11- 12 e LETRAS GALEGAS: Lois Pereiro e o Himno.

O léxico de todos os temas anteriores.

Prácticas coa lingua: Xénero e numero en substantivos e adxectivos/ frase nominal, substantiva e adxectiva. Determinantes e colocación dos pronomes (páx.123) Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.

Escribir ben. Signos puntuación V/B no tema 10. Repaso dos verbos ver anexo do libro.

Lectura recomendada: Cando petan na porta pola noite, de X.P. Docampo (Xerais)



SOBRE OS EXAMES DE SETEMBRO

Terán todas estas probas de recuperación unha estrutura semellante ás que tivemos durante o curso nas distintas avaliacións, ademais dunha pregunta de redacción sobre a lectura recomendada. A continuación colgamos un modelo:


MODELO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN

1- ESCRIBIMOS BEN: ACENTÚA correctamente e RESUME UN TEXTO.

2- INDICA que é un til diacrítico e pon ti outros 9 exemplos de uso de til diacrítico:

3- OS NOMES DAS COUSAS: Ponlle nome ás partes do corpo humano:( no folio de exame ía un gravado do corpo masculino e outro feminino).
Sinónimos de:
-cadaleito: -trabe:
-Alén: -morte moura:

4- LITERATURA E FORMAS DE COMUNICACIÓN: Explica brevemente as peculiaridades da lingua literaria.

5- FORMAS DE COMUNICACIÓN: Cales son os tres xéneros literarios fundamentais e cómo se definen, tanto polo seu contido como na forma que presentan.

6- Que caracteriza ao ser humano fronte as restantes especies animais, segundo Castelao?
Que significa para un galego, segundo Vilar Ponte, ser ?algo máis que un galego habitante? e ser ?orixinal no universo??

7- A LINGUA POR DENTRO: Identifica Suxeito e Predicado, analiza as funcións ou tipo de complementos das oracións:
Ith percorreu todas as illas dende a torre.
O home soñador preparaba unha viaxe longa polo mar cara unha terra descoñecida.
Fixeron tres naves para trinta homes.
Leveiche a roupa cara a barca onte pola noite.


8- Substitúe o complemento directo e o indirecto polo pronome átono correspondente:

Pedín un libro aos Reis Magos, logo fixen uns agasallos para ela.
Mercamos varios xogos para todos vós.-


Explica como se debe colocar o pronome átono con respecto ao verbo e as súas 4 excepcións (pon exemplos).


9- Analiza en árbore as seguintes frases: Unha ánima en pena / Un cadaleito negro.

10- LINGUA E SOCIEDADE: Explica que grandes familias lingüísticas hai no mundo:
-Que é o indoeuropeo, que significa que o galego é unha lingua romance?




MODELO DA SEGUNDA AVALIACIÓN

1- FORMAS DE COMUNICACIÓN: Indica que tipo de voz narradora presenta un texto (que aparecía no folio de exame) e en que estilo está a parte dialogada do mesmo. Logo transfórmaa ti e escríbea no estilo contrario.

2- A LINGUA POR DENTRO: Escolle a opción correcta:
a) Tivo que ser alguén coñecido quen díxocho.
b) Xa che teño dito que non te quero ver así vestido.
c) Che me contou unhas cousas interesantísimas.
d) Eu xa sabía que te era un home moi listo.

3- Substitúe o subliñado por pronomes átonos. Exemplo: Mercou un coche ao seu pai. Mercoullo

a) Colleu as lambetadas ao irmán.
b) Tirou a pucha sobre a mesa.
c) Fixo os deberes para a clase de galego.
d) Recollín uns vídeos para o meu pai.
e) Preguntou a lección aos rapaces.


4- Indica os 4 casos nos que o pronome átono vai antes do verbo e pon un exemplo de cada caso.

5- ESCRIBE OS SEGUINTES TEMPOS DE INDICATIVO: Presente e Copretérito do verbo IR, Pretérito do ANDAR.
Antepretérito e Futuro do HABER e Pospretérito do verbo VIR.

6- ESCRIBIMOS BEN: Completa os seguintes enunciados con h ou Ø:
? Contoume unha _istoria dun _árabe que era moi _umana e chea de _umor.
? _enrique tivo un accidente moi grave e levárono ao _ospital nun _elicóptero.
? _ola! Díxolle Óscar ao novo _óspede do _ostal.
? Caeu do _órreo e rompeu varios _ósos da perna, entre eles o _úmero.
? O seu _irmán está de vacacións nun poboado _indú.
? _elena vai a clases para aprender a tocar a _arpa.
? Non nos deixaron pasar ao concerto porque está proi_bida a entrada a menores.

6-Escribe s ou x segundo corresponda:
ei_e e_tender e_ilio madei_a e_cavadora sinta_e
e_terno e_trañar
a_ila apro_imar
e_i_ir e_ame
e_a_erar e_hibir


7 - LINGUA E SOCIEDADE: Os dialectos do galego, que son, cantos bloques lingüísticos hai e as súas características.

8-OS NOMES DAS COUSAS: Que é un topónimo? Que é un xentilicio? Escribe correctamente os seguintes topónimos: Rianjo, Sanjenjo, Seijo, La Coruña, Puentearenas, Cantodarena, La Laje, El niño de la Guía, Ginzo.

9-Descobre os nomes desta habitación (no folio había un debuxo semellante ao do libro de texto.

10- Redacta un pequeno texto (10 liñas) co léxico da casa: A cociña da miña casa.




MODELO DA TERCEIRA AVALIACIÓN

1-O nome das cousas: ( inclúe o folio de exame dúas ilustracións que son de instrumentos musicais tradicionais de Galicia e de vestiario e calzado habituais)

2- A LINGUA POR DENTRO A)Escolle o adverbio que cumpra de entre os que se che ofrecen para cada enunciado.
Ven _____ xunta min (aí, acó, arredor).
Segou a herba _____ (ao rente, a carón, enriba).
A comida estaba boa _____ (de máis, bastante).
Escollerase unha persoa _____ (ao chou, de socato) que será a voceira.
Na farmacia déronme esta crema _____ (en balde, de balde).
Paso pola túa rúa _____ (acotío, decontino).


3-CONXUGA OS SEGUINTES VERBOS: Presente
e Pretérito de INDICATIVO de: IR, SUBIR, VER, VIR

4-CONXUGA AS SEGUINTES FORMAS VERBAIS:
SERVIR: 1ª persoa sing. de Presente Indicativo:_________ 2ª persoa sing. de presente de Indicativo_________
FUXIR: 1ª persoa sing. de Presente Indicativo:__________ 3ª persoa plural do presente de Indicativo:_________
HABER: 1ª persoa sing. de Pretérito Indicativo:___________1ª persoa sing. Presente de Subxuntivo:___________
VIR: 2ª persoa plural de Antepretérito:_____________ 3ª persoa sing. Pospretérito:_______________
ESTAR: 1ª persoa de plural Copretérito:________________ 1ª persoa sing. Presente Subxuntivo:___________

5-ESCRIBIMOS BEN: Usamos os dous puntos cando:
V F ? Imos dar comezo a unha enumeración.
V F ? Nunha carta queremos enviar un saúdo ao destinatario.
V F ? Queremos indicar que o falante titubea ou se interrompe.
V F ? Separamos enumeracións de oracións non relacionadas entre si.
V F ? Separamos oracións que expoñen un feito e as súas consecuencias.
V F ? Escribimos un encabezado dunha carta.

B)Puntúa correctamente o seguinte texto e coloca nos espazos en branco B ou V:
A _ruxa colleu a _asoira e en lugar de _arrer díxome: _aste ou quedas comigo ao pouco tempo esta_amos _oando polo ceo fomos _er ao meu a_ogado que _i_ía nunha casa _ranca ela sa_ía _en como era Al_erte e esti_o a piques de a _isarme que a _oda coa _ol_oreta de _al_ina era o__io que non tiña _alor legal era un tanto par_o se acepta_a.

6-LITERATURA: Redacta un texto sobre a vida e a obra de LOIS PEREIRO (10 -12 liñas)
- Que recurso formal atopas
nestes versos de Lois Pereiro:

Somentes
intentaba conseguir
deixar n aterra
algo de min que me sobrevivise


7-Localiza os seguintes recursos: metáfora, simil, anáfora, personificación,
aliteración, antítese e hipérbole dunha serie de versos de diversos poemas. Indica a rima que ten o texto indicado:


Maio longo...Maio longo;
todo cuberto de rosas,
para algúns tes, telas de morte,
para outros, telas de vodas.

Maio longo, maio longo,
fuches curto para min,
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
(Rosalía de Castro)


8-Explica quen era Breogán e que significan as palabras subliñadas no himno:

Que din os rumorosos
na costa verdescente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán. (Eduardo Pondal).

9-Cal é a esencia dun texto teatral: define que é un drama no contido e como se distingue formalmente un texto teatral.

10-ESCRIBIMOS BEN: (a escoller) Describe en 10 liñas: a) un campo de fútbol.
b) A roupa que gardamos nos armarios da nosa casa.


Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 04-07-2011 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
E COMO REMATE DO CURSO: O HIMNO GALEGO
O único himno do mundo, que nós coñezamos, que comeza con preguntas e interrogantes. Pero que se pregunta o noso himno?, quen fala?

Eduardo Pondal compuxo un logo poema de 10 estrofas no seu libro Queixumes do Pinos. Os galegos da Habana en 1907 procurando unha letra para o que sería o Himno de Galicia escolleron as catro primeiras estrofas deste poema ao que logo poría música Pascual Veiga.

Imos logo descubrir que é o que nos di o noso himno:

Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Esta é a música:


BOTEMOS LOGO UNHA OLLADA INICIAL AO LÉXICO DO HIMNO:(exercicio de clase)

- os rumososos:
- luar:
- arume arpado:
- monótono fungar:
- cinguido:
- confín:
- castros:
- inxuria:
- rudo:
- encono:
- Breogán:
- arroubo:
- féridos:
- bardos:
- vaguedades:
- pregoa:
- redenzón:
- nazón:

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 14-06-2011 06:50
# Ligazón permanente a este artigo
LOIS PEREIRO: LETRAS GALEGAS 2011
Celebramos as Letras Galegas este ano dedicadas a Lois Pereiro. Podes consultar na páxina da Academia Galega unha biografía e unha reseña acerca da súa obra.
Destas liñas escritas polo seu irmán entresacamos as seguintes:

"Escoitara coma quen oe o río das orixes"

"Nunca escribirei en castelán", díxolle un día á que empezaba a ser a súa moza, Piedad Cabo. "Quero ser como Manuel Antonio, escribir un libro e morrer novo".

Modesta proposición "Teño liberdade de acción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo. Por iso podo decidir militar na miña propia lingua".

"Non podo ver nenos que son só ollos", díxolle á nai.

Poemas 1981/1991 (Edicións Positivas). Corenta e dous poemas "mestura de video-clip, haiku, destello, pregaria e cantiga de escarnio", escribiu Manuel Rivas en Babelia, "que o converten no clásico que ten a literatura galega sen sabelo".


"O futuro é por forza alleo a min" Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (Edicións Positivas, 1995)

Epitafio
"Cuspídeme enriba cando pasedes
diante do lugar onde repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e de furia necesaria".


Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 13-05-2011 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0