Imos ler esta obra clásica que significará un pequeno paso máis na vosa formación como lectores. Trátase de ler un texto clásico das letras galegas que é unha obra recoñecida, tanto en galicia como fóra (por ser unha traducida a moitas linguas).
Esta lectura presentará as seguintes dificultades:
- Un léxico específico
- Sitúanos nos anos 40 do século pasado
- Desenvólvese nun mundo rural
Para axudarvos envíovos un vocabulario coas palabras que seguro precisaredes consultar e que non sempre é doado atopalas nos dicionarios.
Imos ler cada capítulo e resumindo o seu contido para podelo logo lembrar na proba de lectura e comprensión que realizaremos ao rematala de ler.
RESUMO DO CAPÍTULO PRIMEIRO
O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén de escribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.
Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.
O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe.
Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.
O país da Mourindade, é o pais da vella Gallaecia que estaba habitado por mouros e mouras que hoxe están enfeitizados e viven debaixo de castros, penedos e castelos (ou debaixo da auga das lagoas) tras ser derrotados por Carlomagno e os seus exércitos.
Os mouros déixanse ver por aqueles que eles queren e poden facer tratos cos humanos. O trato debe ser segredo, non se pode contar porque se non os tesouros prometidos en lugar de ouro convértense en carbón ou en cagallas.
As mouras, peiteándose a carón dunha fonte ou dunha cova tamén gardan tesouros e están encantadas polo que, quen as desencante debe ter o valor de bicar a unha cobra para a librar do encantamento, ademais, como non, de gardar o segredo do trato. As vinganzas polos incumprimentos son perigosas e temidas entre as xentes do común.
Poderás facer multitude de exercicios para aprender a usalos ben, despois de entender como se colocan, só coa práctica poderás chegar a mellorar a túa competencia lingüística.
As trece lúas conforman o ciclo de Nadal que arredor do Solsticio de Inverno e as súas vellas tradicións fusionadas co Cristianismo viven na tradición de Galicia.
Hoxe celebramos as festas do nacemento de Xesús, a Luz e a Vida, os primeiros cristiáns fixéronas coincidir co Solsticio de inverno.
O SOL E A LÚA E O NADAL
O ano solar de 365 días (a non ser o bisexto de 366) e o ano lunar 354 días (logo o ano solar son case 13 ciclos da lúa) non coinciden.
Da noite de Nadal (24 decembro) á de Reis (6 de xaneiro) van 13 lúas tamén.
Os deuses do sol no Mediterráneo (como o exipcio Horus ou grego Helios, tamén romanos, hindús, tibetanos…) celebrados no solsticio de inverno como Xesús Cristo.
CELEBRACIÓNS DE GALICIA NAS TRECE LÚAS
24 Nadal: Noiteboa
Tizón de Nadal
Bacallau e pan de noces
Roldas de paxoliñas, vilancicos e a misa do galo.
Nadais e aguinaldos.
28 de decembro: Santos Inocentes e outras trasnadas.
31 de decembro: Noitevella.
Lumeiras e o Apalpador.
Aninovos e Manueles.
A Noite de Reis do 5 de xaneiro.
Cantos e Danzas de Reis (Fin do mundo,
reixes do Cebreiro… precedentes do Entroido)
ÁRBORE DE NADAL Pero de onde saíron logo a Arboriña de Nadal e papá Noel?
Son dous elementos que tradicionalmente, hai cincuenta anos comezaron a introducirse nas nosas casas por influencia doutras culturas.
Nós celebrabamos o Nadal con beléns e cántigas, e aínda que había tamén figuras como o Apalpador nas montañas de Lugo e Ourense, en xeral esperabamos os agasallos na noite de Reis.
Había dous lugares para comunicarse coas divinidades antigamente:
O primeiro era o fanum, que era un lugar sen construcción onde se manifesta a divindade (árbore, fonte ou rocha) logo mellor que culto ás árbores será nas árbores!
O segundo o templum, que era unha edificación feita polos humanos para un deus; por iso moitos templos teñen árbores, fontes ou rochas sagradas asociadas a ese novo lugar de culto.
Logo levamos ás casas a árbore sagrada: Nesa árbore colgábanse as candeas que simbolizaban a volta do sol e a esperanza no renacer fértil do ano, os froitos, viandas, simbolizadas nos agasallos e outros adornos. Así o fanum ou o templum e o poder máxico desexado están dalgún xeito nas nosas casas.
O Cristianismo cando se oficializou a relixión por parte do Imperio Romano fixo coincidir a festa do Solsticio coa chegada ao mundo do Neno Xesús simbolizando a luz e a vida, os mesmos atributos que tiña o Sol Invictus.
O APALPADOR
Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador.
CUESTIÓN: Investiga quen é esta figura do Apalpador.
Imos agora traballar un vilancico tradicional galego:
Este é o texto dunha panxoliña, é dicir, unha cantiga de nadal tradicional ou vilancico:
Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.
San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?
CUESTIÓN: Copia o texto no teu caderno para logo podelo comentar na aula.
Obradoiro de expresión:
Textos en prosa: Narración e descrición. Resumos.
Lingua e sociedade:
As linguas da península páx. 60 (no blog)
Ortografía:
Casos especiais de acentuación páx. 61
Gramática:
O substantivo: xénero e número páx. 62-63
A coherencia textual(I) páx. 65 (importante para crear textos como os resumos diarios).
UNIDADE 4
Os nomes das cousas: A roupa e os complementos páx. 78
A composición: páx. 79
Ortografía: O Acento diacrítico páx. 81
Gramática o Adxectivo tipos. Xénero e número. O grao do adxectivo páx. 82-83
A coherencia (II) páx. 85
Literatura: Os subxéneros narrativos: Conto, lenda, mito e novela. páx, 86-87
* Obradoiro de expresión: O Blog (non entra como pregunta do exame, peor o uso axeitado do blog da materia será neceario para incorporar os coñecementos precisos para esta proba)