narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ENTROIDO E O LOBO NA TRADICIÓN ORAL (I)

Febreiro é un bo momento para falar dos lobos por que? Galicia, como xa sabedes, é o país das marabillas entre outras cousas por ter un dos 10 entroidos do mundo máis orixinais. Agora que comezamos xa o mes de febreiro imos saber máis cousas deste ciclo que denominamos de Entroido.

NA CANDELORIA MEDIO INVERNO VAI FÓRA
Comeza o mes coa CANDELOIRA, o día 2 de febreiro que é o día que casan os paxaros. Cando xa se sabe que os días vese que medraron e se achega o Entroido ou talvez xa comezara ao rematar o ciclo das trece lúas en xaneiro...

O ENTROIDO E O LOBO
Entroido é o tempo de preparación para a primavera, a época posterior a da fecundidade, no que hai que facilitar a entrada da primavera e o tempo da calor que se está achegando. Nestes días a Natureza, as plantas e animais, mesmo os homes andan cos preparativos previos ao agromar dos vexetais, á floración, ás crianzas de todo tipo de bechos grandes e pequenos, tamén das colleitas que logo virán.
Entón o Entroido é un ritual moi antigo dos seres humanos do mundo enteiro para que evitar todo o que impida o triunfo posterior da primavera. En Europa había un animal que temían especialmente homes e mulleres e que procuraban manter afastado dos seus rabaños especialmente nestes tempos de frío.
Antigamente sabemos que os romanos festexaban neste mes unha festa onde os lobos e a fecundidade estaban ligadas a un ritual moi curioso: As Lupercais.

AS LUPERCAIS ROMANAS E O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO
Hoxe descubriremos como as Lupercais que celebraban os romanos ao deus da fertilidade pode coincidir nas súas raíces co tradicional entroido de Galicia. Os romanos na antigüidade eran un pobo de pastores que temían ao lobo e de feito tiñan un deus denominado Luperco da fertilidade e dos rabaños, ao cal rendían culto no mes de febreiro dun xeito moi semellante ao que se segue a celebrar nalgunhas das zonas onde mellor se conserva o entroido propio de Galicia. Falamos dos peliqueiros de Laza ou dos cigarróns de Verín (na zona oriental e montañosa de Galicia) que saen ás rúas cunhas máscaras moi particulares nas que debe haber unha fera pintada (un lobo habitualmente como animal totémico moi temido). Estas máscaras perseguen aos viandantes fustigándoos e danlles cos látegos mentres fan soar as chocas profusamente.

Este parecido indica que este tipo de ritual estaba estendido por toda Europa entre os pobos pastores, lembrade que Galicia, unha terra de montes, ten aínda hoxe unha actividae pastoril moi notable.

PELIQUEIROS EN ACCIÓN




A DIVERSIDADE DO ENTROIDO GALEGO
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 08-02-2023 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Lectura: O Misterio do torque de Burela de Antía Yáñez
Unha lectura que xa no seu título nos fai viaxar cara un lugar que seguro non coñecemos...

BURELA, Onde está?


OS TORQUES Que son?

O torque de Burela é un torque moi especial por que?

Onde está agora o torque de Burela? Un tesouro no Museo de Lugo
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 01-02-2023 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
CONTIDOS DO 2º AVANCE
LÉXICO: Tema 4: Sentido literal e figurado páx. 74
Tema 5: Connotación. Tabús e eufemismos.páx. 98

ORTOGRAFÍA: Tema 4: Sons e Letras páx. 75
Tema 5: Grafías con B páx. 99

GRAMÁTICA: Tema 4: Clases de Oracións páx. 76-77
TEMA 5: Os susbtantivos clases e o xénero e número. páx. 100-101.

LITERATURA: Tema 4: Os xéneros literarios páx. 80- 81
Tema 5: Estrutura dun texto narrativo páx. 92

LINGUA E SOCIEDADE:
Tema 4: As linguas do mundo e as linguas da península. páx. 86-87
A lusofonía. páx. 88-89

TRADICIÓN ORAL: O Ciclo das Trece lúas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2023 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
AS TRECE LÚAS

As Trece Lúas conforman o ciclo de Nadal que arredor do Solsticio de Inverno e as súas vellas tradicións fusionadas co Cristianismo viven na tradición de Galicia.

Hoxe celebramos as festas do nacemento de Xesús, a Luz e a Vida, os primeiros cristiáns fixéronas coincidir co Solsticio de inverno.

O SOL E A LÚA E O NADAL

O ano solar de 365 días (a non ser o bisexto de 366) e o ano lunar 354 días (logo o ano solar son case 13 ciclos da lúa) non coinciden.

Da noite de Nadal (24 decembro) á de Reis (6 de xaneiro) van 13 lúas tamén.

Os deuses do sol no Mediterráneo (como o exipcio Horus ou grego Helios, tamén romanos, hindús, tibetanos…) celebrados no solsticio de inverno como Xesús Cristo.

CELEBRACIÓNS DE GALICIA NAS TRECE LÚAS
24 Nadal: Noiteboa
Tizón de Nadal
Bacallau e pan de noces
Roldas de paxoliñas, vilancicos e a misa do galo.
Nadais e aguinaldos.
28 de decembro: Santos Inocentes e outras trasnadas.
31 de decembro: Noitevella.
Lumeiras e o Apalpador.
Aninovos e Manueles.
A Noite de Reis do 5 de xaneiro.
Cantos e Danzas de Reis (Fin do mundo,
Reixes do Cebreiro… precedentes do Entroido)


Pero de onde saíron logo a Arboriña de Nadal e papá Noel?

Son dous elementos que tradicionalmente, hai cincuenta anos comezaron a introducirse nas nosas casas por influencia doutras culturas.
Nós celebrabamos o Nadal con beléns e cántigas, e aínda que había tamén figuras como o Apalpador nas montañas de Lugo e Ourense, en xeral esperabamos os agasallos na noite de Reis.
Había dous lugares para comunicarse coas divinidades antigamente:

O primeiro era o fanum, que era un lugar sen construcción onde se manifesta a divindade (árbore, fonte ou rocha) logo mellor que culto ás árbores será nas árbores!
O segundo o templum, que era unha edificación feita polos humanos para un deus; por iso moitos templos teñen árbores, fontes ou rochas sagradas asociadas a ese novo lugar de culto.

Logo levamos ás casas a árbore sagrada: Nesa árbore colgábanse as candeas que simbolizaban a volta do sol e a esperanza no renacer fértil do ano, os froitos, viandas, simbolizadas nos agasallos e outros adornos. Así o fanum ou o templum e o poder máxico desexado están dalgún xeito nas nosas casas.

O Cristianismo cando se oficializou a relixión por parte do Imperio Romano fixo coincidir a festa do Solsticio coa chegada ao mundo do Neno Xesús simbolizando a luz e a vida, os mesmos atributos que tiña o Sol Invictus.

O APALPADOR

Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador.

CUESTIÓN: Investiga quen é esta figura do Apalpador.


Imos agora traballar un vilancico tradicional galego:


Este é o texto dunha panxoliña, é dicir, unha cantiga de nadal tradicional ou vilancico:

Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?


CUESTIÓN: Copia o texto no teu caderno para logo podelo comentar na aula.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 19-12-2022 06:42
# Ligazón permanente a este artigo
MEMORIAS DUN NENO LABREGO (LECTURA)

Imos realizar a lectura dun clásico. Comezaremos elaborando: UNHA BIOGRAFÍA DO AUTOR.


Logo leremos xa o 1º capítulo na aula para explicar algunhas cuestións relativas ao vocabulario deste libro que debemos coidar e traballar como indicamos a seguir:
.Para a lectura de Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas imos ir lendo cada capítulo e consultando as palabras ou expresións que non coñezamos e cando rematemos o capítulo realizaremos un breve resumo procurando manter a estrutura do propio relato (un parágrafo ou dous parágrafos) co argumento do mesmo, identificando o tipo de narrador, os personaxes, os espazos e os tempos que aparezan nese capítulo.

1-Vocabulario do capítulo
2-Resumo co argumento do capítulo

A continuación poremos un exemplo do que hai que facer co primeiro dos capítulos:

EU SON...

1- Vocabulario: "ser un ninguén":ser unha persoa a que non se considera, marxinada ou despreciada.

non hai quen lle tusa: persoa á que se lle ten respecto.
Alancar: dar pasos grandes
Brocha: chatola
restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira/ monllo é un atado de herba ou semellantes.
moxardos: moscas
muíños apeados: parados (por encherse de auga)
espeteiras: táboa con espetos ou garfos para colgar
Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume.
fridas: (feridas)
Gurrucho: grolo
Broa: pan de millo
os trafegos da terra os labores da terra
Cortizo: colmea

Adoezo: estar falto ou desexoso de algo.
Tripando: pisar
baldeirar o corazón: baleirar os sentimentos e preocupacións.

2- Resumo: O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén deescribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.

LEMBRA que a medida que lemos iremos analizando a estrutura narrativa que presenta a lectura:
Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.

O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe.
Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.

OS RESUMOS E A PROBA DE LECTURA
O prazo de lectura será ata o día 9 de xaneiro, día no que realizaremos unha proba de lectura na que haberá que presentar os resumos de cada capítulo, feitos a man.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 11-12-2022 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Para rematar o Tempo de Defuntos


SOBRE SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 30-11-2022 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
Contidos da Proba da 1ª Avaliación
O NOME DAS PALABRAS: O léxico do corpo e o léxico da morte:

GRAMÁTICA: Tipos de palabras. Os morfemas e a formación de palabras: Derivación, composición e parasíntese no libro páx. 16-17
no blog.

- As frases. Tipos e frases simples e complexas no blog.
- O enunciado e as clases de enunciados. A oración: Suxeito e Predicado. Clases de predicado páx. 56-57 do libro.

ORTOGRAFÍA:
- O acento gráfico. Ditongos,tritongos e hiatos páx. 15 e 35 do libro.
- O acento diacrítico páx. 55.

LINGUA E SOCIEDADE: A lingua dos nosos avós e avoas no Blog.

LITERATURA:
- Literatura oral e escrita páx. do libro páx.40
- Recursos estilísticos páx. 60-61 do libro.

TRADICIÓN ORAL: Tempo de Defuntos.

COMPRENSIÓN/EXPRESIÓN: Relatos do Tempo de Defuntos, textos do libro
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2022 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA DOS NOSOS AVÓS/ AS 1º ESO B curso 22-23

Despois de analizar os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta as preguntas que nos faciamos.
Cal é a razón de que o galego dende a época dos nosos avós a hoxe tivese un descenso considerable no número de falantes?:

Atopamos na aula inicialmente tres respostas posibles a esta cuestión tan complexa:
- A ditadura de Franco. O medo e a represión.
- O ser o castelán o único idioma oficial e das clases acomodadas, logo asociado ao éxito social e o galego ao idioma dos "pobres".
- O non nos falar os nosos pais/ nais en galego a nós a pesar de ter recuperado a Democracia.
- O feito de que haxa un ambiente pouco propicio (amigos/as, compañeiros de clase, etc) que só nos falen en castelán.

Iremos pois analizando estas respostas, unha a unha no resto do trimestre.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 21-11-2022 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
RELATOS DO TEMPO DE DEFUNTOS

Morte Branca, Morte Moura
O Paxaro da morte
Ánimas e Pantasmas
As Luciñas e os Ruíns
A Sociedade do óso
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 15-11-2022 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
DAS PALABRAS ÁS FRASES

Se non coñeces ben as clases de palabras que usamos en galego debes consultar as distintas categorías de palabras.

As frases son unidades superiores ás palabras, un conxunto de palabras relacionadas e con sentido, pero sen verbo. Imos trabalar con este tipo de unidades para comezar con est aparte da gramática que lle chamamos sintaxe.

Unha vez superado o exercicio de repaso das clases de palabras podes entrar xa e ler no enlace Tipos de frases que son as frases simples, complexas e compostas antes de pasar a facer os exercicios e traballar con exemplos de cadaseu modelo analizándoas e tamén desenvolvendo a súa estrutura en árbore.

ACTIVIDADES SOBRE AS FRASES
1-Escribe no teu caderno un par de frases simples seguindo os modelos de análise da estrutura da mesma en árbore como aparece na ilustración.


2- Analiza as frases seguintes en forma de árbore:

A casa de Pedro.

O coche de portas amarelas.
Comentarios (1) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 03-11-2022 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0