Es tempo de chorar
Hei de chorar sen bágoas duro pranto,
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite,
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras,
coma unha chuvia fría diante os ollos,
e teño que chorar na sombra fuxidía,
diste pútrido vento.
Que arromba a lealtá e pon cadeas,
no corazón dos homes xenerosos.
Pois que somente os ollos me deixaron,
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos,descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois o que chora vive,iremos indo;
indo,chorando,andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas,
para rubir ao cumio dos aldraxes.
e pois que cada tempo ten seu tempo,
iste e o tempo de chorar
Carla e Paula
Opinión:
lamento pola falta de liubertade
coa esperanza dun mundo novo
|