narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS(e II)

COMO NACE UN IDIOMA?

Un idioma nace das accións e reaccións seculares dunha comunidade de seres humanos coa Natureza nunha terra concreta.
Un idioma é coma unha persoa, ten unha nai, a terra na que nacerá, e un pai que adoita ser outro idioma.

O Latín é o idioma pai do galego,
como unha semente que trouxeron
os romanos a esta terra Gallaecia
hai 2000 anos e que medrou
coma un fillo.

O NOME DA TERRA
Visualiza os seguintes vídeos e logo responde as cuestións:





1- Cal é o obxectivo do micro programa "Ben falado"?
2- O galego vén do latín, o latín vén a ser a nai do galego, pero quen é a avoa da nosa lingua?
3- Quen lle puxo o nome de Gallaecia a Nosa Terra:
4- Dos sufixos latinas aic /aec = -ego naceu un sufixo moi galego. Cita tres palabras que o conteñan.
5- Por que cres que a montaxe que inclúe o primeiro dos vídeos denomínase "palabras milenarias"? Argumenta a resposta.
6- "Chover miudiño" e ?ás cuncas" ou "a cachón? Que diferenza hai?
7- Cal é a etimoloxía de "Galicia" de Callaecia?
8- O galego forma parte do privilexiado 5% que significa isto?
9-En que continentes hai máis linguas?
10-Cantas linguas do mundo hai en Europa?
11-De quen depende a continuidade das nosas linguas?
12- Despois de ler o seguinte texto e consultando as dúbidas de vocabulario que teñas, intenta expresar coas túas palabras o que nos quere dicir.

Un poema para comentar:

O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO



O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor
o murmurio do vento
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén
se perdemos a fala
non seremos ninguén.

O idioma é o amor
o latexo, a verdade
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer
precisamos a lingua
se queremos vencer.
Manuel María.

Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 20-09-2022 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0