narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O camiño da identidade

Benvidos/as a este curso 2021/2022 e a esta vosa materia de galego na etapa da ESO. Imos dar os primeiros pasos, como non, poñendo a mirada ao que deixamos atrás para percibir mellor a dimensión do camiño que se nos abre na Secundaria que hoxe comezamos.
Que significa, por que agora afrontamos este cambio e, sobre todo, para que emprendemos esta nova viaxe? Que pinta o galego en todo isto?

A LINGUA FAINOS HUMANOS

UNHA LINGUA QUE NOS FAI ORIXINAIS E UNIVERSAIS

A LINGUA, O DEREITO A SERMOS DIFERENTES

O IDIOMA A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO



O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor
o murmurio do vento
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén
se perdemos a fala
non seremos ninguén
.

O idioma é o amor
o latexo, a verdade
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer
precisamos a lingua
se queremos vencer.

Manuel María.

11- PROXECTO DE AULA DA UNIDADE 0: O poeta emprega unha morea de metáforas para definir o idioma: Unha metáfora é unha identificación dun termo real (o idioma) cun termo imaxinario (a chave) que é posible porque hai un elemento que as une (o idioma e a chave abren algo).

Atopa outras dúas metáforas no texto e indica cal é o seu termo real e o imaxinario.

12- Crea a túa propia metáfora e logo deseñemos a primeira banda deseñada do curso coas distintas ideas que realicemos.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 14-09-2021 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0