 Seguro que lembras os pronomes átonos que vimos na 2ª avaliación. Hoxe toca repasar. Primeiro o cadro que tes máis arriba.
CUESTIONARIO:UN PRONOME ÁTONO NUNCA PODE COMEZAR UNHA ORACIÓN
1-Logo as posibles colocacións dun pronome átono cales eran?
Posición natural ou habitual:
As 4 excepcións:
-
-
2- Imos sustituir os Complementos directos e os Complementos indirectos en pronomes átonos. Fixándonos no cadro témolo feito.
Exemplos de modelo: Mercou mazás para eles.
Primeiro identificamos o verbo: Mercou.
Agora se lle preguntamos ao verbo: "que cousa responde o CD ou OD (pódense chamar das dúas formas). Que mercou? mazás (OD)
Logo preguntámoslle: A quen ou para quen? Para eles (OI).
O segundo paso é transformar os OD e OI en pronomes átonos de 1ª, 2ª ou 3ª persoa, a que corresponda. Para iso temos un cadro marabilloso que tamén copiaramos na libreta.
Se te fixas no cadro, nesta oración son todas formas de 3ª persoa plural e serían:
- as para o OD (substitúe a mazás)
- lles (OI) referido a eles.
Agora xa o podemos colocar:
Mercoullelas (xa sabes que con lles + as contraen os pronomes e que no lugar do -s de lles se coloca un -l-).
Probemos con outro exemplo:
Non comprou unha rosa para ela.
Verbo: comprou.
OD unha rosa,
OI para ela.
Logo os pronomes neste caso son:
- a(OD)
- lle (OI)
Como contraen: lle + a= lla.
Só resta colocar no seu sitio os pronomes, e aquí temos un problema é negativa a oración: Hai un non, logo o pronome átono ten que colocarse diante:
Non lla comprou.
A seguir faino ti coas seguintes oracións:
-Levou un coche para o seu sobriño.
- Fixo unhas filloas para seu irmán.
- Non quixo facer filloas para as súas tías.
- Dáme un queixo para min.
- Trouxo un libro para ti?
- O profesor mercou mascarillas para todos.
|