Por que estudamos galego nas escolas e institutos de Galicia e nalgúns de Castela e León?
O poder estudar galego como todo dereito recoñecido emana das leis que rexen aos cidadáns destas Comunidades Autónomas, dos seus Estatutos de Autonomía e da Constitución Española (1978).
Fixémonos no que pon a Constitución no seu ARTIGO nº 3:
1.O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos teñen o deber de coñecela e o dereito de usala.
2. As demais linguas epañolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
Son pois as leis as que garantes a cooficialidade do galego en Galicia. O noso Estatuto di:
ARTIGO nº 5
1.A lingua propia de Galicia é o galego.
2.Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3.Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todo os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4.Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
Logo na Lei de Normalización Lingüística: O galego, como lingua propia de Galicia , é tamén lingua oficial no ensino en todo os niveis educativos.
DO DITO AO FEITO SEMPRE HAI UN TREITO
Xa vimos que hai linguas faladas no Estado que non son oficiais, que non están recoñecidas. Sabemos tamén que hai nenos e nenas galegofalantes que viven en Asturias ou Estremadura que non reciben clases na súa lingua propia porque nestas comunidades non está recoñecido este dereito.
Logo os galegos temos unha gran sorte que a partir da volta da Democracia temos o dereito a saber e usar o galego. Hai quen de todos modos subliña que o tratamento do castelán e do galego non é idéntico: Temos o dereito a usar o galego, namentres que do castelán temos o deber de aprendelo ademais de o dereito ao usar.
Pero parece curioso que namentres en Galicia é obrigatorio, noutros territorios galego-falantes o status da lingua sexa distinto, formando parte do mesmo Estado. Bótalle unha ollada aos territorios do galego fóra da Galicia Administrativa. |