narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Outro poema na procura de recursos
ALBORADA de Rosalía de Castro




Vaite,noite vai fuxindo
vente aurora, vente abrindo,
co teu rostro que sonrindo
¡a sombra espanta!.

¡Canta paxariño,canta
de poliña en ponla,
que o sol se levanta
polo monte verde, polo monte
alegrando as herbas
alegrando as fontes!

¡Canta paxariño alegre,canta!
¡Canta porque o millo medre, canta!
¡Canta porque a luz te escoite,
canta! Canta que fuxeu a noite.

Noite escura logo ven e moito dura
co seu manto de tristura,
con meigallos e temores,agoreira de dolores,
agarimo de pesares, cubridora en todo mal.¡Sal!

Que a auriña co ceu colora
cuns arbores que namora,
cun sembrante de ouro e prata
teñidiño de escarlata.

Cuns vestidos de diamante
que lle borda o sol amante
entre as ondas de cristal.

¡Sal! señora en todo mal,
que o sol xa brilla
nas cunchiñas do areal que a luz do día
viste a terra de alegría,que o sol,
derrete con amor a escarcha fría.

II

Branca auro-
ra?ven chegan-
do,?i ás porti-
ñas?vai chaman-
do?dos que dor-
men?esperan-
do?¡o teu folgor...!

Cor...
de alba hermosa
lles estende
nos vidriños
cariñosa,
donde o sol
tamén suspende,
cando aló
no mar se tende,
de fogax
larada viva,
dempois leve,
fuxitiva,
triste, vago
resprandor.


Cantor
dos aires,
paxariño alegre,
canta,
canta porque o millo medre;
cantor
da aurora,
alegre namorado,
ás meniñas dille
que xa sal o sol dourado;


que o gaiteiro,
ben lavado,
ben vestido,
ben peitado,
da gaitiña
acompañado
¡á porta está...!
¡Xa...!

Se espricando
que te esprica,
repinica,
repinica
na alborada
ben amada
das meniñas
cantadeiras,
bailadoras,
rebuldeiras;
das velliñas
alegriñas;
das que saben
ben ruar.

¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar!
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad,
que atru-
xaremos?cantaremos o ala... lá...!!!
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 08-06-2015 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0