narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os tempos son chegados...
O lema deste curso xira arredor do sentido crítico, como sempre imos adaptar o lema central vicenciano que di "O que a ti te move, móvese contigo, se crítico!” a nosa circunstancia e lelo dende a óptica da materia de galego. Despois dunha pequena reflexión sobre a importancia do espertar a conciencia sobre o uso da nosa lingua, o compromiso coa nosa cultura nesta viaxe que realizamos cada curso cara á esencia do noso país e da nosa identidade, acordamos o lema: “Os tempos son chegados!” un verso do nos himno que tanto repara na transcendencia do tempo, o paso do tempo que invita a observar que todo está en movemento, que todo cambia, e a importancia de tomar a determinación de actuar de formar opinión de facer posible e visible os compromisos.

Castelao dinos: o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos… e confesa logo ser un home que non se resigna a morrer sen ver realizado o seu ideal .

Unha frase para a reflexión a modo de dedicatoria: “o pasado, pai do presente, non nos deixou máis que desilusións de vida e complexos de inferioridade.Agora pois son tempos de emprender un camiño de progreso.

Analiza con sentido crítico o seguinte poema de Manuel María.

Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Prohíbeselle á lúa que anda tola
andar ceiba no ceo.
Que a lúa é unha tola que anda espida
e dando mal exemplo ...

Están fora da Lei
a Primavera,
as flores e os carballos,
as estrelas, os peixes e os paxaros.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Pagarán polos trabucos os poetas.
Prohíbese soñar ...
Prohíbese tamén derramar bágoas.
e pódese chorar ...
e pódese chorar cando hai sequía
pra que enchan os pantanos.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

Dase este bando en tal e cuale
pra que se cumpra de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.



EXAMINA O TEU SENTIDO CRÍTICO: Escoita esta versión cantada do poema e responde. Que che di esta canción? Que te chama a atención?
Cal cres que é o tema que trata?


Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 16-09-2014 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal