narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cales son as causas do descenso de uso do galego no século XX?
Despois de analizar as prohibicións do Franquismo como unha das principais causas do descenso de galego-falantes nos últimos anos, imos completar esta análise con outra causa non menos importante.

A PERDA DO GALEGO COMO CONSECUENCIA DA DESRURALIZACIÓN.

A lingua galega sufríu un descenso de falantes a partir de mediados do século XX tamén como consecuencia da desruralización.

A desruralización de Galicia é a perda de poboación das aldeas e pobos, mesmo das vilas, especialmente das provincias do interior (Lugo, Ourense, pero tamén de zonas máis afastadas da costa da Coruña e Pontevedra). Esta xente marcha do campo para ir vivir e traballar ás cidades galegas ou fóra de Galicia. Un proceso de emigración que se agudizou nos tempos de Franco e que xunto coa presión e a represión exercida a través das escolas provocou que se fora impoñendo o uso do idioma castelán entre os máis novos. Neste vídeo podedes ver as condicións nas que se escolarizaban aos nenos/as das aldeas do interior de Galicia nos últimos anos do Franquismo:



CUESTIÓNS SOBRE O VÍDEO: As Escolas no Franquismo e a desruralización.

1- A pesares de seren o galego o idioma de Galicia, sabes cando se introducirá por vez primeira nas escolas?

2-Describe en detalle seguindo o que din as mestras cal era a situación dos escolares do rural nos últimos anos do Franquismo.

3- Unha das protagonistas da reportaxe é unha rapaza, en que condición de especial dificultade vive? Por que prefería comer no colexio co resto dos seus compañeiros das aldeas de Friol?

4- Que queren ser de maiores estes nenos/as? Por que cres que ningún quere permanecer no campo? Razoa a resposta.

5-Que fan os rapaces e que fan as rapazas ao rematar a xornada escolar e volver as súas casas? Teñen moito tempo para facer os deberes?

6- A avoa que aparece ao final da montaxe, en que idioma canta aos seus netiños?

Ao chegar ás cidades, os medios de comunicación como a Radio, a TV e os xornais e fenómenos de masas como o Cinema, van exercer tamén unha forte presión sobre a poboación galego-falante para que troque de idioma. Comeza así a asociarse progresar co uso do castelán, e, aínda que o galego sexa o idioma máis usado en Galicia ou maioritario, será un idioma minorizado por non gozar de prestixio e de valor para os seus propios falantes.

Hoxe para o galego, a pesar da desruralización, as cousas foron cambiando un pouco como podemos comprobar na mesma escola en Friol (Lugo):

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 25-10-2012 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal