narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUE LINGUA DEBEN FALAR OS GALEGOS?
Despois de analizar os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta as preguntas que nos faciamos.
Cal é a razón de que o galego dende a época dos nosos avós a hoxe tivese un descenso considerable no número de falantes?:
Atopamos na aula inicialmente tres respostas posibles a esta cuestión tan complexa:
- A ditadura de Franco.
- O non nos falar os nosos pais/ nais en galego a nós.
- O feito de que haxa un ambiente pouco propicio (amigos/as, compañeiros de clase, etc…) que nos falen en castelán.

Iremos pois analizando estas respostas, unha a unha:

O IDIOMA GALEGO DURANTE O FRANQUISMO (1936-1975)
Observa este cartel que se repartía en Galicia nos primeiros anos da Ditadura de Franco (1942).


- Debemos saber que o noso idioma foi prohibido nas escolas, nos actos públicos, nos xornais, no cine… sendo habitual o castigo físico dos rapaces ou rapazas que o usasen na escola, os despidos de funcionarios ou as multas a xornais e escritores, mesmo a censura que impedía a publicación ou a tradución de libros ao galego. O castelán era o único idioma que se ensinaba e usaba en público, considerando o galego, catalán ou o éuscaro dialectos. Nesa sociedade represora viviron os vosos avós e naceron ou herdaron, en gran parte, os vosos pais/nais.

Todos vós tivestes grazas á volta da Democracia unha mellora considerable á hora de poder coñecer e usar o galego nas aulas, pero aínda así, pasados máis de 30 anos, somos herdeiros e sufrimos dalgún xeito a presión dunha sociedade condicionada pola imposición que a ditadura exerceu durante os 40 anos que durou, esa que, en gran medida, fixo que descendese o número de galego-falantes nos últimos anos.



Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 18-10-2012 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal