narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comezamos coa poesía

Imos dar comezo ao traballo en profundidade coa poesía un 24 de febreiro. A poesía como chave para descubrir a Galicia que temos dentro. Por que este día? Un 24 de febreiro nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, escollemos este día para comezar a traballar máis polo miúdo a poesía na clase de galego de 1º ESO, escoitamos versoso de Rosalía e comentamos temas e estilo dunha poesía que bebe das fontes da tradición oral, porque esa é a forma primeira que teñen para o galego moitas das manifestacións da nosa literatura. Neste camiño da descuberta da Galicia que levamos dentro o campo emotivo emocional vai ser percorrido grazas en gran medida a poesía galega que terá o seu punto álxido no mes de maio cando cheguemos a comentar e coñecer mellor un poema que como algúns dos poemas de Rosalía tamén nos representa a todos nós e que é o Himno galego de Eduardo Pondal.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 25-02-2012 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0