narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VIVAMOS O CICLO de NADAL

Lembrade... comezabamos o curso preguntándonos se vivíamos como galegos. Por iso decidimos tomarnos tempo e, ao longo do curso, día a día, ir sabendo máis e máis de como somos os galegos, que significa ser galego. Agora chega o Nadal e xa empezan a bombardeanos coa publicidade como todos os anos:



E entre anuncios que reclaman a nosa atención debemos saber acheguegarmos de verdade ao significado deste ciclo de Trece noites coas trece lúas, comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente:



Este é o texto do nadal tradicional:

Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?


Un ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro con danzas de Reis coma estas:




Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 18-12-2012 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
CELSO EMILIO VIVE 12 do12 do 2012

Os rapaces e rapazas de 1º da ESO estivemos na Biblioteca recitando un poema, recitamos o poema "Irmaus". Trátase dun poema de Celso Emilio Ferreiro que hoxe día 12 do mes 12 do 2012, ano no que se celebra o seu centenario, imos lembralo a través deste vídeo:





e logo de escoitar varias versións cantadas de poemas do autor vimos un documental:

que emitirán na TVG . Este é un breve adianto:



Este documental que emiten hoxe ás 11,30 case ás 12.
No proxecto Abalar hai tamén unha Unidade didáctica sobre Celso Emilio
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 12-12-2012 06:34
# Ligazón permanente a este artigo
REMATAMOS COS DEFUNTOS ?
A mal chamada Santa Compaña pasa por ser un dos máis estendidos exemplos da nosa mitoloxía relacionada coa morte. Esta procesión de mortos onde hai un vivo e pode ser aviso da morte ten un fondo arraigo entre os galegos como podemos comprobar no seguinte vídeo:



No tocante ao LÉXICO DE DEFUNTOS imos enumerar aquí os que vimos usando ao longo deste mes que comeza co día 1 de Todos os Santos e 2, o dos Defuntos o día dos magostos que pola zona adoita coincidir co 11 día de San Martiño e remata co 30, día de Santo André, que tamén dixemos que ten unha íntima relación cos camiños dos mortos cara o Alén.

MES DE DEFUNTOS (Léxico da morte)
Mes de Santos ou Defuntos ou San Martiño
Outono (auctum + annum ?ano medrado, maduro?)
Día de Todos os Santos 1 de novembro.
Día de Defuntos 2 de novembro.
Día de San Martiño 11 de novembro. ? polo san Martiño...trompos ao camiño?
Día de Santo André 30 de novembro.
Festa do Samaín, 1 de novembro
Caveira (cráneo) / cabaza (calacú)
Candea, vela, cirio
Medo, susto , arrepío, calafrío.
Morrer, finar, falecer
Defunto, morto, finado e cadáver ( carne + dada + aos vermes)
Mortalla
Sudario
Enterro
Caixa, ataúde, féretro, cadaleito
Tumba, cova, terra
Inhumar (ósos) / incinerar (cinzas)
Esqueleto / corpo
Lápida, epitafio
tanatorio
velorio
Cemiterio, camposanto
Ánima, alma, espírito, pantasma
Morte Moura, Morte Branca
Agoiros ou avisos de Morte
Paxaro da Morte, avelaiona (corvo, pega, moucho, curuxa...cabra do aire)
avelaiñas (bolboretas da noite brancas e negras)
A Compaña, Estadea (cruz) procesión, acompañamento
Igrexa, parroquia, adro
Ánima en pena, peto de ánimas e cruceiros
Circo ou círculo no chan
Purgatorio
Magosto
As castañas símbolo dos ánimas
campá
Asombramento nos castiñeiros
Urco
Peregrina
Afogada
Bergantín pantasma
O barqueiro e o Río do Esquecemento
Deceso, óbito, .... necrolóxica
Funeral, fúnebre ?funus?

Rito/ culto aos mortos
Santuario ofrecidos romaría
Morte, pasamento (pasar) soño eterno
Camiño dos mortos, Santiago, Teixido...
Galicia País dos mortos
Cidades asolagadas en lagoas.
Inferno, Averno, mundo dos mortos
Ruín Hábito (rachar o hábito)
Lume, lapas, laparadas
Illa dos mortos, illa do Alén
Alén: Máis Alá, Outro Mundo

Hai moitos ditos e refráns
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 28-11-2012 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Que relación temos os galegos coa morte?
No Mes de Defuntos procuraremos aprender algo que nos caracteriza como galegos que é a nosa especial relación coa morte. Será porque vivimosno Cabo do mundo?
Imos comezar analizando unha curiosa peregrinación que debemos realizar todos, ben de vivos ou ben de mortos. Di o refrán: "a Santo André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo". Por iso comezamos por analizar este curioso documental que ademais de localizar este santuario na Costa da Serra da Capelada, perto de Fisterra. Logo conta a lenda de Santo André e como hai tradición de que vaian en peregrinación vivos e mortos a aquel lugar. Os mortos necesariamente por seren romeiros do Alén( precisan mesmo a axuda de familiares vivos para atoparen o camiño cara esa illa do Alén cara a que se dirixen unha vez chegados a Teixido de aí os amilladoiros de pedras). Os vivos por ofrecemento ou promesa para sandar algún mal para o que moitos acoden co ataúde.
Pero un lugar máxico tamén presenta rituais que teñen que ver coa vida como o asociado á fonte dos tres canos ou a herba de namorar ou o xunco do bon parir.
No santuario, un dos máis visitados de Galicia, véndense tamén un amuleto-recordo que é pan de Santo André.



Imos pois despois de ver o vídeo responder as seguintes cuestións:
- Que significa a expresión romeiros do Alén?
- De que se queixaba Santo André a Xesucristo ao se instalar o seu santuario neste lugar de Teixido? Que lle contesta Cristo?
-Como pode ir un morto que non foi de vivo a Santo André ou a calquera outra romaría ao que estaba ofrecido? Que significa "petar no sartego"?
- Por que motivos acoden ao santuario os vivos?
- Define os seguintes conceptos: Romaría, Alén, ofrecemento, "herba de namorar", amilladoiros, "xunco do bon parir", procura tamén dous sinónimos de ataúde:...
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 05-11-2012 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Cales son as causas do descenso de uso do galego no século XX?
Despois de analizar as prohibicións do Franquismo como unha das principais causas do descenso de galego-falantes nos últimos anos, imos completar esta análise con outra causa non menos importante.

A PERDA DO GALEGO COMO CONSECUENCIA DA DESRURALIZACIÓN.

A lingua galega sufríu un descenso de falantes a partir de mediados do século XX tamén como consecuencia da desruralización.

A desruralización de Galicia é a perda de poboación das aldeas e pobos, mesmo das vilas, especialmente das provincias do interior (Lugo, Ourense, pero tamén de zonas máis afastadas da costa da Coruña e Pontevedra). Esta xente marcha do campo para ir vivir e traballar ás cidades galegas ou fóra de Galicia. Un proceso de emigración que se agudizou nos tempos de Franco e que xunto coa presión e a represión exercida a través das escolas provocou que se fora impoñendo o uso do idioma castelán entre os máis novos. Neste vídeo podedes ver as condicións nas que se escolarizaban aos nenos/as das aldeas do interior de Galicia nos últimos anos do Franquismo:



CUESTIÓNS SOBRE O VÍDEO: As Escolas no Franquismo e a desruralización.

1- A pesares de seren o galego o idioma de Galicia, sabes cando se introducirá por vez primeira nas escolas?

2-Describe en detalle seguindo o que din as mestras cal era a situación dos escolares do rural nos últimos anos do Franquismo.

3- Unha das protagonistas da reportaxe é unha rapaza, en que condición de especial dificultade vive? Por que prefería comer no colexio co resto dos seus compañeiros das aldeas de Friol?

4- Que queren ser de maiores estes nenos/as? Por que cres que ningún quere permanecer no campo? Razoa a resposta.

5-Que fan os rapaces e que fan as rapazas ao rematar a xornada escolar e volver as súas casas? Teñen moito tempo para facer os deberes?

6- A avoa que aparece ao final da montaxe, en que idioma canta aos seus netiños?

Ao chegar ás cidades, os medios de comunicación como a Radio, a TV e os xornais e fenómenos de masas como o Cinema, van exercer tamén unha forte presión sobre a poboación galego-falante para que troque de idioma. Comeza así a asociarse progresar co uso do castelán, e, aínda que o galego sexa o idioma máis usado en Galicia ou maioritario, será un idioma minorizado por non gozar de prestixio e de valor para os seus propios falantes.

Hoxe para o galego, a pesar da desruralización, as cousas foron cambiando un pouco como podemos comprobar na mesma escola en Friol (Lugo):

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 25-10-2012 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
QUE LINGUA DEBEN FALAR OS GALEGOS?
Despois de analizar os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta as preguntas que nos faciamos.
Cal é a razón de que o galego dende a época dos nosos avós a hoxe tivese un descenso considerable no número de falantes?:
Atopamos na aula inicialmente tres respostas posibles a esta cuestión tan complexa:
- A ditadura de Franco.
- O non nos falar os nosos pais/ nais en galego a nós.
- O feito de que haxa un ambiente pouco propicio (amigos/as, compañeiros de clase, etc?) que nos falen en castelán.

Iremos pois analizando estas respostas, unha a unha:

O IDIOMA GALEGO DURANTE O FRANQUISMO (1936-1975)
Observa este cartel que se repartía en Galicia nos primeiros anos da Ditadura de Franco (1942).


- Debemos saber que o noso idioma foi prohibido nas escolas, nos actos públicos, nos xornais, no cine? sendo habitual o castigo físico dos rapaces ou rapazas que o usasen na escola, os despidos de funcionarios ou as multas a xornais e escritores, mesmo a censura que impedía a publicación ou a tradución de libros ao galego. O castelán era o único idioma que se ensinaba e usaba en público, considerando o galego, catalán ou o éuscaro dialectos. Nesa sociedade represora viviron os vosos avós e naceron ou herdaron, en gran parte, os vosos pais/nais.

Todos vós tivestes grazas á volta da Democracia unha mellora considerable á hora de poder coñecer e usar o galego nas aulas, pero aínda así, pasados máis de 30 anos, somos herdeiros e sufrimos dalgún xeito a presión dunha sociedade condicionada pola imposición que a ditadura exerceu durante os 40 anos que durou, esa que, en gran medida, fixo que descendese o número de galego-falantes nos últimos anos.



Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 18-10-2012 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
E TI QUE LINGUA FALAS?

Despois de observar os resultados globais da árbore filolóxica de 1º da ESO do teu curso, pensa e responde as seguintes cuestións:

1-Por que cres que tras varios séculos de uso maioritario da lingua galega houbo un descenso de falantes de galego tan brutal nos últimos anos?

2-Observa que hai unha diferenza apreciable entre os pais e as nais á hora de utilizar a lingua galega, cal cres que pode ser o motivo?

3- Que cres que podemos facer nós para que esta situación herdada e tan inxusta cambie para ben e recuperar a lingua dos nosos avós?
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 17-10-2012 06:57
# Ligazón permanente a este artigo
E LOGO, TI DE QUEN VÉS SENDO?

FAI A TÚA ÁRBORE FILOLÓXICA

DESCUBRE A GALICIA QUE LEVAS DENTRO!

Imos realizar unha recollida de datos nas casas de cada un dos alumnos/as para realizar logo unha árbore filolóxica da nosa familia, unha especie de árbore xenealóxica que inclúe e destaca a lingua empregada e a que se emprega na relación pais-nais//fillos-as.

A carón dos nomes (tamén pode haber fotos) colocaremos en cor verde unha raia que indica que o idioma empregado é o GALEGO, pola contra unha raia vernella indicando que o idioma falado é o CASTELÁN. Pode haber dúas liñas cando os idiomas empregados sexan ambos, pero preferimos que se indique só a lingua máis usada (no caso de usar idiomas que non sexan o galego ou o castelán, utilizarase outra cor distinta). Podes botarlle unha ollada á árbore modelo que acompaña a esta entrada.

Logo podes ver estes vídeos que comentaremos na aula:



Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-09-2012 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
SOBRE AS PROBAS DE SETEMBRO
Hai alumnos/as que deben recuperar ben lectras, ben algunha materia do curso. Para estas persoas que teñen que realizar as probas en setembro o martes 4 ás 9 da mañá, imos indicar que cousas teñen que preparar e unha serie de probas modelo para que teñen referencias concretas de como poden ser esas probas.

Para alumnos/as que teñen pendentes a 1ª, 2ª e 3ª avaliacións:

TEMAS do Libro: 1ª/ temas 1-2-3-4
da 2ª/ 5-6-7-8 e a lectura 2ª
e da 3ª/ 9,10,11 ,12 LETRAS Galegas: Paz Andrade.

Debe traballar o léxico de todos os temas citados.

Prácticas: Xénero e número en substantivos e adxectivos. Determinantes e colocación dos pronomes (páx. 144-145-146 tema 8 do libro e apuntamentos). Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.

Prácticas cos exercicios de escribir ben e signos puntuación dos temas citados. Repaso dos verbos 180-181-183 e do apéndice do libro.

Literatura popular e xénero narrativo. Xénero lírico e teatral (ver apuntamentos de clase).

Lecturas obrigadas: Suso Espada ?Nota Roja? de Fco. Fernández Naval (Everets).
Violeta Tamurana, Andrea Maceiras (Baía edicións)
Destas dúas lecturas deberá presentar un pequeno traballo de resumo (capítulo a capítulo).



Para alumnos/as que teñen pendentes a 2ª e a 3ª avaliacións:

TEMAS do Libro: temas da 2ª 5-6-7-8 e a lectura 2ª e terceira 9,10,11 ,12 LETRAS Galegas: Paz Andrade e o Himno.

O léxico de todos os temas citados.
Prácticas: Xénero e número en substantivos e adxectivos. Determinantes e colocación dos pronomes (páx. 144-145-146 tema 8 do libro e apuntamentos). Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.
Repaso dos verbos 180-181-183 e do apéndice do libro.

Prácticas cos exercicios de escribir ben e signos puntuación dos temas citados.

Literatura popular e xénero lírico. Xénero lírico e teatral (ver apuntamentos de clase).

Lecturas obrigadas: Suso Espada ? Nota Roja? de Fco. Fernández Naval (Everets).
Violeta Tamurana, Andrea Maceiras (Baía edicións)
Destas lecturas deberá presentar un pequeno traballo de resumo (capítulo a capítulo).



Para alumnos/as que teñen pendente a 3ª avaliación: ( case todos teñen a lectura da 3ª tamén pendente)

TEMAS do Libro: Unidades 9,10,11 ,12 e ademais LETRAS Galegas: Paz Andrade e o Himno. O léxico de todos os temas citados.
Prácticas: Xénero e número en substantivos e adxectivos. Determinantes e colocación dos pronomes (páx. 144-145-146 tema 8 do libro e apuntamentos) Complementos directo e indirecto e circunstancial, adverbios e preposicións.

No apartado denominado: Escribir ben poñer atención aos signos puntuación, V/B e s/x/ ll/i. Repaso dos verbos 180-181-183 e do apéndice do libro. Xénero lírico e teatral (ver apuntamentos de clase).

Lectura obrigada: Suso Espada ? Nota Roja? de Fco. Fernández Naval (Everets) Deberá realizar proba de lectura tipo test en setembro, proba adxunta ao exercicio da 3ª avaliación.

Lectura recomendada: Cando petan na porta pola noite, de X.P. Docampo (Xerais).



Para os alumnos/as que teñen pendente a 2ª avaliación:

TEMAS do Libro: Unidades: 5-6-7-8 lectura 2ª e lectura da 3ª .

O léxico de todos os temas citados.
Prácticas: Xénero e número en substantivos e adxectivos. Determinantes e colocación dos pronomes (páx. 144-145-146 tema 8 do libro e apuntamentos) .

Prácticas cos exercicios de escribir ben e signos puntuación dos temas citados.

Literatura popular e xénero lírico.

Lecturas obrigadas: Suso Espada ? Nota Roja? de Fco. Fernández Naval (Everets).
Violeta Tamurana, Andrea Maceiras (Baía edicións)
Destas lecturas deberá presentar un pequeno traballo de resumo (capítulo a capítulo).

PROBAS MODELO PARA SETEMBRO
A continuación colocamos aquí modelos de probas por avaliacións. Todas as probas de recuperación de setembro terán unha estrutura semellante ás que tivemos durante o curso nas distintas avaliacións.
No caso das probas dos libros de lectura, das que non colgamos probas, tamén seguirán os modelos realizados durante o curso que coñecen os alumnos/as implicados.


PROBA MODELO DA 1ª AVALIACIÓN

1- O NOME DAS COUSAS: Ponlle nome aos números da ilustración ( por exemplo: unha rúa dunha cidade.
2-Enumera e explica brevemente os elementos dun texto narrativo como por exemplo unha novela como Dragal.
3- LITERATURA: Define os tres xéneros literarios tanto na forma como no contido que os caracterizaseguindo o explicado na aula ( apuntamentos)
4-A LINGUA POR DENTRO: Tipos de substantivos e pon dous exemplos de cada.

5-Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos:
__ cabotaxe __ mel ___laranxeira __ ponte __ cume __ análise
__ crise __ paréntese __ diabetes __ friaxe __ nariz __ cárcere
__ sangue __ sal __leite __garaxe __ paxe __ romaxe
__ hepatite __diadema __dor __ arte __ calor __ orde __árbore __servidume __ costume __limoeiro __ marxe __suor __ sinal __orixe__ til __ pa __croio __mar __lentes __con __beiramar __preamar ___áncora

6- Pon o plural dos seguintes substantivos e deduce a regra de formación do plural. Fíxate e segue o exemplo:
- Café (singular rematado en vogal) café-s (plural engade ?s)
Lei ( singular rematado?
Xamón ou robot (singular
Tórax ( singular
Colar ou xuíz ( singular
País ou mes (
Lapis ou luns (
Gol ou móbil (
Sinal ou xabaril (
Ollomol ou parasol (

7- Escribe o feminino das seguintes palabras:
Irmán:_______temperán:__________folgazán:___________cristián:_________ourensán:_________arousán:_______
Castelán:________humano:__________anano:_________pillabán:____________nugallán:__________alemán:_ ______
Lacazán:___________mentirán:_________elegante:_________xudeu:__________vampiro:___________xenro:_______
8- ESCRIBIMOS BEN: Ponlle til ás palabras que o precisen:
a) Compre que maña chamedes a Anton por se quere sair connosco. Se cadra logo ven a xogar as bolas.
b) Dixeronme que fora a casa de Ramon e que agardase fora ata que chegase el. Debia traer unha bola de pan.
c) Alguen esta agardando a sua resposta. Logo ves e ves que tipo de pregunta e esta.
d) Cando fomos de excursion, vimos un esquio nunha arbore que habia preto do muiño. Logo vin un oso pardo.
e) O portavoz dos alumnos falou co profesorado seriamente.
f) A viuva sabia mais do que dicia, pero as veces compre non ter tanta presa. Ela e moi apurada, mais onte non.

9- Pon til ás palabras que o precisen: Habilmente, ingles, balonman, portalampadas, fixena,
lua, saida, tunel, lider, textil, heroe, sua, transeunte, miudo, lapis, dificil, paxaro, medula, olimpiada,
misil, vertixe, parasito, acne, reptil, periodo, omoplata, atmosfera, teorico-practico, collenolos, vaiven.

10. LINGUA E SOCIEDADE: As linguas do estado español e o plurilingüismo (un texto mínimo de 10 liñas).



PROBA MODELO DA 2ª AVALIACIÓN
1- Os nomes das cousas: Do baño á cociña. Coloca nome aos números que aparecen nas ilustracións.
2- A LINGUA POR DENTRO: CONXUGA modo presente, pretérito e futuro de indicativo do verbo: ANDAR
Presente de subxuntivo de: OBEDECER
3-Tipos de pronomes e escribe un enunciado con cada un.
Define e explica : Diferenza entre adxectivos determinativos e pronomes.
4-Logo identifica nos seguintes enunciados tipos de adxectivos determinativos e pronomes:

Fixo outra casa
Noso pai e o meu.
Dúas persoas e algúns animais.
Cadaquén é cadaquén.
Viñeron só tres.
Alguén quere algo?
Vive no primeiro andar.
Quen quere máis?


5- ESCRIBIMOS BEN: Pon signos de puntuación e acentos ao seguinte texto: Cópiao e puntúa de novo.
Din que a poesia e para os romanticos porque a sua tematica e sempre o amor non e certo o texto de celso fdez sanmartin e so un exemplo a poesia alimentase do cotian e tamen de sucesos aparentemente pouco importantes o que converte ese acontecer en poema e a mirada do poeta ou da poetisa todos ti tamen temos unha mirada persoal.

6- LITERATURA: Define xénero lírico e as súas características.
7-Indica que tipo de rima e medida teñen os seguintes versos:
No poema localiza unha personificación e unha hipérbole.

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sen querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira,
agora teño media vida.


Rosalía de Castro.

8- Que son unha metáfora e unha ironía. Pon un exemplo de cada.
9- Características dun CONTO:
10-LINGUA E SOCIEDADE: Que é un prexuízo lingüístico.
Comenta porque son prexuízos os seguintes:
a) Afirmar que o galego é un idioma de brutos.
b) Falar galego é de mala educación se os demais non o falan.



PROBA MODELO DA 3ª avaliación

1-O nome das cousas. A miña habitaciónou o corpo humano.
2-Define xénero teatral e un monólogo.
3-Cadro dos pronomes átonos.
4-Colocación do pronome átono excepcións (pon exemplos).
4- A LINGUA POR DENTRO: Coloca correctamente ?te? ou ?che?:
Quizá__faga ____ unha festa.
Xa ____ dixo ___ que non ____ quería.
____Recitou___ un fermoso poema .
Sempre ____estás ___ a rir de min.
Fernando veu para ____dar ____algo.
____Esperei___ máis de tres horas
Quen ___chamou____ hai dúas horas?

5-ESCRIBIMOS BEN: Escribe V ou B:
_asoira , _iaxe, a_ogado, _oda,
_oar, _óla, imposi_le, _ol_oreta, _arrer, _aleiro, chu_asco,_eira, _illa,
a_ó, co_arde, gra_ar, _ermello, _acina, mó_il, _aranda, estri_eira.

- ORTOGRAFÍA completa coas letras correctas para o galego as seguintes palabras: s/x/ ll/i
E_cavar, e_posición, e_ame, e_i _ir , e_traño, e_tender, e_to_o, e_tran_eiro, no_ento, e_cesivo, _enro.
baca_au, ensa_o, pra_a, fa_ado, ma_onesa, pa_aso, bara_a, ma_o, _ogur, a_eo, ata_o, bo_a, sa_a, ra_a.

6- Substitúe o subliñado por pronomes átonos. Exemplo: Mercou un coche ao seu pai. Mercoullo
a) Fíxo a pregunta a Clara o + lle = -llo
b) Gardou o lapis no estoxo.
c) Chamou a atención a nós.
d) Comprei uns libros para os meus pais.
e) Pregunta a dirección aos policías.
f) Conto un conto para ti.

7-Indica se hai suxeito ou non E logo no predicado distingue os complementos directo, indirecto e circunstancial.
Indica nos casos que non leva suxeito cal é o motivo.

Xoán fixo unha merenda para os amigos. Nevaba nas altas montañas daquel país.

Fixeron tres contos para os nenos pequenos. O pirata gardábanos un tesouro no barco.

8-Que diferenza existe entre unha oración simple e outra composta ( pon un exemplo).
9-CONXUGA: Presentes de indicativo de SEGUIR, PEDIR, DURMIR, e o presente de subxuntivo de CAER.
Escribe despois as seguintes formas verbais:
SENTIR: 1ª persoa sing. de Presente Indicativo:_________ 2ª persoa sing. de presente de Indicativo_________
SUBIR: 1ª persoa sing. de Presente Indicativo:__________ 3ª persoa plural do presente de Indicativo:_________
CONSTRUÍR: 1ª persoa sing. de Pretérito Indicativo:___________1ª persoa sing. Presente de Indicativo:___________
CONDUCIR: 2ª persoa plural de Antepretérito :_____________ 3ª persoa sing. Pospretérito:_______________
OIR: 1ª persoa de plural Copretérito:________________ 1ª persoa sing. Presente Indicativo:___________

10-Texto argumentativo (10-15 liñas) sobre o seguinte tema a escoller:
A) Por que é necesaria a Normalización dunha lingua.
B) Paz Andrade un político e empresario exemplar con Galicia como tarefa.

Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 03-07-2012 07:30
# Ligazón permanente a este artigo
REMATAMOS O CURS0 CUN CÓMIC OLÍMPICO

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 23-06-2012 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0