narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Creación
SAN NARCISO , ENCANTADO
Nunha noite de Samaìn do ano 1456 nunha aldea chamada Marinus, que agora pasou a chamarse Marìn, habìa unha guerra entre os colexios "Os Curas da Parroquia" contra "Os Satáns do Inferno" que era un colexio de terroristas cando o primeiro colexio ìa perder pedìronlle axuda a Deus e gañaron a batalla. Despois de perder Os Satans do Inferno a batalla xuraron vinganza e construiron
unha ofrenda a Satán; sen que se enteraran Os Curas da Parroquia, debaixo da terra onde se
construirìa moitos anos despois o colexio San Narciso.
Moitos anos despois ... en 2001...
Uns nenos do Colexio San Narciso ìan tranquilamente ao bar a mercar uns "maicitos" cando descubriron que habìa un burato no chan, xusto debaixo das escaleiras. E de alì habìa como unha especie de luz vermella. Decidiron investigar. De repente unha man saìu dese burato, unha man viscosa e con espullas . Colleu o pè de Pedro e o levou con el dentro do burato. Pepiño, o mellor
amigo de Pedro, foi avisar ao director. Uns minutos despois o director foi a ver o burato, o neno estaba moi asustado. Saltaron dentro do burato o director e Pepiño,e de repente quedaron atrapados nunha especie de arañeira xigante,e o Demo estaba alì en persoa.Invocou a unha araña xigante de cor vermella. Comezaron a gritar e os demais profesores e alumnos acudiron na sua axuda, agás dùas alumnas chamadas Ofelya e Fàtima que estaban moi concentradas no seu examen porque eran as màis listas da clase. Mentres , no burato todos os alumnos e profesores , estaban atrapados na tea de araña pero entòn acudiron na sua axuda Ofelya e Fàtima , que destruiron a araña
xigante e derrtotaron a Satanàs. Pero como eran boas persoas non pediron nada a cambio e dende entòn o San Narciso è un colexio tranquilo.....


Fàtima Garcìa Permuy e Ofelya Gevorgyan.


Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Gaita galega
A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia, norte de Portugal, occidente de Asturias e o Bierzo. É o símbolo por excelencia da música tradicional galega.

A gaita galega consta de:

un soprete, co que se introduce o aire no fol.
un punteiro, co que se pode tocar en "aberto", ou en "pechado";
un fol, onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento;
un roncón, o tubo que se apoia sobre o ombro do gaitero, que soa na mesma nota que o son do punteiro na posición de Re, pero dúas oitavas máis abaixo;
un ronquete, o tubo que se apoia sobre o antebrazo dereito do gaitero, que soa na mesma nota do roncón, pero unha oitava máis arriba que este e unha máis abaixo que a posición Re do punteiro, e
un ronquillo, que sae do fol paralelo ao ronquete, que soa con igual nota que a posición Re do punteiro, unha oitava máis arriba que o ronquete e dúas máis arriba que o roncón.

Adrián Márquez Bernárdez
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
o neno do pixama a raias

Jose Simes González
1º B . ESO
Introducción
John Boyne
Irlanda (Dublín, 1971) 
Formóuse no Trinity College na Universidade de East Anglia, en Norwich. Autor de outras catro novelas —The Thief of Time, The Congress of Rough Riders, Crippen y Next of Kin—.O neno do pixama a raias non só supuso a consecución dun éxito unánime en todolos países onde se publicou (traducido a vintedóus idiomas), senon que ademáis en Irlanda mantivose no número 1 da lista dos libros máis vendidos durante 35 semanas. Foi finalista dos premios Borders Original Voices y Ottakar’s Children’s Book Prize, e nominada o «Index on Censorship» Award, o Premio Ungari Unicef e a Carnegie Medal. Miramax/Disney prepara un largometraxe coa dirección de Mark Herman.
Na entrevista que lle fixeron dí:
Que non era a súa intención facer unha “revisión literaria do Holocausto”, xa que semellante idea hubera sido moi extraviada. Seu único obxetivo, pasaba por compoñer unha novela pra os lectores máis xóvenes, que comezaban no colexio a aproximarse a aquel momento histórico. Confiaba que a amizade entre Bruno e Shmuel fora unha primeira aproximación, un punto de inicio, que lles levase máis tarde, a averiguar o que sucedeu realmente, durante o xenocidio nazi. Inda que tampouco descartou que fora unha novela accesible pra os lectores adultos. ...
Cando lle preguntan como a definiría: literatura xuvenil, ficción histórica, fábula, parábola…,A el gustalle pensar que é unha alegoría, unha fábula literaria que pode se lida por todolos públicos. 
Cando lle preguntan si lle deu medo abordar un tema tan tratado na literatura, el responde que non.Os superviventes sempre rogannos que non nos esquezamos dos devastadores acontecementos de aqueles días, por iso pensa que é vital que os artistas continuen explorándoo dende novos ángulos. Dí que nunca poderemos chegar a entender totalmente o ocurrido no seno dun país pra comportarse con semellante vileza hacia a vida humana, polo tanto, pensa que sempre será interesante pra os escritores tratar de buscar unha e outra vez unha explicación. El buscouna nun campo de concentración, observado dende os ollos inocentes do fillo dun comandante nazi.
A novela dedicoulla o seu sobriño Jaime de 11 anos, o cal, lle ensinou o proxecto orixinal pra saber que había estudado na escola sobre ese período, e si era creible a historia entre os dous nenos.
Cando lle preguntan pola imparcialidad do seu lilbro, contesta que non quería mostrar o seu favoritismo hacia ningún dos protagonistas, inda que non quería co lector acabase odiando a Bruno.





Desenrolo
Esta historia trata sobre un neno chamado Bruno que o chegar a casa, atopa a criada María, metendo as suás pertenzas, incluso as segredas en catro grandes caixóns. Como era moi educado, xa que llo ensinou a súa nai,preguntoulle: Qué estás facendo?, nese mesmo intre apareceu a súa nai pola porta e díxolle que estaba facendo a equipaxe. O traballo de seu pai, que era moi importante, é o que lles obriga a marchar da casa.
Bruno enfadase porque non quere marchar e deixar a súa preciosa casa, o seu barrio, os seus amigos (Karl, Daniel e Martin), e os avós, pero por moito que proteste a súa opinión non conta.
A chegada a nova casa supón un desagradable sorpresa, debido a que non se parecía en nada a de Berlín
A casa de Berlín era inmensa con cinco andares, o redor había moitas casas iguaís, con xente paseando e tendas con escaparates coloridos, postos de verdura e froitas e moitos cafés con xente sempre rindo. Gustaballe pararse e pechar os ollos e respirar os seus aromas, ata notar que se mareaba; mentres que na nova casa, so había tres andares, o redor non había nin casas, nin xente, nin escaparates coloridos; o pechar os ollos todo era frío e baleiro. Non había nada inda que o mirar pola xanela viu algo que o deixou inda máis frío.
Marchou na procura da sua irmá Gretel (o caso perdido). Era tres anos maior ca el, daballe un pouco de medo, debido a que tiña hábitos de mal gusto; como estar moito tempo no baño pola mañá sen deixalo mexar a el, tiña moitas bonecas e si entraba no seu cuarto sen estar ela pensaba que a ian informar de todo,tamén tiña tres amigas (os monstros) igual de malas ca ela, e sempre metíanse con el, sobre todo, co seu aspecto físico.
Infórmaa de que pola xanela do seu cuarto viu outros cativos que non lle pareceron moi simpáticos. Van para o seu cuarto.
O mirar pola xanela, ven que non só había cativos; tamén había pais, rapaces pequenos, avós e xente sen familia; o que non había eran nais, raparigas e avóas.
O mirar cara abaixo, viron un fermoso xardín con moitas flores de cores e que estaba coidado con moito esmero, había un banco de madeira que miraba cara a casa, inda que lles pareceu raro, alí era normal, xa que o rematar este había un aramado moi longo e moi alto, rematado en espiñas, máis o resto era deserto e o lonxe viánse unhas pequenas cabanas, e preto das cabanas víanse persoas todas co mesmo pixama e gorra a raias; que estrano, pensou Bruno.
Decide preguntarlle o seu pai, porque viñeron a vivir a Ouvichs; cando chega a porta da oficina (zona-prohibida-en-todo-momento-e-sen-excepcións) petou dúas veces e unha voz forte dixolle que pasara; o despacho de Padre era impresionante sentou nunha cadeira e na conversa que manteñen, Bruno deixa claro que non lle gusta a súa nova casa, entón seu pai, explicalle que cando el era un cativo gustaballe facer o mesmo ca el, e o seu pai (o avó), dicialle o que era mellor para el, e que cando o entendeu foi máis feliz.
Días máis tarde estaba deitado na súa cama ollando cara o teito, cando se fixou que a pintura se desprendía, imaxinou que habería insectos no interior empurrando por ela para facer unha fenda pola cal poder escapar; el sentiase igual, preso. O chegar María quere saber a súa opinión sobre a nova casa e porque seu pai decidira vir a vivir a este sitio; considerabao un estupido; María non lle ía permitir que insultase o seu pai xa que era o home máis bó que coñecera, sempre axudou a ela e a súa nai cando o necesitaron.
Semanas despois en Ouvichs, como non había ninguen con quen estar, pensou que ía tolear e acordouse de herr Roller, un home que sufríra unha grave lesión e se comportaba dunha estrana maneira; adoitaba discutir e loitar consigo mesmo na rúa e invitaba os animáis a acontecementos sociais, como tomalo té. A súa nai explicaralle que non se debía burlar del, xa que na súa xuventude, era un home moi guapo, atento, amabel e movíase pola pista de baile como Fred Astaire, estaba así a consecuencia da guerra.Para manter a mente ocupada decide construir un bambán na pola dun árbol robusto, encontrou a corda no soto pero faltáballe o pneumático e tivo que falar con Tenente Kotler (o cal lle caía fatal) . Este dille que o encontrará no almacén. O ver a Pavel o Tenente ordenalle de maneira insolente que o busque, de regreso a casa puxose a construilo, a cal foi unha ardua tarefa xa que non contaba cos seus amigos; cando rematou comezou a xogar e acabou de fuciños na terra, decatouse de que tiña moitas feridas pero Pavel colleuno e levouno a cociña e curoullas, xa que noutro tempo fora médico. O chegar a súa nái, deulle as grazas pero lle dirían o Comandante que foi ela quen o curou. Bruno non entende a actitude da súa nai.
Bruno bota de menos os seus avós, debido o enfado da súa avóa con respecto o seu pai. O avó Matthias contaba con setenta e tres anos e inda que estaba xubilado, rexentaba un restaurante, no que o pai do seu amigo Martin era cociñeiro, estaba moi orgulloso de que o seu fillo Ralf fora Comandante. Para súa avóa Nathalie todo era distinto. Tiña setenta e dous anos e a a Bruno nunca lle parecera vella; tiña o cabelo longo e louro, como o da súa nai e os seus ollos eran verdes, debido a que tiña sangue irlandesa, ela dedicouse na súa mocedade o mundo do espectáculo, como cantante. A rifa comezou cando o seu pai presentouse co seu novo uniforme, a avóa pensa que nunca lle ensinara nada, non era capaz de asimilar co seu fillo pudera levar ese uniforme sabendo o que significaba. Dende aquela nunca máis volveron a verse e Bruno escribille unha carta contandolle o da nova casa, os arames, o banco, o xardín, as casetas, as chemineas e sobre todo o moito que a quería.
Despois do tédio, padre decide que volten os estudos e acordan entre Madre e el en traer un tutor, o cal chegou días despois na súa bicicleta; herr Liszt, e comezaron as clases.
Herr Liszt, era un misterio para el, inda que era simpático, e nunca lle tratou de pegar como facía o seu antigo profesor, había algo nos seus ollos que delataba a súa ira. Encantaballe a historia e a xeografía, pero a Bruno lle gustaba a literatura e a arte, e tiña a deferencia de chamarlle “homiño”.
Unha mañá decide sair a explorar, pero en vez de facelo na súa casa que era pequena en comparación coa de Berlín decide facelo fora. Seu pensamento estaba en todalas persoas do pixama a raias; parecía unha cidade aparte, na que se diferenciaban dos soldados ¿Porqué uns atravesaban o aramado e eles permanecían nesa beira? Tiñan que porse sempre firmes ante os soldados e a Bruno nunca se lle ocorrera pensar, nin preguntar, cal era o motivo polo que estaban alí. Pensou que a maneira mellor de averigualo, era percorrer o aramado, o cal lle dixeran que non se achegara e ver a onde o conducía.
Canso de tanto andar porque aquel aramado era moi longo, e cando xa se ía rendir, viu ao lonxe un puntiño; pensou que era un espexismo e decide seguir ata onde se atopaba este. O puntiño converteuse nun neno. Tiña unha cor agrisada, ollos grandes e melancólicos de cor caramelo, e era moi fraco. Fixeron as presentacións, o neno chamase Shmuel que soaba como o vento e Bruno soaba como algén que refrega os brazos para non ter frío; a súa sorpresa foi moi grande o enterarse de que os dous naceran o mesmo día ( quince de abrir de mil novecentos trinta e catro). Falan das súas nais, dos seus fogares e que cando Bruno sexa maior quere ser explorador inda que Shmuel non o sabe.
O cabo dun momento Bruno fai a pregunta que tiña tanto tempo a cavilar ¿ Porqué hai tanta xente nese lado do aramado? ¿E que facedes todos haí?
Cavilando Bruno recordou cando chegou o seu pai a casa moi contento e co seu traxe novo e lle tiñan que chamar Comandante, comunicoulles que o Fura ía vir a cear o xoves pola noite, tiñan moito traballo por diante. Por fín, chegou a noite do xoves e toda a casa estaba limpísima e Bruno e Gretel estaban moi ben vestidos esperando o Fura. Sonou o timbre, e o abrir a porta, apareceu un home máis baixo que Padre e non tan forte, tiña o cabelo escuro e moi curto e un bigote insignificante e viña acompañado dunha fermosa muller de cabelos louros e beizos vermellos e máis alta co Fura. Fixeronse as presentacións e a Bruno parecialle cada vez o convidado máis maleducado que nunca vira; polo contrario a fermosa muller chamada Eva, tratounos con educación e falou con eles ainda co cabo dun intre o Fura chamouna como si fora unha cadeliña. A cea durou dúas horas e cando marcharon viu asombrado como nin se despedía nin lle abría a porta a súa acompañante, senon que entraba no coche e pusoxe a ler o xornal. Días máis tarde fan o equipaxe.
Volvendo o presente, Shmuel contalle a súa deportación. Este vivía nunha cidade moi bonita, encima da tenda de reloxos do seu pai; este agasallouno cun reloxo de ouro feito por el, que os soldados lle acabaron quitando. Un día chegou da escola e atopou a súa nai facendo uns brazaletes cunha tea especial e debuxando unha estrela, e dixonos a meu irmá e a mín que sempre que saísemos, debíamos levalos. Uns meses máis tarde tivemos que marchar da nosa casa, e Bruno dixolle que o mesmo lle pasara a el pero non levaba brazalete e gustaríalle levar un como o que levaba o seu pai. A Shmuel e a súa família mandaronnos a Cracovia, separados do resto por un muro, vivian nun cuarto con outra família que sempre discutían. Un día chegaron uns camións e os levaron o tren e separaronno da súa nai, fora a última vez que a vira. Bruno comparase con el en todo momento, sen saber en realidade polos problemas que estaba a pasar Shmuel.
Bruno e Shmuel vianse todalas tardes despois das súas clases, el procuraba levarlle algo de comer e falaban do que lles pasaba. Xeralmente, un pensaba diferente do outro e cando atardecía cada un marchaba para a súa casa. O chegar a casa ese día, levou unha noticia hórribel, o Tenente Kotler ía vir cear esa noite; mentres Pavel servía a mesa, falaban das cousas que facían e preguntaronlle o Tenente que era o seu pai, o que lle respondeu que era profesor de literatura e o preguntarlle onde vivía a súa resposta foi Suiza o que seguiu a unha pequena conversa nada favorable para o Tenente Kotler, nin para a cea, o que levou a que seu pai se irritase. Bruno por primeira vez, viu ata onde podía chegar o abuso para con unha persoa, sin que ningún dos que estaban presentes fixeran nada por evitalo. O chegar a cama pensou que a partir de agora sería mellor calar a boca.
Como amaneceu chovendo, Bruno non podía ir visitar a Shmuel e decidíu ficar na súa habitación lendo, entón, chegou Gretel, comenzan a falar e a Bruno escapaselle que Shmuel ía votalo de menos, o decatarse do seu erro, tenta enganar a súa irmá dicíndolle que ten un amigo imaxinario e lle fala del. O seu amigo vivía enriba dunha tenda de relóxios e da súa aventura para chegar a Ouvichs, e que levaba uns días sen atopar o seu avó, e cando lle pregunta o seu pai onde está, este ponse a chorar e apretao moi forte. Decátase de que cando Shmuel lle contara isto estaba moi triste e el non lle ofrecera consuelo; pero mañá pediríalle perdón.
Segundo pasaban as semanas e a chuvía non paraba, Shmuel e Bruno mirabanse moi pouco, Bruno sempre trataba de levarlle algo de comida porque estaba moi delgado e as veces conseguía pastel de chocolate, pero polo camiño entraballe fame e empezaba a picar ata que so lle quedaba un anaquiño e non lle parecía ben darllo.
Preparando a festa do seu pai, o Tenente Kotler, truxo a Shmuel a sacarlle brillo os vasos, porque tiña os dedos moi delgadiños, Bruno nese momento decatase do diferentes que eran, ofrecelle comida o que Shmuel respondelle que non podía, o final aceptaa pero entra o Tenente, que o tacha de ladrón e Bruno co medo que ten, di que non o coñece e marcha deixando o seu amigo so, sintese moi arrepentido, os días seguintes Shmuel non estaba no lugar de sempre e Bruno queríalle pedirlle desculpas. O séptimo día o seu amigo aparece cheo de morados pero inda así perdoao; entón Shmuel levantou un pouco o aramado e doulle a man. Era a primeira vez que se tocaban.
Xa levaban un ano en Ouvichs e Bruno xa non se acordaba dos seus amigos, reciben a noticia de que a avóa morrera e ían ir todos a seu funeral. O seu pai estaba impresionante co seu uniforme pasado polo ferro, pero estaba moi triste, porque non había arreglado o enfado coa avóa e nin tan sequera se despediran. O voltar estaba contento porque ía ver a Shmuel. Bruno sempre tiña na mente a mesma pregunta, e decide ir a xunto a súa irmá a por respostas. Gretel ¿que é o aramado? O que ela lle responde: ¿Queres dicir que non o sabes? Non. Bruno, por favor eles son xudeos e non se poden xuntar con nos. Son dunha clase diferente. ¿Entón que somos nos?, preguntalle Bruno o que Gretel lle responde: somos os contrarios, os contrarios a qué? Non obtén resposta, poque a súa irmá tampouco o sabe realmente. Nese intre pega un berro, e o aparecer a súa nai toda asustada; teñen piollos, a Gretel lavanlle a cabeza cun champú que cheiraba moi mal e a el deciden raparlle o pelo, cando chega xunto Shmuel, este riese e dí que se parece moito a el
A súa nai decide que deben voltar a Berlín, xa que Ouvichs non era sitio para cativos, non teñen amigos e ela sintese soa, pero Bruno non quere deixar a Shmuel; pasan varios días sen verse e cando se atopan Shmuel dille que estivera buscando a seu pai e non o atopara, e Bruno contalle que marcha pra Berlín, e plantealle que antes de marchar vaino axudar a atopar o seu pai, polo que Shmuel ten que traerlle un pixama a raias e así pasará por un deles.
O día amenceu chuvioso, e Bruno, pensaba que non ían poder por en marcha o seu plan, pero a chuvia cesou e foi a atoparse con Shmuel. Cando chega o aramado vé como Shmuel trae algo consigo e o pasarllo vé que é o pixama a raias, inda co chan estaba cheo de lodo, coloca o seu impermeable no chan e a súa roupa enriba e vistese. Shmuel, levantou o aramado e Bruno pasou por debaixo encheuse de barro e pensa que nunca estivera tan sucio na súa vida; despois de varias horas de búsqueda o non atopar ningunha pista, Bruno decide voltar porque empeza a anoitecer; pero de repente, vense rodeados de xente, que os acaban arrastrando a un sitio moi estrano e quente. Shmuel agarrase a Bruno e mirao asustado, entón Bruno dille que sinte que non atoparan a seu pai, e Shmuel contestalle que non pasaba nada; Bruno sinte que non pudieran xogar xuntos, pero cando fora a Berlín ialle presentar os seus tres mellores amigos, dos cales non se acordaba, porque decatase de que o seu mellor amigo era Shmuel.O MEU MELLOR AMIGO PARA TODA A VIDA, non sabe si este lle contesta, porque nese intre os maiores comezan a berrar e o cuarto oscurece, pero a pesar de todo ese caos Bruno consigue seguir agarrado a man de Shmuel, e nada no mundo o convencería para soltala.
Despois diso non se soubo máis de Bruno, inda que días despois atoparon a súa roupa preto do aramado e foron a buscar o Comandante, quen examinou a zona sen atopar nada.
Gretel e Madre, voltaron a Berlín meses despois, Gretel nunca pensara que ía botar tanto de menos o seu irmá e Padre volveuse totalmente despiadado; e un día, cando voltou cara o aramado descubriu un buraco polo que podía pasar un rapaz como seu fillo, o mirar o lonxe decatauso do que lle había pasado.
Meses máis tarde chegaron outros soldados para levalo, pero a el xa nada lle importaba.

















Opinión Persoal
É un libro que recomendaría a calquera tipo de lector, xa que engancha dende o primeiro momento e o seu argumento é moi bo.
Dende o meu parecer, o autor meteuse perfectamente na vida de dous nenos de nove anos, que ainda que sexan de distinta clase social, poden chegar a ser amigos.
O persoaxe principal, que é Bruno, chamoume a atención, porque o principio non quere saber nada do seu novo fogar pero acabase acostumando coa axuda de Shmuel, o neno do pixama a raias.

Información de interese

A estrela de David
La estrella de David es el gran símbolo del judaísmo. Tiene seis puntas y está formada por dos triángulos. En hebreo es conocida como Magen David. Hace referencia al rey David, fundador de la dinastía de Judá, que cuando era joven derrotó al gigante Goliat con una honda y una piedra.




A bandeira nazi
El nacionalsocialismo fue un movimiento político que surgió en Alemania en la década de 1920 ante el desastre de la derrota de la I Guerra Mundial. Más conocido como nazismo, culminó con la proclamación del III Reich y la dictadura de Adolf Hitler (1933-1945). La bandera nazi, su símbolo, contiene una esvástica negra.

Palabras do diccionario
Proíame: Sensación dolorosa e parecida ó picor.
Asisada: Adquirir cordura.
Fornecían: Proveer do necesario.
Fungón: Que amosa disgusto por algo ou que se queixa de algo en voz baixa.
Encabuxouse: Producir enfado.
Mantenta: A proposito ou con intención.
Rolla: Obxecto que serve para cerrar unha botella.
Devecente: Diminuir, minguar, ir a menos. Desexar algo con forza.

Fontes de información
Bibliografía
Titulo orixinal: The boy in the striped pyjamas
Texto orixinal: John Boyne,2006
Traducción: Daniel Saavedra Toral,2007
Editorial: Factoría k de libros,2007
Ilustración e deseño de portadas: Marc Taeger
Segunda edición: Xaneiro,2008


Páxinas Web
Web oficial: John Boyne. www.johnboyne.com
THE BETTMANN ARCHIVE
Microsoft ® Encarta ® 2007. © 1993--2006 Microsoft Corporation. Reservados todos los derechos.
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Do Latín o Galego

A transformación do latín o galego produciuse de maneira progresiva e imperceptible. É imposible dar unha data exacta desde a que o latín é galego. No século VIII a lingua da igrexa e da administración era tan distante da falada que hai dous sistemas diferentes: o latín e o galego. Nembargantes non aparecerán textos escritos en galego ata finais do século XII, xa que o latín continuaba a ser a lingua da cultura, dos documentos legais, da liturxia e do ensino, non só na Gallaecia romana, senón en toda a Europa medieval.

O documento literario máis antigo dos coñecidos hoxe é a cantiga satírica Ora faz ost'o senhor de Navarra de Joam Soares de Paiva, escrita cara ao ano 1200. Dos comezos do século XIII datan os primeiros documentos non literarios en galego, Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso III de Portugal (1214). Recentemente foi achado o documento mais antigo escrito na Galiza, o cal data do ano 1228. Trátase do Foro do bõ burgo de Castro Caldelas outorgado por Afonso IX en Abril do dito ano ao municipio de Allariz. O mais antigo documento latino-galego-portugués, encontrado en Portugal, é chamado de Doação à Igreja de Sozello, encóntrase no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, e é datado do ano de 870 d.C.

Galicia constitúe xa desde o século VIII unha unidade política cos reinos de Asturias e León; malia esta situación, chega a acadar unha certa autonomía que lle permitiu conformarse como reino independente en determinados momentos dos séculos X, XI e XII. Neste contexto o galego é a lingua exclusiva no uso oral, cunha competencia minguante do latín na escrita. Ha ser a presión deste monolingüísmo oral o que leve no século XIII a unha situación de cooficialidade entre o galego e o latín nos documentos notariais, bandos, preitos, etc., aínda que o latín segue a posuír o estatus de lingua universal de cultura
Alejandro Morenza Pérez
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
O refraneiro
"Ca muller e o diñeiro non xogues compañeiro"

"As bodas con foguetes sempre acaban a cachetes"

"Hasta o 40 de maio non quites o saio"

"Por San Xoan a sardiña molla o pan"

"O comer e o rañar, éche cousa de empezar"

"A auga de correr e a xente de falar, non se pode privar."

"Boa roupa e boa vida fan a vella garrida"

"Brais, lávate e comerás; despois de lavado non comerás bocado."

"Sogra, nora, can e gato non comen ben nun mesmo prato."

"Hai que saber disimular o que non se pode remediar."

"Para dicir mentiras e comer pescado, hai que ter moito coidado."

Miguel Q. P.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
A BILLARDA
A billarda ou estornela (tamén chamado tala ou toña; lipilape en Marín) son as denominacións dun dos xogos máis coñecidos e populares dos que se facían (e aínda se fan) e é un deporte típico de Galicia. Que consiste en que cun pau (marro ou palán, darlle a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posibel. As regras deste xogo son zonais, polo que é dificil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras.







CLASIFICACIÓN DA LIGA DE BILLARDA

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS:
BILLARDEIROS MUSICAIS _______ 139 puntos
REMOURELLE BULLS____________ 133 puntos
CORNERÍA TEAM_______________ 115 puntos
SPORTING_____________________ 101 puntos
EKIPA SAFARI_________________ 92 puntos
OS BÍTERE___________________ 92 puntos
FANECAS BRAVAS_______________ 91 puntos
PIRATAS DA BILLARDA___________ 73 puntos
TRONOS DO MASMA_____________ 68 puntos







FEITO POR: DARÍO E REY










www.jujel.es
Comentarios (5) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Parque Nacional das Illas Atlánticas
O burato do Inferno
Informe dos espazos naturais galegos

-Parque Nacional das Illas atlánticas:Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Fauna e flora:
Fauna:
-Gaivota “arxéntea”
-Cormorán moñudo
-Outros: Alcatraz, Percebe, Boi, Nécora, Polbo, Ameixa
Flora:
-Toxo
-Xaras
-Endrinos
-Outros: Piñeiro marítimo, eucalipto, CAMARIÑA (moi escasa)

LUGARES INTERESANTES DAS ILLAS:
-Ons: Burato do Inferno, A Laxe do Crego e as fermosas praias, etc.
-Cíes: Sistema Dunar Figueiras-Mixueiro, o observatorio de aves e as praias, etc.
-Sálvora: O Faro da illa.
-Cortegada: Bosque de Laurel.



PESQUEIRA RECAMÁN,Alberto
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
A historia de María soliña
MARÍA SOLIÑA


Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas (Pontevedra) foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta "bruxería". Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores.

A "caza de bruxas" estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617. A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case exclusivamente por membros deste grupo social, foi un eficaz medio para logra-lo seu propósito.



Escudo de la Inquisición

O obxectivo primordial era arrebatar a certas persoas os seus "dereitos de presentación" en capelas e freguesías. Consistía este dereito en que os sucesores do fundador dunha igrexa podían propoñer ó seu titular cando quedase vacante, e á súa vez participar dos beneficios que aquela xerase.

Para disimular o seu reprobable propósito, mesturaron algunas que si os posuían con outras que eran "pobres de solemnidade". Moitas delas atopábanse totalmente desamparadas, por ter quedado viúvas tralos tristes sucesos de 1617.

Este foi o caso da máis famosa das supostas "meigas" de Cangas, ou polo menos a que máis trascendeu do seu tempo, inmortalizada en cantares como o que di:

“polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía
ai que soliña quedaches
María, María Soliña"


Esta cantiga parece indicarnos que as xentes a lembraron, maís que como maléfica e perniciosa bruxa, como unha pobre e desgraciadísima muller, reflexo de tódolos sufrimentos do pobo.

María Soliña, posuidora de dereitos de presentación en Aldán e Moaña, entrou nos cárceres secretos da Inquisición no 1621. Todo o proceso foi dirixido a demostrar que esta inofensiva muller gozaba de poderes demoníacos, capaces de provocar incontables males, e que entregara a súa alma ó diaño. Pero foron as propias confesións de María Soliña, provocadas polo suplicio, as que chegaron a rozar o paroxismo. Asegurou ser bruxa dende había máis de 20 anos, e ter tido actos nefandos co demo durante longo tempo, o cal se lle aparecía en forma de home.

E mentres isto declaraba, María Soliña suplicaba clemencia ó Tribunal e proclamaba o seu arrepentimento, pois aseguraba que xamais renegara de corazón de Noso Señor, senón só de palabra. Todo isto revela a desesperación anímica desta muller, como consecuencia dunha terrible tortura física e psicolóxica. O 23 de xaneiro de 1622 chegou por fin a sentencia.

Foi condenada cunha confiscación de bens, debendo portar o hábito penitencial durante medio ano. Non sabemos se chegou a cumprir toda a pena, pois probablemente a súa vida non durou moito máis. As secuelas físicas do tormento non podían deixar de notarse nunha muller de 70 anos de idade. A súa acta de defunción non foi atopada aínda. Tal vez algún día descubramos onde repousan os seus castigados restos.

Outras moitas "bruxas" foron xulgadas durante estes anos. Mulleres como Catalina de la Iglesia, que confesou ter matado a cinco criaturas. Ou como Elvira Martínez, Teresa Pérez, María dos Santos, estas pobres infelices merecen o respeto dos heroes anónimos dun pobo que houbo de sufrir, estoicamente, os abusos e a avaricia infame dus poucos. Tal vez próximas investigacións aporten nova luz sobre as súas vidas, pero a memoria colectiva as lembrará non como meigas, senón como o que realmente foron, persoas de carne e óso, con tódalas súas miserias e grandezas.

Adrián Márquez Bernárdez
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Os avisos que nos dan os animais ( CURIOSIDADES)
O reino animal parece estar especialmente dotado para coñecer o tempo que se aproxima.

-As formigas establecen rutas cara os seus formigueiros cada vez máis en liña recta conforme empeora o tempo.

-As ras croan de forma insistente cando a chuvia se aproxima e, sen embargo, este son baixa de intensidade coa chegada do bo tempo.

-As anduriñas comúns seguen a isoterma de 9ºC nos seus desprazamentos.

-As gaivotas advirten da presenza de mal tempo no mar cando nos seus vos se adentran cara terra firme.


-O chirrido dun grilo permite coñecer a temperatura reinante; contando o número de chirridos emitidos polo animal nun minuto, dividindo esta cantidade entre cinco e sumándolle seis obtemos a cifra desexada.

-Un antigo refrán arxentino indica
que: "Golfiños que moito saltan, vento traen e calma espantan"

Miguel Q. P.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal