narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

HISTORIA DAS LETRAS GALEGAS
Cartel do día das letras galegas

A historia do Día das Letras Galegas comeza formalmente en marzo de 1963, cando tres membros numerarios da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, envían unha carta ao presidente da institución, Sebastián Martínez Risco, coa seguinte proposta:
Con motivo de se celebrar no presente ano o Centenario da pubricación de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, os membros numerarios que subscriben someten á consideración da Xunta xeneral da "Real Academia Gallega", a seguinte proposta:
1º.- Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa, pois, un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.
2º.- A celebración do centenario diste acontecimento, convida a reconsiderar o siñificado do mensaxe transmitido nos "Cantares". Un mensaxe que, tanto como esprito e pobo, tanto como universalismo e galeguidade, foi, estéticamente, un mensaxe de palabra e poesía.
3º.- Velahí por qué, ademáis dos aitos conmemorativos que se orgaícen pra reaitualizar na conciencia das xentes o acento de tal mensaxe, a Academia -como órgano oficial da nosa cultura- debería consagrar, con caracter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.
5º.- Ninguén desconoce que o libro ten unha forza simbólica estraordinaria. Sendo a amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estranar o afán de esparexelo e de lle abrir camiños pra ensanchar o ámpido dos seus leitores. No caso de Galicia, ningunha data máis axeitada pra enaltecer e difundir o libro eiquí producido, que a que conmemora a pubricación da obra coa que se encetóu o prestixio contemporáneo das Letras galegas.
6º.- De atopar eco no acordo dos numerarios da Corporación o contido dista proposta, compriría dalo a conocer en Nota oficial, recabando a colaboración dos centros culturás de Galicia e a de todos os Centros Galegos do mundo, pra percurar o ésito consagratorio da celebración.


Pouco tempo despois, o 28 de abril dese mesmo ano ten lugar unha Xunta ordinaria da Institución nos salóns municipais, sede da RAG ata o seu traslado á rúa Tabernas, na que se presenta a proposta anterior e se acorda declarar como Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, tal e como se recolle na acta da sesión:
[...] O secretario deu a coñecer unha interesantísima proposición que subscriben os numerarios señores Fernández del Riego, Gómez Román e Ferro Couselo, en relación coa publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que se cumpre o 17 de maio vindeiro. Na súa vista, a asemblea acordou declarar "Día das Letras Galegas" o 17 de maio de cada ano, a partir do presente que esta Corporación celebrará coa máxima solemnidade, recabando, como se solicita, a colaboración das institucións culturais do país e a de todos os Centros Galegos do mundo para o maior realce de tan sinalada efemérede. [...]
Dous días despois, o presidente da RAG, Sebastián Martínez Risco, comunicou este acordo ao Ministerio de Información e Turismo e solicitou a súa autorización para levar a cabo esta iniciativa.
O 14 de maio, o delegado provincial do Ministerio de Información e turismo, Francisco Serrano Castillo, en nome do Excmo. Sr. Ministro contestaba de maneira favorable esta iniciativa.
Aquel primeiro ano de 1963 honrouse a figura de Rosalía con numerosos actos promovidos pola institución académica, que tiveron como sede principal a cidade herculina. Desde outras cidades e institucións tamén se promoveron homenaxes e actos destinados a honrar a autora galega e a súa obra.
Desde esta data e sen interrupción veuse dedicando anualmente o Día das Letras Galegas a unha figura senlleira da nosa cultura, elixida en Xunta Ordinaria pola RAG tal e como se recolle nos seus Estatutos:
(Capítulo 1, Artigo 2):
Son finalidades da Real Academia Galega
Decidi-la personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das letras Galegas.
(Capítulo 2, Artigo 7)
Na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas, o Plenario da RAG escollerá o persoeiro a quen se lle dedicará esa conmemoración no ano vindeiro. A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. En calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. As propostas, razoadas e asinadas por un mínimo de tres académicos, deberán incluírse na convocatoria do Plenario correspondente.


VIQUEIRA MOREIRA, Manuel
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 19-05-2008 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
A BILLARDA
BILLARDA INFOMACIÒN


Este è o material dun xogo Galego chamado billarda.
Consiste en darlle co pau grande ao pequeno
este xogo chamado billarda è parecido ao beisboll

REGRAS DO XOGO




É un dos xogos máis coñecidos e populares de Galiza, sobre todo durante a temporada estival. Xa se xogaba no século XIX, no periódico de Lugo. Na monteira do ano 1889 decíase que era un xogo de moda actual entre os nenos. Ademais afirmaba que non se sabía quén era o inventor, pero que non debía ser un calquera, porque tíña máis utilidade das que parecía, lle dálle axilidade ao corpo, forza ao brazo, e ensina a calcular as distancias a ollo. É difícil encontrar zonas nas que se xogue cas mesmas regras. Esencialmente consiste en darlle cun pau (paranca) a outro máis pequeno (billarda), para que salte e enviarllo o máis lonxe posible


DAVID FUENTES CAPA
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 19-05-2008 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
AS LETRAS GALEGAS 2008
XM Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia através da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

O 20 de marzo de 1963, baixo o franquismo, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, a data real de publicación do libro descoñécese, pero nese día Rosalía dedicoullo á tamén poeta Fernán Caballero.

Publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, obra de Fermín Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nível literario senón nos ambientes populares. A partir de entón dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración se cumpriran dez ou máis anos do seu falecemento.

Este ano está adicado a Xosé María Álvarez Blázquez. Naceu en Tui o 5 de febreiro de 1915, terceiro dos seis fillos, todos homes, do médico pontevedrés Darío Álvarez Limeses e de María Blázquez Ballester, procedente dunha familia colonial cubana. Seu avó paterno, Emilio Álvarez Jiménez, sanabrés de nacemento e moi viaxado antes de aveciñarse en Pontevedra, foi o primeiro escritor en lingua galega da familia, coa obra de teatro histórico María Castaña ou unha revolta popular; seu tío e padriño Xerardo Álvarez Limeses sería o segundo, e proporcionaría, co título do libro dos seus versos, nome para a chamada promoción de Antre dous séculos. Dos seus irmáns, Celso morreu de mozo, e Alfonso, home culto e encantador, abstívose coidadosamente de deixar obra pública; pero Darío, o máis vello, médico coma o pai, foi tamén escritor, agudo ensaísta e conferenciante; Emilio, fino prosista e excelente poeta, deixou unha obra avara pero de gran calidade; e Álvaro, o máis novo, foi un notable artista plástico, creador do pioneiro obradoiro Serigrafía Galega.

García Fernández,Víctor
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 01-05-2008 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Frases de amor


A felicidade ten nove letras. A miña só dúas: ti.
- O amor que che teño é máis grande do que che podo brindar.
- Como amiga coñecinche, como amiga faleiche, desculpa que cho diga pero de ti namoreime.
- Sobe ao ceo e pregúntalle a Deus se hai alguén no mundo que che queira máis que eu.
- Mentres este mundo exista e eu viva, vivirei para ti e para facerche feliz.
- Sei que non me queres e que pasas do meu, pero a pesar de todo iso, estou toliña por ti.
- Nunca poderei volver amar como che amei a ti, porque non hai corazón tan forte que poida aguantar tanto amor dúas veces.
- Estarei aí cando me chames a medianoite, non permitirei que a choiva estea nos teus ollos, prométoche todo isto e moito máis, porque te quero.
- Cando atopes ao teu amor verdadeiro atoparás a sabedoría de amar, aínda que soe sinxelo ao falar é a máis difícil de achar, pero a máis fermosa por conquistar.
- Cada día que paso lonxe de aquí, fai crecer o amor que sinto por ti.
- Un amigo, unha amiga, unha noite de paixón... quen sabe o que che espera.
- Ninguén é perfecto ata que te namoras del/ela.
- Acabou toda esta dor porque chegaches á miña vida transformándoo en amor.
- O amor non ten cura, pero é o único medicamento para todos os males.
- A ausencia devolve ao amor o que o costume lle fíxo perder.
- Amor, palabra de catro letras difícil de conxugar, porque non todos temos a mesma forma de amar.
- Se amarte e quererte é para despois; perderte, entón non quero amarte nin verte, o que desexo é terte.
- Perdéulleme un alfinete no medio do mar, cando o atope deixareiche de amar.
- Teño o teu nome tatuado no meu corazón, a túa voz gravada na miña mente, o teu cheiro na miña memoria e o teu sorriso no meu recordo.
- Cada día quérote máis, pero como pode ser se onte cría quererte como nunca?
- A mellor arte, é o de bicarte, a mellor canción, os latexados do teu corazón, o mellor soño, que ti sexas o meu dono e o mellor desexo, dicirche que te quero.

MARI

Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
REFRANEIRO (2)

A abella e a ovella en abril deixan a pelexa.
A abellariza e o coello, no monte vello.
A cera sobexa queima a igrexa. (Sobexo: demasiado, excesivo)
A chuvia no mes de agosto non é chuvia, que é mel e mosto.
A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa.
A quen Dios quer ben, caille a sopa no mel.
A quen se fai de mel, cómeno as moscas.
Abella e ovella, e pedra que trebella.
Abellas revoltas, tempestades ás voltas.
Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
Ano de abellas, ano de ovellas.
Ano de ovellas, ano de abellas.
As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva. (A Madalena, o 22 de xullo)
As moscas no verau comen o mel e comen o gando.
Ás solteiras mel, ás casadas fel.
Ata despois da vendimia non cáte-la entena.
Ata lavar os galleiros non cáte-lo teu abelleiro.
Ata pasada a vendimia non digas: ?¡Eite a mel miña!?.
Auga de agosto, azafrán, mel e mosto.
Cando chove en agosto, chove mel e mosto.
Cando chove por agosto, chove mel e mosto.
Cando é moita a cera na igrexa está o abade de festa.
De Dios vén o ben e das abellas o mel.
Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben.
En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas.
En agosto chove mel e mosto.
En pombas e en abellas nunca metas o que teñas.
En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.
Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre.
Máis moscas se pillan con mel ca con fel.
Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre.
Marzo marzán, cara de can; a mediodía enzamea a colmea e a noite morre a abella.
Marzo, marzán, pola maña cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.
Miguel, Miguel, non tes abellas e mais vendes mel.
Moscas comen a mel i o gando.
Non está feito o mel prá boca do burro.
Non hai máis cera cá que arde.
Non se fixo o mel pró fuciño do porco.
Non sea tanta a cera que prenda lume.
Ó que ha de morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
O que mata unha abella, ten cen anos de pena (pero o que mate un abellón ten cen anos de perdón).
O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muiño onde moer.
Ó que se fai mel cómeno as moscas.
O viño con mel sabe mal e fai ben.
Ofrece-lo pez, que a cera vai cara.
Os recíos de agosto son mel e mosto.
Ovella e abella, e pedra que trebella, e péndola tras da orella, cobizaba pró seu fillo a vella.
Ovella vella, enxamio probe, no maio morre.
Ovella, abella, pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba para o seu fillo a vella.
Ovella, abella, pedra que trebella, partes na igrexa e péndola tras da orella, deseaba para o seu fillo a vella.
Ovellas e abellas nas túas devesas e non nas alleas.
Ovellas, abellas e lentellas, todas son consellas.
Polo san Miguel sabe o touciño a mel.
Prá boca do burro non se fixo o mel.
Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.
Quen todo é mel, cómeno as abellas.
San Pedro por unha abella matounas todas.
Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da eirexa.
Se queres mel, por San Miguel.
Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas, e se queres ter mel mira polo san Miguel. (As Candeas ou a Candelaria é o 2 de febreiro; e san Miguel, o 29 de setembro)
Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel míraas polo san Miguel.
Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra (a vela fai referencia ós cirios que se poñen rodeando ó cadaleito)
Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
Se tivéra-la túa casa a arder, a túa muller a morrer, e no teu cu un abilleiro, ¿a quen acodirías primeiro?
Todos ó mel e todos ó fel. (é dicir, hai que andar ás duras e ás maduras)
Unha mala abella revolve un cobo.
Unha mala abella revolve unha colmea.
Unha mestra pra moitas abellas e un pastor pra moitas ovellas.
Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
Vinagre e mel saben mal e fan ben.


VIQUEIRA MOREIRA, Manuel
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL BLANCO ROMASANTA

MANUEL BLANCO ROMASANTA

Naceu no ano de 1810 en Esgos. De pequeno caracterizábase por ser moi destro e mañoso nos traballos de mulleres. De mozo era vendedor ambulante e con trinta e cinco anos namorouse dunha moza, Manuela García, que vivía en pecado e tiña unha filla. Para teren traballo Manuel levounas a Santander a casa duns cregos e elas comunicábanlle mediante cartas que estaban moi contentas con seu traballo. Entón, Manuel levou a máis familiares de María para alí. A xente de Esgos sospeitaba que Manuel as matara e el vendía o seu unto en Portugal.

El foise para Castela e cambiouse o nome para que non lle recoñeceran, Antón Gómez, pero uns vellos de Verín, que foron a segar alí, recoñecéronno e denunciáronno ó alcalde e o condenaron a morte e mentres o estudaban confesou que algúns dos seus asasinatos que cometeu foron nas Serras de San Mamede. O doutor Philps especializado en hipnósis diagnosticoulle licantropía e o doutor dixo que Manuel non era consciente do que facía.

O avogado defensor de Manuel era Manuel Rúa Figueroa e conseguíu que so o condearan a cadea perpetua e dixo que os crimes de Manuel os realizaba en soños. Na cárcere dedicábase a fíar.


REY AREA, Manuel





Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
O zombi das doce e media
Ás doce e media

Un día pola noite era case as doce e media cando eu, sentín alguén no meu cuarto pero non había ninguén , pero de repente sentín un calafrio e alguén me estaba a vixiar era como unha forza estraña como se unha man fría pousase no meu ombro, entón veu o meu profesor de soci e asusteime porque me sobresaltei coma..... se fose unha pantasma coma se estivera detrás de min....e asusteime moito...como se quixera falar comigo de algo moi grave .... e desde aquela cambiaron as cousas.

Á mañá seguinte, estaba no meu cuarto lendo un libro de ciencia fición cando apareceu morto un profesor era o mesmo que me veu onte pola noite, era, era, o profesor de sociais, que morrera no baño do seu cuarto... estaba asustada, porque el me visitara onte pola noite .... pois pensei que me ía pasar a min tamén....despois de 5 días o profesor converteuse nun zombi....

jessica hervella rivas
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Urraca 1ª

Urraca l de León e Castela
A raíña feudal. Primeira monarca titular na historia de España.



León 1081 - Palencia 1126

Ámbitos de ocupación...
Xurídico
Político - Institucional


Nota: As divisións provinciais e comarcais actuais non responden á distribución dos espazos no medievo galego, é preciso comprender que os marcos de referencia espacial da biobliografada non se cinguen a estes termos espaciais contemporáneos.

Condesa de Galicia, raíña de León e Castela e emperatriz de España, así poderiamos describir a filla primoxénita que Alfonso VI, conquistador de Toledo, tivo coa súa segunda muller, Constanza de Borgoña.

Naceu Urraca a fins do s. XI (1081), nun momento en que a península se atopaba en constante conflito pola reconquista dos territorios musulmáns e no seo dunha sociedade no seu máximo esplendor feudal. Transcorreu a súa infancia en León e tivo como instrutores o bispo Cresconio e Domingo Flacóniz, cunha grande influenza das súas tías Urraca e Elvira.

Dende un principio tivo que enfrontarse á súa condición de muller como consecuencia da obsesión paterna por enxendrar un fillo varón que non chegaba e, desa busca, naceron tres irmáns ilexítimos: Teresa, Elvira e Sancho. Este último fixo que mudase radicalmente o seu status xa que pasaba de herdeira do trono de León a condesa consorte de Galicia. O condado de Galicia viñera da man do matrimonio que, cumpridos os doce anos, se materializara co francés Raimundo de Borgoña, home maduro co que se consolidaban unha serie de alianzas políticas e intereses económicos para o reino.

Tras catorce anos de matrimonio e dous fillos lexítimos Sancha e Alfonso, Urraca quedou viúva, o que significou para ela un ascenso de rango e de peso político, puido proclamarse «señora de toda Galicia». E aínda que todo parecía indicar que non estaba chamada a reinar, coa morte de Sancho na batalla de Uclés chegou o seu lexítimo recoñecemento como herdeira do trono leonés por parte de Alfonso VI, que así o deixou dito antes de finar.

Pero os nobres e os condes da terra, situando nun primeiro plano os inconvenientes da condición das mulleres para reinar e tendo como máxima urxencia a defensa pola nova incursión almorávide na meseta, proxectaron o matrimonio de Urraca co aragonés Alfonso I «O Batallador» en contra da inclinación persoal da raíña, cuxos intereses pasaban polo conde castelán Gómez González.

O matrimonio celebrado en decembro do 1109 resultou ser un completo fracaso e a ruptura chegou pronto. O día 13 de xuño de 1110, a raíña encabezou un documento de doazón ao mosteiro de Silos como Urraca, raíña de toda España e filla do emperador Alfonso. Era a expresión en termos políticos do rexeitamento da titoría do rei de Aragón e a afirmación da propia independencia sobre a tradición da idea imperial leonesa.

A partir dese momento e ata 1126, reinou Urraca en León, non sen dificultades, xa que tivo que facer fronte a todas as tensións históricas que lle tocou vivir: a reconquista dos territorios musulmáns, a disputa de áreas de influencia con Alfonso I de Aragón, con Henrique e Teresa de Portugal, cos bispos e abades de todo o reino, cos burgueses de Sahagún e Compostela, ou cos nobres de Castela, León, Asturias, Galicia e Portugal. Especialmente complicada foi a loita que mantivo co bispo Diego Xelmírez e co conde galego Pedro Fróilaz, instrutores de Alfonso VII, que xeraron unha profunda inestabilidade no reino.

Estas foron as manifestacións propias das loitas de poder que tiveron lugar na sociedade feudal na que Urraca se desenvolveu, afirmando con todo a súa lexitimidade dende a posición teórica de raíña de España e sen renunciar á súa condición de muller. Os seus últimos anos están caracterizados pola madurez e a estabilidade persoal ao lado do conde Pedro González de Lara, ao que se mantivo unida ata a súa morte e co que tivo dous fillos ilexítimos: Fernando e Elvira.

Con 44 anos chegaba a morte por parto da que foi, sen dúbida, a raíña feudal, faleceu o 8 de marzo do 1126 en Saldaña (Palencia). A súa morte e honras fúnebres, igual que o conxunto do seu reinado, non mereceron atención especial aos cronistas, a pesar de pór ao descuberto todas as tensións conflitivas propias da sociedade en que ela desempeñou un papel extraordinario.

PESQUEIRA RECAMÁN, Alberto
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
OS MAIOS!

É unha festa antropolóxica galega. Para facer propicios os espíritos que a superstición supoñía na Natureza(montañas, ríos, plantas,clima, etc), certos pobos recurriron a unha seriede actos e ceremonias relixiosas e máxicas, creando un verdadeiro ritual propiciatorio que constitúe undos capítulos máis interesante da historia das crenzas populares. Especialmente as agrupacións agrícolas e sedentaria, nas que a vidadependía por completo das boas colleitas e da ordenada reprodución dos fenómenos naturais, estableceronnos momentos críticos da vida vexetal(semente, floración e recolleita) un ritual máis ou menos complicado coa finalidade primordial de festexar a morte do inverno e a chegada da primavera, así como de propiciar as boas colleitas, alonxando das terras todo tipo de axentes que puideran danalas, tales como fenómenos meteorolóxicos adversos, pragas de animais, seres maléficos(meigas), etc.

No Concilio de Elvira celebrado ó redor do ano 300 condenouse o feito de solicitar ós sacerdotes xaculatorias a finais do mes de abril co afín de alonxar das colleitas os raios, o granizo, etc. No Concilio de Braga do ano 570 prohibiuse colocar ramos nas portas das casas. O Concilio de Lugo, celebrado no século VIII, prohibiu todo este tipo de manifestacións populares consideradas como contrarias o cristianismo. No século XVIII o cabildo compostelán acorda prohibi-la entrada á catedral ós maios co pretexto de que as súas cancións e danzas eran indecentes. En épocas posteriores a maioría dos gobernantes mantiveron e reforzaron estas prohibicións, provocando que os habituais maios viñeran a menos e se converteran nun xogo de nenos, que xa pouco tiñan que ver cos antigos rituais; pero nunca conseguiron erradicalos completamente.


A continuación describo as principais manifestacións que se fan ou fixeron en Galicia, encamiñadas na súa maioría a conseguir abundantes froitos e a festexar a chegada do bo tempo, a pesar de que hoxe en día moitas delas xa non teñan o seu primitivo significado.
Alumea-lo pan: Non se dá en toda Galicia, se ben noutros tempos a súa área de dispersión debeu de ser moito máis grande. Actualmente mantense nas ribeiras próximas a desembocadura do Ulla, rías de Noia e Muros, comarcas de Amaía e Barbanza, e algúns lugares dos municipios de Cuntis, Caldas de Reis e Vilanova de Arousa.
A medianoite do 30 de abril (noite de Walpurgis), mulleres, homes e nenos saían das súas casas e adicábanse a percorrer os campos encendendo fogueiras neles, á vez que lanzaban conxuros referidos á colleita que esperaban.
Bendeci-los campos: En moitas comarcas galegas, en particular as próximas a Santiago de Compostela é costume cravar nos campos sementados un ramo de laurel ou olivo bendito o Domingo de Ramos.
Nalgunhas zonas en vez de crava-los ramos benditos o que fan é bendeci-la semente antes de plantala.


Maios do Sur de Galicia: Son os máis coñecidos. Son famosos os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén saen en Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allaríz, Valdeorras e Verín.
Pontevedra: A estrutura, de forma cónica, está feita con varas e bimbia, recuberta con fiuncho, edras, espadañas, etc... e adornándose con flores, naranxas, bandeirolas de papel, cáscara de ovo, etc... O cerimonial incluía o roubo, máis ou menos encuberto, dos elementos necesarios para a construción do maio. O neno que fai as veces de solista acóchase dentro do maio, mentres os demais compoñentes do grupo dan voltas calados o seu redor. Cando o solista cala os que están xirando repiten a misma estrofa dando golpes no chan con fungueiros. As letras das coplas maioritariamente soen ser de tono crítico, burlón ou satírico
Ourense: Os maios de Ourense diferéncianse dos de Pontevedra principalmente polos materiais e pola forma, pois ainda que se dá algún piramidal ou cónico, os mais abundantes son os de forma caprichosa: potes, horreos, cruceiros, cruces, etc... Outra característica que os diferencia e que os nenos que fan de coro non dan voltas golpeando con paus, sinon collidos da man.


MARTÍNEZ LOVEIRA, Gabriel
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0