narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

IMOS COS POEMAS de 1º 08-09
Son poemas de Rosalía ou Celso Emilio para poetizarmos.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-04-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
AS FAMILIAS LINGÜÍSTICAS DO MUNDO
Imos realizar un pequeno traballo de investigación sobre unha das cinco grandes familias lingüísticas do mundo. Do conxunto de máis de 5000 linguas existentes, signo evidente da diversidade de idiomas e culturas que caracteriza ao ser humano, imos establecer os seguintes 5 grandes grupos: Familia Indoeuropea, familia camito-semita, familia austronesia ( na que asociamos as linguas denominadas sino-austrinas, como o chinés e o xaponés) familia bantú-africana e familia amerindia.

A continuación daremos dúas ou tres direccións para consultar :

Grupo da familia Indoeuropea:
http://www.proel.org/index.php?pagina=mundo
http://www10.gencat.net/casa_llengues/AppJava/gl/diversitat/index.jsp
http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_indoeuropeas

Grupo da familia Camito-semita( árabe e xudeu):
http://www.proel.org/index.php?pagina=mundo
http://www10.gencat.net/casa_llengues/AppJava/gl/diversitat/index.jsp
http://espanolinternacional.blogspot.com/2008/03/lenguas-camito-semitas.html

Grupo da familia Austronesia ( Oceanía, chinés e xaponés):
http://www.proel.org/index.php?pagina=mundo
http://www10.gencat.net/casa_llengues/AppJava/gl/diversitat/index.jsp
http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_austronesias
http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_afroasi%C3%A1ticas

Grupo da familia Bantú- africanas ( o sur de África):
http://www.proel.org/index.php?pagina=mundo
http://www10.gencat.net/casa_llengues/AppJava/gl/diversitat/index.jsp
http://es.wikipedia.org/wiki/Lenguas_africanas
http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_afroasi%C3%A1ticas

Grupo da familia Amerindia:
http://www.proel.org/index.php?pagina=mundo
http://www10.gencat.net/casa_llengues/AppJava/gl/diversitat/index.jsp
http://es.wikipedia.org/wiki/Lenguas_amerindias

Cada grupo realizará un traballo con este esquema distribuíndo estes puntos entre os seus compoñentes:

-Mapamundi situando onde se falan e/ou falaban esta familia de linguas.
- Distintas subdivisións que se dan na familia, tendo en conta o mapa do noso libro de texto páx.14-15. Cales son as causas da súa actual extensión polo planeta.
- Unha información sobre as linguas co número de falantes destas linguas, sinalando algunhas das máis usadas.
-Tipos de alfabetos que usan (podedes consultar a exposición da biblioteca sobre Xornais e alfabetos do mundo).
-Destacar algunha curiosidade sobre a historia desta familia lingüística.

Cada grupo deberá entregar o traballo nun panel para expor na aula e tamén en formato dixital para podelo colgar no blog.
PARA TODOS OS GRUPOS FAMILIA DE LINGUAS (GALIPEDIA)
AS LINGUAS DO MUNDO ( para todos os grupos)
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 10-11-2008 07:14
# Ligazón permanente a este artigo
UN POUCO DE HISTORIA

PANORÁMICA HISTÓRICA DA LINGUA GALEGA

UN PROCESO DE SÉCULOS QUE CO NOSO ESFORZO MEDRA
I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o substrato da nosa lingua.

II- Antes do galego, GALLAECIA: Os romanos chegan ao noso territorio cara o 131 a.C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual Galicia, que chega polo sur ata o río Douro e polo leste ata Cantabria. O latín substituíu as linguas dos anteriores poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego.

III- GALICIA, o 1º reino medieval de Europa: Coa chegada dos Suevos, un pobo xermánico, baixo o seu dominio consolídase un reino independente que levará o mesmo nome dado antes polos romanos e seguirá falando latín con certas aportacións denominadas de superestrato de orixe xermánica.

IV- Nacen o galego e as peregrinacións a Compostela: Entre o VIII e o IX o idioma que fala este reino de Gallaecia diferénciase claramente do que se fala noutros puntos da península, xa non é latín. Polo sur da península os musulmáns fanse fortes, pero van ter escasa presencia no norte. Descóbrese o sepulcro de Santiago en Compostela. Aínda que se fala o galego o primeiro documento escrito non aparece ata moito máis tarde, o ano 1228.

V- O esplendor medieval da nosa literatura: Nos séculos XII-XIII o uso do galego xeneralízase mesmo na escrita e será entón cando aparecen as primeiras expresións literarias en forma de cantigas. O desenvolvemento da arte románica tamén será, en certa medida, unha consecuencia dos intercambios culturais do Camiño de Santiago. A lírica galaico-portuguesa será o referente literario de poetas de toda a península e unha das máis importantes de Europa. Ao longo destes séculos, a pesares da independencia de Portugal no 1128, existía unha mesma lingua ao norte e ao sur do Miño.

VI- Decadencia do XIV-XV e os Séculos Escuros XVI-XVIII : A desaparición dunha nobreza galega que promocione a literatura en galego, ao ser substituída por outra de orixe castelá, provocou un proceso de decadencia que non só fai desaparecer o reino de Galicia, senón tamén a súa literatura culta. Son os séculos nos que a lingua galega tras da caída da nobreza perde todo cultivo escrito, pero permanecerá viva entre as xentes humildes, unha poboación iletrada que manterá a fala e unha rica literatura de tradición oral, verdadeira sustentadora da nosa cultura ata ben entrado o século XIX.

VII- Os ilustrados e precursores dunha nova etapa: Á luz dos ilustrados comezarán a disiparse as mestas néboas sobre o noso feito cultural. Martín Sarmiento, foi dos primeiros en preocuparse pola situación do noso idioma e propoñer camiños de normalización cultural como a introdución do galego no ensino, na administración da xustiza ou na igrexa. Xa no século XIX aparecen obras en galego dos chamados precursores que prepararán o camiño para as grandes figuras que virán axiña.

VIII- O primeiro galeguismo e o Rexurdimento literario: A mediados do XIX en 1846 nace un movemento de reivindicación política, o Provincialismo, que ao ser reprimido pola forza, fixo refuxiarse nun movemento cultural a toda reclamación de dereitos para Galicia. Coa publicación das obras de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez comeza o Rexurdimento da nosa literatura culta. Tamén a finais do século dará comezo a andaina dos movementos galeguistas.

IX- Unha nova idea de Galicia: Do Galeguismo ao Nacionalismo: Afondando na identidade de Galicia e nas súas necesidades vaise dar paso á constitución do Partido Galeguista, xorde o movemento nacionalista da man das Irmandades da Fala que se preocupan por recuperar e modernizar a tradición cultural galega e superar o complexo de inferioridade dos galegofalantes. A xeración Nós e Castelao son ademais de destacados puntais da nosa literatura, os ideólogos que elaboraran o primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia no ano 1936 que sería aprobado en referendo polo pobo galego e que recoñecía o galego como lingua cooficial e lingua obrigada no ensino e a administración.

X- O Franquismo e a instalación do bilingüismo: Co inicio da Guerra do 1936 o proceso galeguizador paralízase ao resultar vencedor o ditador Franco. A represión xeneralizada tivo unha especial incidencia sobre a nosa lingua. O galego convértese en lingua clandestina ou de uso familiar e coloquial, o seu cultivo literario desprázase fóra de Galicia ao exilio americano. Nun momento de declive do mundo rural, a presión na escola e a proliferación dos medios de comunicación de masas (radio,TV) aséntase o castelán como idioma oficial do réxime e vaise impoñendo o uso do castelán ás xeracións máis novas.

XI- Un difícil proceso de recuperación da identidade: Arredor do 1950 en condicións moi desfavorables comeza un lento e tímido movemento de recuperación editorial ao que se suman iniciativas puntuais como a institucionalización do Día das Letras Galegas a partir do ano 1963. Pequenos pasos que son acompañados da vertebración na ilegalidade dos partidos políticos que van preparando o camiño de volta da democracia e con ela dos dereitos históricos das distintas identidades nacionais do Estado Español tras corenta anos de ditadura.

XII- A Galicia da Normalización: A partir dos anos 80 coa implantación da democracia, da Autonomía e da Xunta de Galicia comeza un proceso de dignificación do uso da lingua galega en todos os ámbitos da sociedade coa aprobación en 1983 da primeira Lei de Normalización Lingüística, e un novo camiño de promoción coa aparición da RTVG, coa introducción por vez primeira do galego no mundo de ensino e da administración, e a aparición de numerosas editoriais galegas. Un proceso que coa incorporación das novas xeracións medrará, asentará a nosa cultura e contribuirá a enriquecer coa nosa aportación o patrimonio universal da Humanidade ao longo do século XXI.
Para ter máis idea poder entrar en:
Para saber máis podes consultar:
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 17-10-2008 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
PROBA SETEMBRO MODELO II
Podes consultar tamén o MODELO I (máis abaixo)
Nome:????????????????LINGUA E LITERATURA GALEGA Unid. 7, 8 e Vbos. II
1. Ponlle til ao texto e resume nun parágrafo: En terras de Viana do Bolo habia un pai que coidara a sua filla como a unha señora, e pensaba casala cun curman riquisimo. Pero ela namorouse dun pegureiro dos rabaños de seu pai e rexeitaba os proxectos paternos.
Seu pai ao saber deses amores encerrou a filla. O amante logrou liberala e fuxiron. O pai perseguiunos mais non os alcanzou. Enton, irritado, maldiciuna desexando que se convertese en loba.
En efecto, a moza despois de envorcallarse nunha lameira, transformouse nun lobishome e inmediatamente, devorou ao seu noivo. Esa morte choraa logo con profunda tristeza, cada vez que recobra o aspecto humano. Amargada da vida, actua coma unha besta feroz, mata por pracer a xente e ataca con saña aos rabaños, especialmente os de seu pai.
Organizase unha batida e os cazadores acosana durante varios dias, logrando cercala e dispararlle. Pero os tiros non lle fan dano.
Dende aquela desapareceu para sempre e nunca mais se soubo dela.

2. Localiza os pronomes tónicos que haxa. Están ben escritas as frases ?dos rabaños de seu pai? ou ? seu pai ao saber dos amores? razóa a resposta.
3. Escolle o enunciado correcto:
a) Quero que mañá veñas conmigo. b) Non irei contigo a ningures.
c) Ninguén vai vir con migo? d) Irei con vos.
4. Completa os seguintes enunciados coa palabra que corresponda en cada caso.
escoadoiro - funil - grella - gabeta - molleira ? friameira

Déixoche as chaves da casa na __________ da cómoda da entrada.
Non deixes a pasta no __________ que vai arrefriar.
Que saborosa está esta peituga de polo á __________.
Será mellor que a salsa a poñas nunha __________ e non na pota.
Na neveira hai unha __________ azul cun pouco de queixo; achégama, por favor.
Colle o __________ para botar a auga na botella pequena, se non has verter todo.
5. Realiza unha descrición obxectiva e connotativa dun obxecto ou persoa:
6. Completa os seguintes enunciados con h ou Ø:
? Contoume unha _istoria dun _árabe que era moi _umana e chea de _umor.
? _enrique tivo un accidente moi grave e levárono ao _ospital nun _elicóptero.
? _ola! Díxolle Óscar ao novo _óspede do _ostal.
? Caeu do _órreo e rompeu varios _ósos da perna, entre eles o _úmero.
? O seu _irmán está de vacacións nun poboado _indú.
? _elena vai a clases para aprender a tocar a _arpa.
? Non nos deixaron pasar ao concerto porque está proi_bida a entrada a menores.
7. Completa con r ou rr, segundo corresponda.
? vice_ei
? out_o
? xen_o
? pre_ogativa
? a_edor
? _ítmico
? to_tura
? ho_o_oso
? hon_ado
? xen_o
8. Coloca os indefinidos que cumpran nos espazos en branco:
? A min ____________ me preguntou por ti.
? ____________ pode facelo.
? ____________ días do ano facendo o mesmo.
? Temos ____________ opcións pero alternativas só ____________.
? Non teño ____________ lapis que estea afiado.
? Neste caso nin con ____________ nin con ____________.
? Acabo de ver ____________ movéndose naquela silveira.
? Son ____________ alumnos na clase.
9. Emparella cada prefixo co seu significado e logo escribe unha palabra que o exemplifique.
peri- moito, diverso
hipo- mil
hemi- diminución
quilo- ao redor de
neo- medio, metade
poli- novo

10. CONXUGA o presente de IND e SUBXuntivo, o pretérito perfecto e copretérito de IR, FACER, SABER e TRAER.

Nome:?????????.......LINGUA E LITERATURA GALEGA Unid. 9, 10, 11, 12 e Vbos. III
E para demostrarme que tiña razón foi inspeccionar o souto que lle servira de tobo á fera. Entrei detrás del, sentindo como a cada paso me chantaban un cravo entre as costelas. O can negouse en redondo a meterse alí e agardounos fóra. Todo o chan estaba como eu xa agardaba remexido como se o animal se envorcallase alí. Nun cornello un envurullo de roupas de muller. O meu pai desfixo o atadallo e estendeu as pezas a blusa a saia o corpiño e a roupa interior unhas botas uns carpíns.
?O lobo debeu devorar algunha muller.
?Meu pai, iso non pode ser.
?Talvez a pastora da que nos falaron, ou outra.
?E trouxo as roupas deica acó? E dobrounas e atounas?
?Non o sei.
?Esas non son roupas de pastora.
?Pois logo cal é a túa explicación?
?Non teño ningunha, meu pai. Pero...
?Pero que?
?As roupas non teñen nin unha soa pinga de sangue.
Xosé Miranda: Pel de lobo
1- Indica en que estilo está a parte dialogada do texto, para logo transfórmaa ti e escríbea no estilo contrario.

2- No primeiro parágrafo do texto, pon comas e localiza os pronomes átonos existentes e indica que función desempeñan.

3- Escolle a opción correcta:
a) Tivo que ser alguén coñecido quen díxocho.
b) Xa che teño dito que non te quero ver así vestido.
c) Che me contou unhas cousas interesantísimas.
d) Eu xa sabía que te era un home moi listo.
e) Chameite onte pola tarde.
f) Chameiche onte pola tarde.
g) Che chamei onte pola tarde.
h) Te chamei onte pola tarde.

4-- Substitúe o subliñado por un pronome átono.
a) Colleu as lambetadas ao irmán.
b) Tirou a pucha sobre a mesa.
c) Fixo os deberes para a clase de galego.
d) Recollín uns vídeos para o meu pai.
e) Preguntou a lección aos rapaces.

5- Enche os ocos co verbo que vai entre parénteses.
? Esta noite non ____________ (1ª sg. presente de indicativo: durmir) na túa casa.
? Se ____________ (2ª sg. presente de indicativo: descubrir) algunha cousa nova, chámame.
? ____________ (2ª sg. imperativo: seguir) loitando polas túas ilusións e chegarás moi alto.
? Os leóns do parque ___________ (3ª pl. presente de indicativo: ruxir) dun xeito estremecedor.
? ____________ (1ª pl. presente de indicativo: sentir) moito a súa morte.
? Estou segura de que _____________ (3ª pl. presente de indicativo: mentir) cando falan do que aconteceu.

6-Escribe o topónimo correcto para cada un dos incorrectos que van a seguir:
Rianjo: ______________. Seijo________________
Sanjenjo: ______________. Cantodarena________________
La Coruña: ______________. La Laje___________________
Puenteareas: ______________.

7- Indica en que bloque dialectal foron pronunciadas as seguintes frases:
Teño os pantalóns manchados de andar na corte das ghaliñas: __________
É obrigatorio que os camiós leven as luses acesas polo día: __________
Eu quero que vaiamos comer a Lindín, e tu?: __________
Arránxame os baixos dos pantalois para que só se vexa a punta do zapato: __________

8-Escribe s ou x segundo corresponda:
ei_e e_tender e_ilio e_ame madei_a e_cavadora sinta_e
e_terno e_trañar a_ila
e_a_erar apro_imar e_i_ir le_icolo_ía e_hibir

9-Escribe V ou B:
_asoira _ir
_iaxe a_ogado
_oar _óla imposi_le
_ol_oret a _aleiro _isa_ó co_arde
mó_il gra_ar distri_uír

10-Diferenzas entre os tres xéneros literarios estudados de contido e forma
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 24-06-2008 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
PROBA SETEMBRO MODELO I
Nome:???????????????LINGUA E LITERATURA GALEGA Unidade 0 e 1 (preavaliación)
1- Comprensión lectora: Le a seguinte cita de SEMPRE GALIZA de Castelao e contesta as preguntas.
?Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal.?
Que caracteriza ao ser humano fronte as restantes especies animais?
2- Le agora estes dous textos e logo contesta: A)?Un idioma non nace pola vontade xenial dun grupo de homes; nace pola disposición psicolóxica dun pobo, que, en condicións históricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de expresión. Porque un idioma é o corpo sensible dunha cultura, e todo atentado á lingua peculiar dun pobo representa un atentado á súa cultura peculiar..? CASTELAO
B)?Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. ¿Que cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo? (...)? ANTÓN VILAR PONTE
Como nace un idioma? Que cres que significa a expresión ?redimirse da servidume do mimetismo?Por que parece tan importante ser orixinais no universo?
3- OS NOMES DAS COUSAS:Vocabulario da aula: Ás veces úsanse incorrectamente palabras tomadas ou ? traducidas? do castelán en vez das formas galegas propias. Escribe estas oracións substituíndo cada castelanismo pola palabra correcta en galego:
- ¡Que mala sorte, ho! Mira que quedarche o estuche cos lápices na casa!
- Quere que lle cambie esta grapadora polas tixeiras e que con aquel dibuxo lle aprobe o bachillerato .
- Colle a tiza escribe na pizarra que no ximnasio hai que saltar o potro.
- Fixo un resumen que lle ocupaba só dous párrafos e logo o examen deixouno en blanco.
- O maestro sentou por orden alfabética aos alumnos da clase e puxo no tablón de anuncios as cinco vocales.
4- Emparella cada definición coa enfermidade que lle corresponde:
a)-Tumor pequeno na pel , de pequena extensión, duro e doloroso. 1-bronquite
b)-Inflamación dos bronquios. 2-espulla
c) Dor dos músculos do pescozo que impide xirar a cabeza 3-furuncho
d) Inflamación do apéndice que sae do intestino groso. 4-cabaleiro
e)Excreción benigna , pequena, arredondada e escura que sae na pel. 5-apendicite

5- COMUNICACIÓN: Nun principio as linguas eran orais. Que significa isto?
-Logo apareceu a escrita que vantaxes presenta este tipo de comunicación?
6- Cales son os elementos que interveñen na comunicación. Explícamo con dous exemplos: unha conversa entre dous amigos e no momento en que les un libro.

7- Ordena alfabeticamente: receita, cabaza, ampola, andel, calacú, andazo, vacina, varíola, pílula, pediatría.
8- A LINGUA POR DENTRO: define texto, parágrafo, oración e frase.
9- ESCRIBIMOS BEN: Que é un texto coherente:
-Cando un texto está cohesionado:

10- Agora redacta un texto sobre as linguas no mundo no que me sinales os parágrafos e subliñes un exemplo dunha frase, dunha oración simple e dunha oración composta.


Nome:??????????????.?LINGUA E LITERATURA GALEGA Unid. 0,1,2,3,4 (puntuación)
Comprensión lectora:
?Distinguido señor:
Da mesma maneira que a xente felicita os amigos cando se cumpren anos do dia que naceu eu enviolle a miña felicitacion porque hoxe e o aniversario do dia no que vai morrer. Pareceralle unha broma, pero podo asegurarlle que non o e. Eu sei perfectamente que vostede morrera tal dia coma hoxe (permitame que non lle diga nada de que ano, todo chegara). Eu sei que de primeiras, isto pode parecerlle unha mala nova, pero unha vez que vostede se repoña da sorpresa inicial e medite un pouco, darase de conta de que mais que outra cousa isto e un privilexio, porque lle permitira poder facer unha preparacion que a poucos lles esta permitida, xa que os homes deron en vivir coma se nunca fosen morrer. Nada hai tan certo e seguro coma a morte para o home, por tanto, calquera outro acontecemento dos que nos poidan suceder son moito mais alleos a nos.
Permitame pois que me despida, por esta, de vostede, desexandolle un feliz dia do seu cumpremortes.?
Xabier P. Docampo: Cando petan na porta pola noite, Xerais (adaptado)
1- ESCRIBIMOS BEN: ACENTÚA O TEXTO E INDICA se hai algún til diacrítica, que significa iso acompaña outros dous exemplos de uso de tíl diadrítica:
2- OS NOMES DAS COUSAS: Ponlle nome a este corpo (Unha ilustración dun corpo humano)
3- LITERATURA E FORMAS DE COMUNICACIÓN: Explica brevemente as peculiaridades da lingua literaria.
4- A QUÉ RELATO DA LECTURA PERTENCE o texto 1. Indica qué o tipo de narrador, qué tipo de modo de discurso usa o autor.
5- FORMAS DE COMUNICACIÓN: Cales son os tres xéneros literarios fundamentais e cómo se definen.
6- Que caracteriza ao ser humano fronte as restantes especies animais segundo Castelao?
7- A LINGUA POR DENTRO: Identifica Suxeito e Predicado, analiza as funcións ou tipo de complementos das oracións:
Ith percorreu todas as illas dende a torre.
O home soñador preparaba unha viaxe longa polo mar cara unha terra descoñecida.
Fixeron tres naves para trinta homes.
Leveiche a roupa cara a barca onte pola noite.
8- Busca nas anteriores oracións unha frase nominal e unha substantiva e analízaa seguindo a árbore aprendida:
9- LINGUA E SOCIEDADE: Explica a orixe e formación do galego até o seu nacemento:
10- Qué é o indoeuropeo,
qué significa que o galego é unha lingua romance?
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 24-06-2008 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
CRITERIOS DE EXAME DE SETEMBRO
LINGUA E LITERATURA GALEGA 1º ESO Xuño 2008
Os temas do libro son 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 e 11 e o anexo do libro de aula dedicado a léxico, pronomes e verbos. Destes temas especialmente os apartados dedicados á lingua por dentro, escribimos ben e os nomes das cousas.
De todos os xeitos o exame de setembro constará dos apartados seguintes: Comprensión lectora (traballo cun texto breve), os nomes das cousas (léxico), a lingua por dentro (gramática), lingua e sociedade (historia da lingua e sociolingüística). Escribimos ben ( ortografía e expresión) e Literatura e formas de comunicación) ( conceptos básicos de literatura e tipoloxía de textos, xéneros literarios?)
Na web do Colexio, http://www.colexiosannarciso.com/ no blog de galego 1º ESO A ou B estarán probas modelo que se fixeron durante o curso para que poidan preparar por elas os exercicios tipo que terá que superar nas probas de setembro.
As competencias básicas : Uso de vocabulario básico, uso do galego correcto sen uso de formas en castelán, elaboración e comprensión de textos de xeito adecuado e diferentes contextos, elaboración dun texto sinxelo e organización dun pequeno esquema ou resumos (sintetizar a información) uso do dicionario e valoración da manifestacións dos diversos xéneros literarios.

Lecturas recomendadas para 1º ESO: É conveniente que realicen unha das seguintes lecturas
- O MUNDO PERDIDO, A. Conan Doyle(Edicións Positivas)
- TRECE ANOS DE BRANCA, Agustín Fdez Paz ( editorial Rodeira)
- ESTÁS NA LÚA, Carmen Montalbán ( Kalandraka editora)
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 24-06-2008 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
O día das letras galegas no 2008






Os Días das Letras Galegas
Foi por marzo de 1963 cando tres académicos numerarios decidiron presentar na Real Academia un escrito en que se pedía a celebración do Día das Letras.

Eles foron Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, e o motivo de tal solicitude: festexar a publicación, cen anos antes, de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, unha obra que "dignificou a nosa lingua e o seu uso literario". Así, a petición destes tres académicos oriéntabase a consagrar o 17 de maio e "con carácter de perdurabilidade o simbolismo desta data nunha celebración anual".

O 28 de abril do mesmo ano, nunha Xunta ordinaria, todos os membros da RAG acordaban celebrar cada 17 de maio o Día das Letras, co obxectivo de promocionar a obra dalgún dos nosos autores e autoras. Sendo o centenario de Cantares Gallegos, foi Rosalía de Castro a primeira homenaxeada, e seguíronlle Eduardo Pondal, Curros Enríquez e outros moitos escritore e escritoras.





Xose María Álvarez Blázquez


A Galiza á que chega Xosé María Álvarez Blázquez en 1915 é un país inquedo. Desde frontes diversas emerxen iniciativas anoadas a un desexo común: o traballo a prol do desenvolvemento de Galiza. Ao ano seguinte do seu nacemento xorden as Irmandades de Fala, que implican o paso do rexionalismo ao nacionalismo. As Irmandades presentan un programa innovador e ambicioso no que destaca a reivindicación do autogoberno e da cooficialidade do galego.

En 1923 constitúese o Seminario de Estudos Galegos coa finalidade de analizar e divulgar todas as manifestacións da cultura galega, así como atender a formación de investigadores. Vicente Risco, Fermín Bouza-Brey e Ramón Otero Pedrayo son algúns dos principais estudosos da institución, que ofrece os seus mellores froitos nos primeiros anos da II República. Nesta época esperanzadora, Álvarez Blázquez comeza os estudos de Maxisterio en Pontevedra e entra en contacto con figuras senlleiras do Partido Galeguista ?nado en 1931 da confluencia das Irmandades? como Alexandre Bóveda e Xoán Vidal. En 1933 comeza a militar nas Mocidades Galeguistas, organización na que prepara o acto do 88º aniversario dos mártires de Carral e pronuncia o seu primeiro discurso "Berro en lembranza dos herois de Carral". Ao comezo de 1936 entra no Partido Galeguista.
Noite de pedra
O golpe militar de xullo de 1936 trunca no só a consolidación dos proxectos políticos, sociais e culturais iniciados nos anos anteriores, senón tamén a vida dos precursores e a de moitos animadores destas iniciativas. Morte, represión e exilio son as consecuencias inmediatas da guerra civil. Xosé María Álvarez Blázquez sofre moi de preto a crueldade fascista: en agosto de 1936 asasinan en Pontevedra o seu amigo Alexandre Bóveda e pouco despois, en outubro, o seu pai Darío Álvarez Limeses é fusilado en Tui. Duros acontecementos aos que seguen unha persecución que afecta a case toda a estirpe: a praza de mestre nunha escola viguesa gañada por Álvarez Blázquez en 1936 é trocada por outra en Coreses (Zamora) debido á súa "militancia en organizacións afectas á República, Nacionalismo-Separatismo e actitudes contrarias á Causa Nacional"; a súa familia vese obrigada a trasladarse a Vigo fuxindo do ambiente represor que os oprimía en Tui. A guerra civil deixa en Álvarez Blázquez fondas feridas e un odio férreo ao franquismo, que acubilla no seu peito durante toda a vida.

Na dura posguerra xorden pequenos grupos que, ante a imposibilidade legal doutras accións, preparan a reconstrución cultural do país. A esta tarefa contribuirá Álvarez Blázquez, quen, farto do desterro en Castela, reclama en 1942 a excedencia voluntaria e regresa a Vigo cos seus. O escritor mantén unha relación constante con intelectuais galeguistas e antifranquistas como Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro ou Francisco Fernández del Riego, núcleo do que aboian notábeis proxectos.
A recuperación
A finais da década dos corenta emerxen os primeiros obradoiros editoriais: á Colección Benito Soto e a Galaxia, Álvarez Blázquez engade as editoriais Monterrey e Castrelos. Asemade, recuperando o espírito do Seminario de Estudos Galegos e sumándose ao traballo doutros galeguistas, comeza a súa xeira investigadora e retoma a súa actividade creadora.

En 1964, o ano no que a Real Academia Galega enxalza a Castelao tras a primeira homenaxe a Rosalía de Castro, Álvarez Blázquez le o seu discurso de ingreso na institución.

Ao labor feito en Galicia na posguerra hai que sumar a tarefa que emigrados e exiliados realizan alén mar, onde traballan pola institucionalización da cultura e da lingua galegas. Convidado polo Centro Galego de Bos Aires para impartir varias conferencias, en 1969 Álvarez Blázquez viaxa a Latinoamérica, onde se reencontra con familiares e amigos.

En 1975, a familia de Álvarez Blázquez festexa a morte do ditador, celebración na que se mestura a dor polos familiares perdidos e a esperanza nun tempo novo. A restauración da democracia permite a presentación pública dos partidos políticos forxados na clandestinidade dunha cruel ditadura. Fiel á liña política de Bóveda e Castelao, Álvarez Blázquez apoia o reconstituído Partido Galeguista nas primeiras eleccións autonómicas de 1981. Pouco despois contempla a disolución deste partido e afástase das angueiras políticas.

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 19-05-2008 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé María Álvarez Blázquez
No ano 2008 o día das letras estará adicado á Xosé María Álvarez Blázquez.
Naceu en Tui no ano 1915. Na súa vida publicou tres libros de poesía: "Poemas de ti e de min"
que é un libro que fixo co seu irmán Emilio, a metade do libro é dun e a outra metade é doutro. "Roseira do teu mencer" o fixo coa inspiración da súa primeira filla. E "Canle segredo" foi o seu último libro. En 1985 morre en Vigo por unha doenza cardíaca.

Miguel Q. P.
Adrián Márquez Bernárdez
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 19-05-2008 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
TEXTO DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Amiga
-Ai, meu amigo,
anda o vento rifando comigo.
-Ai, miña amada,
non é o vento, que eu son quen che fala.

-Ai, meu amor,
anda a iauga a cantarme arredor.
-Ai, miña amante,
como coidas que a iauga che cante?

-Ai, meu amado,
anda o sol a deitarme no prado.
-Ai, miña amiga,
il non é, que son eu quen che obriga.

Martínez Loveira, Gabriel
e
García Fernández, Víctor
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 19-05-2008 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
OS VELLOS TOMAN O SOL
Os vellos toman o sol
mentres lle dan volta á vida.
-Eu servinvos no Ferrol.
-Pois eu non din a medida

A raxeiriña esmorece,
uns cavilan e outros din:
-Eu mirei a Alfonso trece.
-Eu tocaba o cornetín.

O máis vello xa se ergueu.
-Agarda, Xan, e non mintas,
ti onde serviches? -Home, eu
inda non entrei en quintas

Todos rin. Bocas sin dentes
e uns regueiriños de baba.
Ímonos, homes valentes?
-Ai, este sol que se acaba!

Xosé María Álvarez Blázquez




REY AREA, Manuel
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 19-05-2008 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0