narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TOPONIMIA DE MARÍN (I): ONDE VIVO EU?

ONDE VIVO EU?

Imos traballar coa Toponimia. Os nomes dos lugares, cos que nomeamos o territorio.

Que significa esta palabra que vén do grego?

τόπος (tópos, «lugar») e ὄνομα (ónoma, «nome»)

Pois has de saber que Galicia conserva máis de 2.000000 de topónimos, un patrimonio enorme a conservar.

O obxectivo logo será contribuír ao coñecemento, difusión e conservación deste gran legado, parte do noso patrimonio, un tesouro por descubrir.

Imos comezar por entender que hai dous tipos de topónimos:
- Macrotopónimos:Nomes de concellos, por exemplo.
- Microtopónimos:nomes de fontes, leiras...

Logo Galicia ou o nome das Provincias nas que se divide son macrotopónimos.

Tamén sabemos que as provincias podemos dividilas en concellos.

Pero os concellos podemos dividilos á vez en parroquias:

- Que é unha parroquia? Bótalle un ollo a división por parroquias do concello de Marín.Trátase dunha división do territorio moi antiga entre política e relixiosa, por iso a cada parroquia se adscribe unha advocación dun santo ou da virxe (data do século VI no que Teodomiro un rei suevo da Gallaecia fixo o Parroquiale Sueborum).

A palabra parroquia tamén ten que ver co grego:parochia paroikesis "veciñanza"

de παρά (para: arredor de) e οἶκος (oicos:casa)

ACTIVIDADES A REALIZAR:

1- En que concello vivo eu?
2- En que parroquia está a miña casa?

3- As parroquias tamén se dividen en lugares. Imos ver un exemplo de un lugar. O nose colexio está no concello de Marín, na parroquia de Morgor e no lugar de Chan do Monte.
Averigua como se chama o lugar onde está situada a túa casa, non a rúa, o lugar.

4- Logo procura coñecer ata 10 lugares máis colindantes, que estean arredor do lugar onde ti vives.

(CONTINUARÁ)
Comentarios (0) - Categoría: TOPONIMIA - Publicado o 09-02-2021 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0