narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Para a celebración do Día Mundial do Teatro: 27 de marzo
Como non podemos ir ao teatro hoxe, pero si que podemos achegarnos a este xénero a través dunha pequena visualización (porque non hai verdadeiramente teatro sen usar a vista), vexamos pois unha das primeiras escenas da obra CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño. Logo realiza o cuestionario que che propomos máis abaixo.



1- Resume este pequeno anaco da obra que acabas de ver tentando destacar as ideas centrais e deixar á marxe o menos interesante para a trama.

2- O título da obra a que personaxe cres que fai referencia? Pero, reparaches que está en plural? Logo a quen se referirá Roberto Vidal Bolaño? Razoa a resposta.

3-Esta obra planteanos un conflito moral ou ético, é dicir, referido aos valores aos que respondemos homes e mulleres na sociedade. Cal cres que é ese conflito? Igualmente argumenta ben a resposta usando algunha cita do diálogo entre os personaxes.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 27-03-2020 06:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal